Cuanza Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 10°8′S 4°30′L / -10.133, -4.500

Cuanza Norte
Provincia de Cuanza Norte
Angola - Cuanza Norte.svg
EstadoFlag of Angola.svg Angola
CapitalN'dalatando
 • Poboación313 894 hab. (2018)
Linguas oficiaisn/d
Forma de gobernoProvincia
Adriano Mendes de Carvalho
 • Total24 110 km²
 • % augan/d
 • Total495 810 hab.
 • Densidade20,56 hab./km²
Xentiliciocuanza-nortenho
Fuso horarion/d
Prefixo telefónico035
Código ISOAO-CNO

Cuanza Norte é unha das 18 provincias de Angola, localizada na rexión central do país.

A súa capital é a cidade e comuna de N'dalatando, tamén coñecida como Nadalatando,[1] sede do municipio de Cazengo que, segundo as proxecciós poboacionais de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística de Angola, contaba cunha poboación aproximada de 130 000 habitantes,[2][3] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 20,56 hab./km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

A provincia ten unha superficie de 24 110 km². Segundo as proxeccións poboacionais de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística de Angola, conta con unha poboación de 495 810 habitantes, sendo a segunda provincia menos poboada de Angola, superando só á de Bengo.[2]

A provincia está dividida administrativamente en 10 municipios con 37 comunas.

Os municipios son:

Cuanza Norte encóntrase na beira norte do río Cuanza, cicunstancia á que debe o seu nome.

A provincia limita ao norte coa provincia de Uíge, ao oeste coa provincia de Bengo, ao leste coa província de Malanje e ao sur coa província de Cuanza Sul.

Con altitudes que van desde os 500 aos 1 500 msnm, na Serra da Banga están as maiores aturas da província.

Clima[editar | editar a fonte]

Segundo a clasificación climática de Köppen-Geiger predomina o clima tropical de sabana (Aw/As), cunha temperatura media que oscila entre os 24 e os 28 °C.

Demografía[editar | editar a fonte]

O grupo étnico maioritario da província é o dos ambundos,[4] [5] e a lingua máis falada é o portugués, seguida pola lingua kimbundo.[6]

Patrimonio natural[editar | editar a fonte]

Unha das principais reservas naturais da provincia é Reserva Florestal do Golungo Alto, que ten unha superficie de 558 km², sendo o abrigo de varias especies, como o búfalo anano, o hipopótamo, varios antílopes, lebres, a galiña de Guinea e perdices. Tamén se encontran elefantes, leóns, guepardos, lobos, hienas, chacais e licaóns.

Economía[editar | editar a fonte]

A central de Capanda

A cana de azucre e o café son os cultivos agrícolas máis importantes. A sú produción está favorecida polo clima tropical húmido da provincia.

O importante encoro de Capanda, cuxa presa de 1 400 m de longo, está situada nesta provincia. A súa central hidroeléctrica, xunto coas de Cambambe e Laúca, producen gran parte da enerxía eléctrica consumida en Luanda.

A central de Capanda xera enerxía utilizando catro turbinas de 130 megavatios cada unha, totalizando a capacidade instalada en 520 megavatios.[7]

Ademais, os seus encoros fornecen auga para a irrigación de plantacións de cana de azucre e outros cultivos no val do Cuanza.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia administrativa da provincia de Cuanza Norte iníciase no século XVII, co repartimento do antigo reino de Ndongo, para crear o distrito de São Paulo (actual provincia de Luanda) e o distrito do Golungo Alto, este último con sede en Golungo Alto.[8]

En 1810 o distrito do Golungo Alto foi desmembrado para crear o distrito dos Dembos (actual provincia de Bengo) e, en 1857, foi extinguido, sendo integrado ao distrito de Luanda. En 1861 volveu a crearse novamente, porém co nome de distrito de Golungo, existindo soamente até 1866.[8]

O 15 de agosto de 1914, o gobernador colonial Norton de Matos creou o distrito de Cuanza, con sede en Golungo Alto, como forma de compensar a esta cidade por non unirse co ferrocarril a Luanda; o efecto non foi o desexado, e o Golungo caeu nun profundo ostracismo, producíndose o cambio da sede distrital para N'dalatando.[8]

O 15 de setembro de 1917 o goberno colonial decidiu dividir o distrito de Cuanza nos distritos de Cuanza Norte e Cuanza Sul (actual provincia de Cuanza Sul).[8][9]

A provincia foi gravemente afectada durante a guerra civil angolana (1975–2002).[9] A día de hoxe aínda quedan moitas minas antipersoa da guerra, e otuorgáronse contratos para limpalas a varias organizacións.[10] Durante a guerra civil, os insurxentes fixeron da provincia parte da zona central de operacións.[11] O 5 de abril de 2001, membros da UNITA atacaron a vila de Samba Caju e mataron a 120 membros das Forças Armadas de Angola. O comandante militar da provincia, o xeneral Recordação tamén morreu no ataque.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nadalatando: Evolução da Mancha Urbana. ONU Angola. Agosto de 2018. Consultado e 15 de setembro de 2019.
  2. 2,0 2,1 Schmitt, Aurélio. Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018. Revista Conexão Emancipacionista, 3 de febreiro de 2018. Consultado e 15 de setembro de 2019.
  3. James 2011, p. 297.
  4. George 2004, p. 5.
  5. James 2011, p. 92.
  6. James 2011, p. 147.
  7. "Capanda Dam". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2011. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Histórias e tradições dos Municípios do Bengo. Governo Provincial do Bengo, 2019.
  9. 9,0 9,1 "Cuanza Norte Province". Angola Press. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  10. Vines 1997, p. 54.
  11. Weigert 2011, p. 153.
  12. Weigert 2011, p. 161.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]