Saltar ao contido

Economía de Burkina Faso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Burkina Faso
Moeda Franco CFA
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB US$ 17,82 mil millóns (2008)
PIB (posición) 128ª no mundo[2]
% de crecemento PIB 4,5% (2008)
PIB per cápita US$ 1200 (2008)
PIB por sector agricultura 29,1%, industria 19,9%, comercio e servizos 51% (2008)
Inflación anual 7,3%
Poboación abaixo da liña da pobreza 46,4% (2004)
Total da forza de traballo 5 millóns (2003)
% traballadores por sector agricultura 90%, industria %, comercio e servizos 10% (2000)
Desemprego 77% (2004)
Parcerías comerciais[1]
Exportacións (US$) 809 millóns f.o.b. (2008)
Principais produtos exportados algodón, animais vivos, ouro
Principais mercados República Popular da China 29,6%Singapur 5,7%, Tailandia 7,2%, Ghana 6,4%, Níxer 4,8% (2007)
Importacións (US$) 1 665 millóns (2008)
Principais produtos importados bens de capital, alimentos, petróleo
Principais parceiros Costa do Marfil 25,8%, Francia 20,6%, Togo 7,1% (2007)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa US$ 1,33 mil millóns (2007)
Receitas (US$) 1 799 millóns
Despesas (US$) 2 337 millóns (2008)
Axuda económica recibida (US$) 659,6 millóns[3] (2005)

Un dos países máis pobres do mundo, o Burkina Faso ten poucos recursos naturais e unha fraca industria. Cun PIB per cápita de US$ 1200 é a 27ª nación máis pobre do mundo, xunto con países como a República do Congo e o Taxiquistán[4].

O 90% da poboación vive da agricultura, que é vulnerable ás secas.[1] O seu alto índice de crecemento de poboación xunto coa aridez do seu chan son factores que inflúen en forma relevante no seu índice de pobreza. A agricultura representa o 32% do seu produto bruto interno e dá traballo ao 92% da súa poboación traballadora. Destácase o coidado do gando, e especialmente no sur e o suroeste o cultivo de sorgo, feixón, millo, cacahuete, arroz e algodón.

A falta de traballo causa unha moi alta taxa de emigración: por exemplo, hai tres millóns de persoas nativas de Burkina Faso que viven en Costa do Marfil. De acordo a información do Banco Central dos Estados da África Occidental, estes emigrantes envían por ano varias decenas de miles de millóns de francos CFA a Burkina Faso. Desde que se produciu unha expulsión de inmigrantes de Ghana en 1967, esta situación provocou tensións nos países receptores de migrantes. A crise máis recente ocorreu no 2003 en Costa do Marfil, e deu lugar ao regreso de 300.000 emigrantes.

Unha gran proporción da actividade económica do país esta financiada por axuda internacional. A Unión Europea (UE) é o principal socio comercial de Burkina Faso.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Africa :: Burkina Faso". www.cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2019. Consultado o 2020-02-07. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2009. 
  3. http://globaledge.msu.edu/countryInsights/statistics.asp?countryID=81&regionID=5[Ligazón morta]
  4. "The World Factbook — Central Intelligence Agency". www.cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2013. Consultado o 2020-02-07.