León (heráldica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mueble svg leon coronado.svg
Armas do rei Haron IV de Noruega e Suecia representadas no armorial chamado de Gelre, manuscrito holandés realizado entre 1370 e 1414. No interior do escudo propiamente, dividido en catro partes ou "cuartelado", obsérvanse as representacións heráldicas de leóns, figura natural na súa posición "verdadeira" rampante. Na parte exterior superior, como ornamento, sobre o helmo apréciase outro debuxo de león, aquí chamado cimeira.

O León heráldico e o nome que recibe a representación gráfica idealizada do propio animal, Panthera leo, para a súa utilización no deseño de escudo de armas, tanto para o interior do mesmo ou campo, como figura natural, como para a parte exterior ou ornamental, en forma de soporte ou de cimeira.

Por tradición, un león heráldico é pintado en posición de rampante, é dicir, coas mans levantadas, a destra alta e a sinistra algo máis baixa; cabeza de perfil, boca aberta, lingua fora, mostrando as garras e coa borla da cola cara dentro.[1] Existen sen embargo moitas variacións en canto á súa disposición ou á alteración das partes do corpo que se representan, dando lugar a diferentes figuras que se ben reciben o nome xenérico de "león", son especificadas de xeito complementario na descrición do escudo ou brasón.

Posición[editar | editar a fonte]

A posición de rampante, é a que teñen adoptado os tratadistas de heráldica para a descrición dun león heráldico xenérico e ás veces refírense a ela como "posición verdadeira".[1] Polo que calquera outra posición ou variante é preciso especificala no brasonado.

Distínguense os seguintes tipos de leóns:

  • León mornado. O que non ten dentes, lingua nin garras.
  • León nacente. Aquel do cal só se ve representada a metade superior como saíndo dun xefe ou dunha faixa. Aparece no alto do escudo.
  • León pasante. O representado na posición dun animal en marcha, coa pata dereita dianteira case horizontal. Tamén é chamado leopardado cando leva a cola volta sobre o lombo e a extremidade superior mirando cara fora.
  • León rampante. O representado de perfil que non mostra máis que un ollo e unha orella, levantado sobre a pata traseira esquerda coa man dereita e a pata esquerda adiantada, en disposición de agredir; a cola levantada, recta e formando onda no extremo que acaba en borla, volta na dirección das costas. Se tivera as dúas patas traseiras no chan, se denominaría deitado.
Ca si queremos pintar un león, que es fiero animal debemos lo pintar en salto [...], e por eso dicen los oficiales de armas que todo león es rampante (...) E cuando quiera que los leones asý (sic) son pintados escusado es decir rranpante (sic)
Mossén Diego de Varela

Deseño[editar | editar a fonte]

  • Os leóns sempre levan lingua e garras, a excepción de que se definan como "mornados". Xa que logo non é preciso definilos como "linguados e unllados".
  • Os leóns heráldicos son debuxados co sexo ao descuberto, é dicir, enteiros. Si non se fixera deste xeito, habería que cualificalos co vocábulo infamado. Esta era unha circunstancia que se aplicaba ás armas castigadas polo monarca, cuxos donos tiveran incorrido nos casos de: herexía, traizón ou sodomía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 (Vicente de Cadenas 1976, 89)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: León Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso de Cadenas y Vicent, Diccionario heráldico: términos, piezas y figuras usadas en la ciencia del blasón, Ed. Hidalguía, Madrid, 1976, ISBN8400042948
  • Este artículo contiene material del diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat de los años 1906 a 1914 que se encuentra en el dominio público.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

1. Heráldica
heráldica - terminoloxía da heráldica - escudo - armorial
2. Divisións do escudo
puntos, lugares ou situacións no campo: xefe - cantón - abismo - punta - pau - barra - banda - faixa | particións do campo
2.1. Fondos
fondo - esmalte - estaño | ouro - prata | sable - azur - goles - sinople | aceiro - alaranxado - púrpura - sanguíneo - leonado
2.2. Forros
forro | armiño - veiro
3. Figuras, cargas ou carganzas
pezas e mobles / sotuer - chevrón | aguia - león - lobo - oso: rampante - parlante - pasmado