Guntram

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Guntram
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaRichard Strauss
Estrea10 de maio de 1894
Teatro da estreaTeatro Grossherzogliches
Lugar da estreaWeimar
Duración2 horas
Música
CompositorRichard Strauss
Personaxes

Der alte Herzog (baixo)
Freihild (soprano)
Herzog Robert (barítono)
Guntram (tenor)
Friedhold (baixo)
Des Herzogs Narr (tenor)

Guntram (Op. 25) é unha ópera en tres actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán do propio compositor. A súa estrea tivo lugar no Teatro Grossherzogliches de Weimar o 10 de maio de 1894 baixo a dirección do propio compositor. Foi a primeira ópera de Strauss e amosa unha forte influencia wagneriana. A música de Guntram cítase no poema tonal de Strauss Ein Heldenleben. O compositor revisou a partitura en 1940.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A ópera non tivo moito éxito, e representouse só unhas poucas veces en vida de Strauss. A primeira representación tivo lugar no Teatro Grossherzogliches de Weimar o 10 de maio de 1894. O papel de soprano de Freihild cantouno Pauline de Ahna, a futura esposa de Strauss. Interpretacións posteriores de Strauss incluíron a Múnic o 16 de novembro de 1895 e Praga o 9 de outubro de 1901. Unha interpretación en Frankfurt tivo lugar o 9 de marzo de 1910 baixo a batuta de Ludwig Rottenberg.

A versión revisada representouse por primeira vez en Weimar o 29 de outubro de 1940, dirixida por Paul Sixt, e máis tarde en 1942 en Berlín dirixida por Robert Heger.

En Hamburg, o 4 de febreiro de 1895, Gustav Mahler incluíu o Preludio ao Acto 1 no seu sexto concerto filharmónico. Incluíu os Preludios aos actos I e II nun concerto en Viena o 19 de febreiro de 1899, e en Nova York o 30 de marzo de 1910 coa New York Philharmonic Orchestra.

Esta ópera case non se representa na actualidade, non aparecendo ningunha representación da mesma nas estatísticas de Operabase durante o período 2005-2010.[1]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 10 de maio de 1894
Director: Richard Strauss
Der alte Herzog, o vello duque baixo Karl Bucha
Freihild, súa filla soprano Pauline de Ahna, entón prometida de Strauss
Herzog Robert, seu home barítono Franz Schwarz
Guntram, cantante tenor Heinrich Zeller
Friedhold, cantante baixo Ferdinand Wiedey
Des Herzogs Narr, o bufón do duque tenor Hans Gießen
Eine alte Frau, unha anciá contralto Louise Tibelti
Ein alter Mann, un ancián tenor Hr. Lutz
Dous rapaces baixos Hr. Barth
Hermann Buche
Tres vasalos baixos Hr. Fischer, Hr. Schustherr, Hr. Henning
Un mensaxeiro barítono Hermann Buche
Catro minnesingers 2 tenores e 2 baixos Hr. v. Szpinger, Hr. Knöfler, Hr. Glitsch, Hr. Weyrauch
Vasalos, minnesingers, monxes, serventes e vagabundos

Argumento[editar | editar a fonte]

Ambientada na Alemaña medieval, a historia triangular de estilo wagneriano de amor e redención trata sobre o trobador Guntram, o malvado duque Robert e a súa santa esposa Freihild. (A historia non ten relación co rei merovinxio Gontrán I).

O poeta e cantor Guntram disuade a Freihild, a infeliz esposa do despótico duque Robert, do suicidio. Guntram fai un chamamento á paz e decontado urxe a revolta contra o Duque, a quen mata. Gruntram fica preso e reflexiona sobre as súas accións, contra os principios da irmandade cristiá á que pertence, e influído polo seu amor por Freihild decide renunciar á irmandade e a Freihild para procurar o perdón de Deus.

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Elenco
(Guntram
Freihild
O vello duque
Duque Robert
Friedhold
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[2]
1981 William Lewis,
Carole Farley,
Patrick Wheatley,
Terence Sharpe,
John Tomlinson
John Pritchard
BBC Symphony Orchestra e BBC Singers
CD de son: Gala
Cat: GL 100787
2005 Gian Luca Zampieri,
Elena Comotti,
Andrea Martin,
Raphael Sigling,
Thomas Gazheli
Gustav Kuhn
Festival de Tirol, Erl Orquestra e coro masculino
(Gravación en vivo)
DVD: Col Legno
80004

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  2. Gravacións de Guntram en operadis-opera-discography.org.uk

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]