Saltar ao contido

Cuanza Sul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCuanza Sul

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°38′00″S 14°30′00″L / -10.633333333333, 14.5
EstadoAngola Editar o valor en Wikidata
CapitalSumbe Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Amboim (pt) Traducir
Cassongue (pt) Traducir
Cela
Conda (pt) Traducir
Ebo (pt) Traducir
Libolo (pt) Traducir
Mussende (pt) Traducir
Porto Amboim
Quibala (pt) Traducir
Quilenda (pt) Traducir
Seles (pt) Traducir
Sumbe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.881.873 (2014) Editar o valor en Wikidata (33,85 hab./km²)
Lingua usadaBolo (en) Traducir
Nsongo (en) Traducir
Língua sama (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie55.600 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2AO-CUS Editar o valor en Wikidata

BNE: XX455823

Cuanza Sul é unha das 18 provincias de Angola, localizada na rexión central do país, á beira do océano Atlántico.

A súa capital é a cidade de Sumbe que, no ano 2018, contaba cunha poboación de 313.894 habitantes.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A provincia ten unha superficie de 55 660 km² (o 4,7 % da superficie total do país).[2] Segundo as proxeccións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística, conta cunha poboación de 2 109 999 habitantes, sendo a quinta provincia máis poboada de Angola.[1][3]

División administrativa

[editar | editar a fonte]

A provincia está dividida administrativamente en 12 municipios con 32 comunas.

Os municipios son:

Cuanza Sur encóntrase na maxe equerda do río Cuanza que é o seu límite coas provincias de Cuanza Norte e de Malanje. Limita tamén ao norte coa provincia de Bengo; ao sur coas de Benguela e de Huambo; ao leste coa de Bié e ao oeste co océano Atlántico.

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Os grupos étnicos principais da provincia son os Kibalas, N'goias, Musseles, Mussumbas e Bailundos. O idioma máis falado, canda o portugués, é o kibundu,[4] pero tamén se fala o umbundu.[5]

A colonizción portuguea desta provincia iniciouse na foz do río Cambongo-Negunza, en 1769, por decreto de Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho, que foi Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Angola entre 1764 e 1772,[6][7] que ordenou a construción dun forte-presidio denominado Novo Redondo. O río Cambongo-Negunza recebiu o seu nome en homenaxe ao entó soba (autoridade) local Negunza Cabolo.

Agora baixo a influencia administrativa do reino de Benguela, entón baixo a responsabilidade administrativa dos distritos de Luanda e Cuanza, Cuanza Sul permaneceu á marxe do desenvolvemento da colonia até principios do século XX.

O 15 de setembro de 1917 o goberno colonial decidiu dividir o distrito de Cuanza nos distritos de Cuanza Norte (con sede en Golungo Alto) e de Cuanza Sul (con sede en Porto Amboim).[8]

No ano de 1955 a sede do distro foi transferida de Porto Amboim á cidade de Sumbe.

A provincia resultou moi afectada durante a guerra civil angolana (1975-2002). Un gran número de civís morreron nos enfrontamentos entre a Unión Nacional para a Independencia Total de Angola (UNITA) e as Forzas Armadas angolanas (FAA). As plantacións café e outros cultivos foron destruídos. Os ataques frecuentes obrigaron á xente a abandonar os seus municipios. A UNITA estableceu a súa sede central na provincia.[9][10]

Ao redor de 116 000 persoas foron desprazadas e vivían en campamentos. A maioría delas eran das zonas rurais e das rexións da meseta de Bié, densamente poboada.[11] O 17 de decembro de 2000, os combatentes da UNITA mataron a 31 soldados das FAA e saquearon vehículos, armas e preto de 20 000 litros de gasóleo en Quibala.[12] En abril de 2001 atacaron postos das FAA e capturaron numneosas armas de fogo.[13]

Multitude de minas terrestres atipersoa que se puxeron durante a guerra civil aínda hoxe están presentes, e o goberno outorgu contratos para desenterralas a distintas organizacións.[14] Aínda están presentes en varias áreas.[15] A provincia ten aínda unha alta densidade de minas terrestres.[16]

En 2008, Agusta Urica, de 31 anos, foi coroada como a primeira Miss Landmine (Miss Minas terrestres) en Luanda, vencendo a outras 17 mulleres que perderon extremidades polas minas terrestres que aínda perduran como vestixios da guerra civil. Augusta, unha sobrevivente dunha mina terrestre que lle seccionou parte dunha perna, recibiu o galardón ante varios dignatarios e a primeira dama da nación, Ana Paula dos Santos.[17]

Os preparativos para o concurso dese ano comezaron en 2006, cando 10 das concursantes foron trasladadas á capital angolana para participaren nunha sesión de fotos. Polo seu traballo, ás mulleres se lles pagaron 200 $ por día e se lles regalou a roupa e as xoias que usaron para as fotos. As fotos colocaráronse en liña, onde os votantes de Internet podían elixir a súa propia Miss Landmine favorita. Case 10 000 persoas de 30 países votaron, e Maria Restino Manuel, de 26 anos, Miss Landmine de Cuanza Sul, foi a gañadora de Internet, co 29 % dos votos. Ao igual que a Augusta Urica, tamén recibiu un membro protésico feito a medida.[17]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Schmitt, Aurélio. Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018. Revista Conexão Emancipacionista, 3 de febreiro de 2018. Consultado e 14 de setembro de 2019.
  2. António, João (2008): O micro-crédito como ferramenta para o relançamento da cultura do café na região agrícola do Libolo e Amboim. Universidade Técnica de Lisboa.
  3. "Governo de Angola - INE - Resultados Definitivos Recenseamento da População (2014) . Páxina 89" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de maio de 2016. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  4. "Cuanza Sul: The Province". Agencia Angola Press. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 15 de sepembro 2019. 
  5. James 2011, p. 147.
  6. Rulers.org - Angola
  7. worldstatesmen.org - Angola
  8. Cuanza Sul - um nome derivado da divisão do distrito colonial do Cuanza Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  9. Central Intelligence Agency 1990, p. 29.
  10. Weigert 2011, p. 153.
  11. Int'l Business 2014, p. 23.
  12. Weigert 2011, p. 158.
  13. Weigert 2011, p. 161.
  14. Vines 1997, p. 54.
  15. Stead & Rorison 2013, p. 77.
  16. "Landmine Monitor Report". Hrw.org. Consultado o 16 de setembro de 2019. 
  17. 17,0 17,1 Bronisteel, Sara (3 de abril de 2008). "Amputee Beauty Pageant Crowns Miss Landmine 2008". Fox News. Consultado o 16 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]