José Luis Torres Colomer
José Luis Torres Colomer | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de agosto de 1942 |
Lugar de nacemento | Ribeira |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Luis Ramón Torres Colomer, nado en Ribeira o 22 de agosto de 1942, é un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi mariño mercante. Foi Director Xeral de Pesca e Marisqueo (1978-1982) e Director Xeral de Cultivos Mariños (1982-1985). Foi deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular de 1981 a 1991. Foi concelleiro de Ribeira (1987-1991) e despois alcalde dende 1991 a 2011. Ostentou varios cargos na Mancomunidade Arousa-Norte da que foi presidente. Foi Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias de 1991 a 1995.
Foi vicepresidente da Deputación da Coruña de 1995 a 1999, e Presidente de 1999 a 2003. Foi elixido senador pola provincia da Coruña nas Xerais de 2008. Renunciou a presentarse como candidato á alcaldía de Ribeira para as Eleccións municipais de 2011, cargo no que foi substituído por Manuel Ruiz Rivas[1]. Nas Eleccións xerais de 2011 volveu resultar elixido senador.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ruiz Rivas, candidato del PP en Ribeira tras la renuncia de Colomer". Xornal.com (en castelán). 10/02/2011. Arquivado dende o orixinal o 13/02/2011. Consultado o 11/02/2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Ricardo Pérez Queiruga |
![]() alcalde de Ribeira 1991−2011 |
Sucesor: Manuel Ruiz Rivas |
Predecesor: José Castro Álvarez |
presidente da Fegamp 1992−1995 |
Sucesor: Julio Álvarez Núñez |
Predecesor: Augusto César Lendoiro |
![]() Presidente da Deputación da Coruña 1999−2003 |
Sucesor: Salvador Fernández Moreda |
- Nados en 1942
- Nados en Ribeira
- Alcaldes de Ribeira
- Alcaldes de Galicia polo PPdeG
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Deputados do Parlamento de Galicia por AP
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Presidentes da Deputación da Coruña
- Senadores pola Coruña
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Concelleiros de Ribeira
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Deputados provinciais da Coruña
- Políticos do PP