Diplodus puntazzo
Diplodus puntazzo Sargo bicudo | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Diplodus puntazzo fotografado na illa de Elba | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Diplodus puntazzo (Walbaum, 1792) | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Diplodus puntazzo, coñecido en galego como sargo bicudo, é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos perciformes e familia dos espáridos, unha das 23 integradas actualmente (2022) no xénero Diplodus.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista e taxónomo alemán Johann Julius Walbaum, baixo o nome de Sparus puntazzo.[3][4]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Charax puntazzo (Walbaum, 1792)
- Charax puntazzo var. ponticus Nordmann, 1840
- Puntazzo annularis Bleeker, 1876
- Puntazzo puntazzo (Walbaum, 1792)
- Sargus puntazzo (Walbaum, 1792)
- Sparus acutirostris Delaroche, 1809
- Sparus oxyrhynchus Nardo, 1827
- Sparus puntazzo Cetti, 1777
- Sparus puntazzo Walbaum, 1792 (protónimo)
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Diplodus.
O epíteto específico, puntazzo, é unha voz da lingua lígur, que pasou ao latín científico, probabelmente derivada de "punta" (extremo agudo dunha cousa), debido ao fociño acabado en punta da especie Puntazzo puntazzo [hoxe Diplodus puntazzo], tamén chamado en lígur e en italiano puntazzo ou sarago pizzuto.[5]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]Diplodus puntazzo é un peixe que habita en augas mariñas e salobres, subtropicais, bentopeláxico e oceanódromo,[6] a un rango de profundidades en entre os 0 e os 140 m,[7] usualmente entre os 0 e os 60 m.[8]
Distribución
[editar | editar a fonte]A súa área de distribución esténdese entre os 42° N e os 28° S, e entre os 26° O e os 42° L,[9] encontrándose nas costas do Atlántico oriental, desde o golfo de Biscaia (onde é raro) até Serra Leoa, as illas de Cabo Verde e as Canarias, e nos mares Mediterráneo e Negro.[8] E tamén en Suráfrica.[9]
Unha nova especie galega
[editar | editar a fonte]Moi poucas veces chega ás lonxas galegas (e do resto do noroeste español) un espécime fresco de sargo bicudo (Diplodus puntazzo). Pero en agosto de 2022 chegou á de Burela un, que foi identificado como o sargo común (Diplodus sargus) aínda que, por suposto, se sabía que non o era e que, máis tarde, confirmou un biólogo especializado en especies mariñas raras á empresa comercializadora que o comprou. Supoñen os que o estudaron que chegou tan ao norte debido ao quecemento global, que eleva a temopreatura do mar; polo seu tamaño e porque pesaba 1,5 kg deduciron que debía levar xa tempo na Mariña lucense, obnde foi pescado o 22 de agosto deste ano. O comprador doouno para a investigación.[10]
Características
[editar | editar a fonte]A forma do corpo é ovalada e aplanada polos lados, co fociño longo e puntiagudo.[11]
A súa coloración é gris prateada, con de 7 a 11 liñas negras transversais e unha gran mancha negra no eixe da cola.[11]
Os machos poden chegar a alcanzar os 60 cm de lonxitude total.[9][12]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Diplodus puntazzo é unha especie mariña bentopeláxica, como quedou dito. Especie gregaria que vive en augas costeiras en fondos rochosos ou areosos, até os 150 m (só ocasionalmente a máis de 50 m). Os individuos máis novos tamén se poden atopar en augas salobres e poden vivir en lagoas litorais (ás veces en augas salobres), os adultos adoitan encontrarse en augas máis profundas. Aliméntase de algas, vermes, moluscos e camaróns.[8]
É moi común no Mediterráneo. No Atlántico encóntrase desde o estreito de Xibraltar até as costas de Serra Leoa, incluíndo as costas das Illas Canarias e do Cabo Verde. Atópase con menos frecuencia nas costas atlánticas ibéricas e no golfo de Biscaia. Escasea no mar Negro. É unha especie hermafrodita permanente con algúns episodios protándricos (comportándose como macho despois da súa primeira madurez sexual para converterse en femia posteriormente). A reprodución ocorre a finais do verán e no outono. O tamaño do ovo é de 0,85 mm, e a lonxitude da larva na eclosión de 1,7 mm.[9]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Os posíbeis descensos localizados derivados da pesca e da modificación do hábitat nas rías poden supoñer unha ameaza para esta especie.[1]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), a nivel globl, Diplodus puntazzo é unha especie moi estendida que é localmente abundante, sen que haxa evidencias de diminucións das súas poboacións, polo que está avaliada como LC (pouco preocupante). A especie está moi estendida en augas europeas, e non hai evidencias de diminución da poboación, polo que tamén se cualifica o seu status nesta área como LC.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Russell, B., Pollard, D. & Carpenter, K. E. (2014): Diplodus puntazzo na Lista vermella da UICN. Versión 2011-1. Consultada o 24 de agosto de 2022.
- ↑ "Diplodus Rafinesque, 1810". www.marinespecies.org. Consultado o 2022-11-16.
- ↑ 3,0 3,1 "Diplodus puntazzo (Walbaum, 1792)". www.marinespecies.org. Consultado o 2022-11-16.
- ↑ "Diplodus puntazzo (Walbaum, 1792)". www.gbif.org (en inglés). Consultado o 2022-11-16.
- ↑ "Puntazzo". www.treccani.it (en italiano). Consultado o 2022-11-16.
- ↑ Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Axencia Federal para a Conservación da Natureza. Bonn, Alemaña. ISBN 978-3-7843-3845-3.
- ↑ Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Bauchot, M.-L. & J.-C. Hureau (1990): "Sparidae". p. 790-812. En J. C. Quero, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA), Vol 2. Lisboa: JNICT, París: SEI e París: UNESCO.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 "Diplodus puntazzo". www.fishbase.se. Consultado o 2022-11-16.
- ↑ La Voz de Galicia, Redacción (24 de agosto de 2022). "Capturan en A Mariña un sargo picudo que vive en el Mediterráneo y en África". La Voz de Galicia. Consultado o 24 de agosto de 2022.
- ↑ 11,0 11,1 Terofal, F. e Militz, C. (2005). Peces de Mar (en español). Barcelona, España: Editorial Blume. p. 290. ISBN 84-8076-268-3.
- ↑ Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier (2000): Peixos de les Illes Balears. Palma de Mallorca: Editorial Moll. Manuals d'introducció a la naturalesa, 13. ISBN 84-2736-013-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diplodus puntazzo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Diplodus puntazzo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abellán, E. & Basurco, B. (1999): Marine Finfish Species Diversification: Current Situation and Prospects in Mediterranean Aquaculture. Zaragoza, España: CIHEAM-IAMZ. ISBN 2-8535-2197-4.
- Domínguez-Seoane, R., Pajuelo, J. G., Lorenzo, J. M. & Ramos, A. G. (2006): "Age and growth of the sharpsnout seabream Diplodus puntazzo (Cetti, 1777) inhabiting the Canarian archipelago, estimated by reading otoliths and by backcalculation". Fisheries Research 81 (2-3): 142–148.
- Dooley, J. K., Van Tassell, J. L. & Brito, A. (1985): "An Annotated Checklist of the Shorefishes of the Canary Islands". American Museum Novitates 2824: 1-49.
- Favaloro, E., Lopiano, L. & Mazzola, A. (2002): "Rearing of sharpsnout seabream (Diplodus puntazzo, Cetti 1777) in a Mediterranean fish farm: monoculture versus polyculture". Aquaculture Research 33: 137–140.
- Micale, V., Perdichizzi, F. & Basciano, G. (1996): "Aspects of the reproductive biology of the sharpsnout seabream Diplodus puntazzo (Cetti, 1777). I. Gametogenesis and gonadal cycle in captivity during the third year of life". Aquaculture 140: 281-291.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. 4ª Edición. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.
- Pajuelo, J. G., Lorenzo, J. M. & Domínguez-Seoane, R. (2008): "Gonadal development and spawning cycle in the digynic hermaphrodite sharpsnout seabream Diplodus puntazzo (Sparidae) off the Canary Islands, northwest of Africa". Journal of Applied Ichthyology 24: 68–76.
- Vinagre, C., Cabral, H. N. & Costa, M. J. (2010): "Relative importance of estuarine nurseries for species of the genus Diplodus (Sparidae) along the Portuguese coast". Estuarine, Coastal, and Shelf Science 86: 197-202.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diplodus puntazzo na EOL.
- Diplodus puntazzo en AQUATAB.NET.