Saltar ao contido

Nosa Señora de Begoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nosa Señora de Begoña
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Localización
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/0408zcr Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A Virxe de Begoña é unha advocación mariana católica orixinaria da elizate de Begoña, actualmente no concello de Bilbao. Foi declarada canonicamente patroa de Bilbao e Biscaia en 1903 por Pío X, e a súa festividade celébrase o 11 de outubro. Venérase na Basílica da Nosa Señora de Begoña, que comezou a construírse no século XVI.

Tamén é a patroa de Xixón. Atópase na parroquia da nosa Señora de Begoña, na Avenida da Costa. Esta advocación apareceu na cidade no século XVIII, coa construción dunha capela na súa honra.

Venérase tamén nunha ermida en Almáciga (Santa Cruz de Tenerife), nunha gruta en Miraflores de la Sierra, na Colonia Virgen de Begoña e en Naguanagua (Venezuela).