José Couselo Bouzas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Couselo Bouzas
Nacemento5 de setembro de 1869
 Valga
Falecemento11 de febreiro de 1962
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

José Couselo Bouzas, nado en Louro (Valga) o 5 de setembro de 1869 e finado en Santiago de Compostela o 11 de febreiro de 1962, foi un sacerdote e investigador galego. Foi tío do polígrafo Xesús Ferro Couselo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no seminario maior de Santiago de Compostela, e ordenouse sacerdote en 1895. Foi profesor do Seminario de Compostela e bibliotecario da Universidade Pontificia de Santiago. As súas investigacións centráronse na arqueoloxía e na historia. Colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La guerra hermandina. Siglo XV, 1926.
  • Fray Rafael de Vélez y el seminario de Santiago, 1927.
  • Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX, 1932.
  • El colegio de Irlandeses de Santiago de Compostela, 1935.
  • La Guerra de Sucesión en Galicia, 1935.
  • La pintura gallega, 1950, Porto y Cía. Editores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]