Saltar ao contido

Schutzstaffel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Schutzstaffel
Imaxe do escudo de armas
Imaxe do escudo
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
 Subclase de
 Composto por
 Nome orixinal
SS (de) Editar o valor en Wikidata
 Lema
 Texto lema
Meine Ehre heißt Treue Editar o valor en Wikidata
 Conflito
 Ideoloxía política
Implicados
 Presidente/a
Membros800000 (1944) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Matriz
 Ten en propiendade
 Órgano de prensa
Datas
 Fundación / creación
4 de abril de 1925 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
8 de maio de 1945
10 de outubro de 1945 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Substitúe
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF136527269 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000115203458 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06qmk Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX258672
Wikidata C:Commons

O Schutzstaffel De-Schutzstaffel.ogg (escoitar pronunciación) (do alemán, escuadrón de protección), abreviado como SS (ᛋᛋ en alfabeto rúnico) foi unha organización militar e de seguridade do Partido Nazionalsocialista Alemán dos Traballadores (Partido Nazi) en Alemaña.

As SS creáronse en 1925 como unha unidade de garda persoal para o líder nazi Adolf Hitler. Baixo o liderado de Heinrich Himmler entre 1929 e 1945, as SS medraron dunha pequena formación paramilitar ata converterse nunha das máis grandes e poderosas organizacións na Alemaña nazi. Os nazis fixeron das SS unha unidade de elite, a "Garda Pretoriana" do partido, cos seus membros escollidos baixo os seus principios de pureza racial e cunha lealdade incondicional cara ao Partido Nazi.

A diferenza co brazo político das SS, o Allgemeine-SS, o seu aparato militar, a Waffen-SS, evolucionou cara a un segundo exército alemán xunto coa Wehrmacht, operando en colaboración co exército regular, o Heer. A Waffen-SS gañou a reputación ao ter bos soldados, pero tamén gañou notoriedade pola súa excesiva brutalidade contra civís e prisioneiros de guerra. Os membros das Waffen-SS axudaron a esmagar o levantamento do Gueto de Varsovia, no que participaron numerosos xudeus polacos, e aniquilaron a uns cantos prisioneiros de guerra norteamericanos preto da cidade belga de Malmedy durante a Batalla das Ardenas en 1944.

As SS tiñan o seu propio sistema de rangos militares, diferente aos da Wehrmacht, aos do NSDAP ou aos doutras estruturas estatais. Tiñan tamén as súas propias insignias e uniformes.

Para manter o poder político do NSDAP, se lles outorgou ás SS a autoridade de establecer e promover o Sicherheitsdienst ou SD, o servizo de intelixencia e seguridade, e a Geheime Staatspolizei, máis coñecida como a Gestapo, a policía secreta do Estado nazi. Isto fixo que as SS se mantivesen por riba da lei.

Heinrich Himmler, o líder das SS, era un dos principais ideólogos da solución final. As Einsatzgruppen das SS (unidades de ataque móbil) asasinaron a moitos civís non combatentes nos territorios ocupados por Alemaña durante a segunda guerra mundial. As SS foron as responsables do mantemento e funcionamento dos campos de concentración e dos campos de exterminio, nos cales morreron millóns de persoas a causa dos tratos aos que eran sometidos, do sobreesforzo, da malnutrición, das cámaras de gas ou dos experimentos médicos. Despois da guerra, os Xuízos de Núremberg en 1946 declararon ás SS como unha organización criminal acusada de xenocidio, crimes de guerra e contra a humanidade.