Demy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Demy de Xacobe II (1437-1460)
IACOBVS : DEI : GRACIA : REX : SC, león rampante dentro dunha cartela cadrada. SALVM : FAC POPVLVM : TVVM : DNE : sautor flanqueado por flores de lis dentro dunha orla de seis arcos con cuadrifolios nas enxuntas.
Demy . AU. 24 mm. 3,37 g. [1]

O demy foi unha moeda escocesa de ouro introducida por Roberto III (1390-1406), co valor de medio lion ou media coroa escocesa de ouro.[2][3][4]

O seu nome vénlle do francés demi, que significa "medio", precisamente polo seu valor fraccionario.[5][6][7]

Historia[editar | editar a fonte]

Roberto III (1390-1406)[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que ocorreu co lion, baixo Roberto III producíronse dúas emisións de demy: unha forte e outra lixeira. A primeira cuñouse entre os anos 1390 e 1403; tratábase dun demy con valor de 2 xilins e 6 peniques (ou sexa, 30 peniques ou 1/8 da libra escocesa), cun peso de ca. 1,95 gramos.[8]

Neste primeiro demy, amósase no anverso o escudo co tradicional león rampante das armas de Escocia, rodeado pola lenda ROBERTVS + DEI + G ⠇REX + SCOTO ("Roberto, pola graza de Deus, rei dos escoceses"). O reverso está ocupado por un sautor con flores de lis nos cuadrantes e senllos trifolios nos cuadrantes superior e inferior, coa lenda XPC REGNAT XCP VINCIT XPC IMPERAT ("Cristo reina, Cristo conquista, Cristo manda").[8][9][10]

Na segunda emisión, máis lixeira, producida entre 1390 e 1406, o demy foi cuñado co mesmo valor e unha tipoloxía e lendas moi semellantes, aínda que o seu peso foi abaixado a 1,30 gramos.[11]

Xacobe I (1406-1437) e Xacobe II (1437-1460)[editar | editar a fonte]

Xacobe I retomou a cuñaxe do demy.[12] No entanto, neste caso o seu valor ascendeu a 9 xilins (ou 9/20 da libra escocesa), en consonancia co seu peso, que tamén ascendeu a ca. 3,50 gramos.[13]

Neste demy, o león escocés do anverso aparece dentro dunha cartela cadrada e, no reverso, amósase un sautor no centro flanqueado por flores de lis, dentro dunha orla de seis arcos con cuadrifolios nas enxuntas. As lendas son IACOBVS DEI GRACIA REX SC ("Xacobe, pola graza de Deus, rei dos escoceses") para o anverso e SALVVM FAC POPVLVM TVVM DNE ("Oh, Señor! Salva o teu pobo") para o reverso.[13][14]

Paralelamente, Xacobe I cuñou tamén moedas de medio demy, coa metade do valor, é dicir 4 xilins e 6 peniques.[15][3][16]

A derradeira emisión do demy produciuse a nome de Xacobe II, cunha métrica, unha tipoloxía e un valor idénticos aos do seu predecesor.[17][18][19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1 Demy - James II 1st Coinage". Numista.
  2. Stewart, I. (1955).
  3. 3,0 3,1 "Demy". En Frey, A. R. (1916). Páxina 63.
  4. "Demy". En Martinori, E. (1915). Páxina .
  5. "Demy". En Dictionary of the Scots Language. 2004. Scottish Language Dictionaries Ltd.
  6. Belaubre, J. (1996).
  7. Klütz, K. (2004).
  8. 8,0 8,1 "1 Demy-Lion - Robert III Heavy Coinage". Numista.
  9. Anverso do demy de Roberto III. National Museums Scotland.
  10. Reverso do demy de Roberto III. National Museums Scotland.
  11. "1 Demy-Lion - Robert III Light coinage". Numista.
  12. Lindsay, J. (1845). Páxinas 130-131.
  13. 13,0 13,1 "1 Demy - James I" Numista.
  14. Reverso do demy de Xacobe I. National Museums Scotland.
  15. "Coin (obverse), half-demy, from reign of James I". National Museums Scotland.
  16. "Scottish Coins". Elks, K. Coinage of Great Britain. Celtic to Decimalisation. Part 12.
  17. "1 Demy - James II". Numista.
  18. Anverso do demy de Xacobe II. National Museums Scotland.
  19. Reverso do demy de Xacobe II. National Museums Scotland.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]