Diocese católica latina de Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Diocese de Bilbao")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diocese de Bilbao
Diœcesis Flaviobrigensis
Bilbao Kath Fassade1.jpg
Catedral de Bilbao
Datos xerais
Erixida2 de novembro de 1949 pola bula Quo commodius
LocalizaciónBiscaia, España
Sufragánea deArquidiocese de Burgos
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

900.000
1 139 012
Área2.193,17 km2
Información
IgrexaIgrexa Católica
RitosRito romano
Xerarquía
PapaFrancisco
BispoMario Iceta
Outros datos
Sede centralBilbao
Páxina webwww.bizkeliza.org

A diocese de Bilbao (en latín: Dioecesis Flaviobrigensis, en éuscaro: Bilboko Elizbarrutia) é unha sé episcopal da Igrexa Católica de rito latino en España. Fai parte da provincia eclesiástica de Burgos, e o seu ordinario actual é o bispo Mario Iceta.

Territorio[editar | editar a fonte]

Localización e extensión da diocese de Bilbao na arquidiocese de Burgos.

O territorio da diocese coincide co da provincia de Biscaia (parte da comunidade autónoma do País Vasco), con só dúas excepcións: o enclave biscaíño de Orduña, que pertence á diocese de Vitoria, e o municipio cántabro de Valle de Villaverde, que forma parte da diocese bilbaína.

Limita coas dioceses de Santander, Vitoria e San Sebastián.

Historia[editar | editar a fonte]

A diocese de Bilbao foi erixida por Pío XII a través da bula Quo Commodius do 2 de novembro de 1949 como unha desmembración da Diocese de Vitoria.

O nome latino de Dioecesis Flaviobrigensis foille imposto pola bula de erección ao supoñer que Bilbao foi o lugar onde estivo asentada a cidade hispanorromana de Colonia Flaviobrigensium, feito que o historiador Andrés Eliseo de Mañaricúa y Nuere considera pouco probable.

Santos e beatos[editar | editar a fonte]

O patrono da diocese de Bilbao é santo Ignacio de Loiola. San Valentín de Berriochoa, primeiro mártir biscaíño canonizado, está considerado como patrono secundario da diocese.

Ademais dos anteriores, a diocese de Bilbao celebra no seu calendario litúrxico propio as memorias dos seguintes santos e beatos, vencellados a diocese por nacemento ou por ter vivido nela:

A Virxe de Begoña, advocación da Virxe María que é venerada no santuario do mesmo nome, é patroa do Señorío de Biscaia, mais non da diocese de Bilbao; porén, celébrase con rango de solemnidade.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Dende o seu establecemento, os bispos diocesanos de Bilbao teñen sido os seguintes:

  1. Casimiro Morcillo (1950 - 1955, nomeado arcebispo de Zaragoza)
  2. Pablo Gúrpide (1955 - 1968, finado)
  3. Antonio Añoveros (1971 - 1978, renuncia)
  4. Luis María de Larrea (1979 - 1995, retirado)
  5. Ricardo Blázquez (1995 - 2010, nomeado arcebispo de Valladolid)
  6. Mario Iceta (2010 - actualidade)

Nos períodos nos que a sé estivo vacante, os administradores apostólicos da mesma foron os seguintes:

Os bispos auxiliares de Bilbao teñen sido os seguintes:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]