Sautor

Sautor en vexiloloxía e heráldica é a peza dos escudos e bandeiras en forma de aspa, composta por unha banda e unha barra cruzadas[1]. Denomínase comunmente Cruz de Santo André, xa que é unha cruz con dous ángulos agudos e dous ángulos obtusos que representa a cruz do martirio de Santo André Apóstolo, crucificado en Patras, capital da provincia de Acaia, en Grecia. Santo André foi amarrado a unha cruz a xeito de X e alí estivo a padecer por tres días, os que aproveitou para predicar e instruír no cristianismo aos que se achegaban.
A cruz de Santo André representa a humildade e o sufrimento e en heráldica simboliza o caudillo invicto en combate. Unha variante da cruz de Santo André é a Cruz de Borgoña, de xeito que, hoxe en día moitas bandeiras americanas lembran no seu deseño a Cruz de Borgoña e o seu pasado español.
Aparece na bandeira naval de numerosas nacións. A franxa azul da bandeira de Galicia crese que podería ter orixe nunha variante da cruz de Santo André.
En bandeiras[editar | editar a fonte]
Bandeira da Revolución de Quito.
Bandeira do Estado de Quito.
Reino Unido, unión da bandeira de Inglaterra coa cruz de Santo André da de Escocia
Galiza, non deixa de ser unha modificación dun sautor.
País Vasco, modificación dun sautor.
Bandeira Naval de Bélxica
Bandeira Naval de Bulgaria
Bandeira Naval de Letonia
Bandeira Naval de Estonia
Bandeira da Armada de Rusia. Crese que a bandeira da provincia marítima da Coruña (e, por conseguinte, da actual bandeira galega), eliminou unha franxa para non confundila con esta.
Bandeira Naval de Xeorxia
Bandeira Naval do Paraguai
Bandeira Naval do Uruguai
A cruz de Santo André na heráldica[editar | editar a fonte]
Escudo de Ámsterdan. (Países Baixos)
Escudo de Guadalaxara. (México)
Escudo de Saint-Maudan. (Francia)
Escudo de Biscaia. (País Vasco)
Escudo de Mussy-sur-Seine. (Francia)
Escudo de Esparraguera. (Cataluña)
Escudo de Casas de Miravete (España), antes coñecido coma Las Ventas de San Andrés
Escudo d'A Rúa de Valdeorras (Galicia)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sautor.