Enxunta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enxuntas (spandrel na ilustración)

A enxunta[1] ou sobrazo[2] é o espazo de forma triangular que queda entre un arco e o rectángulo que o enmarca. Tamén se coñece como tímpano do arco[3]. A nivel construtivo é un elemento arquitectónico que define o espazo entre dous arcos ou o delimitado polo extradorso do arco e o alfiz[4] que o enmarca. Refírese o termo tamén aos espazos triangulares curvilíneos entre os arcos que sosteñen unha cúpula e o tambor desta.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Termo galego empregado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
  2. Termo galego empregado no Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004.
  3. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  4. Moldura que envolve os tímpanos de arco do estilo árabe e que pode arrancar desde as impostas ou desde o chan. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]