Provincia de Moxico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Provincia de Moxico, en Angola.

Moxico é unha das 18 provincias nas que se atopa dividida administrativamente Angola. A súa capital é Luena. É a meirande provincia do país, cunha superficie de 223.023 km², o cal representa o 18% da superficie do país.[1] Ten unha poboación de 727 594 persoas (censo de 2014) e a densidade de poboación é de arredor de 2,8 hab/km², sendo unha das áreas coa poboación máis dispersa de Angola.

A provincia foi base de operacións de UNITA, durante a guerra civil angolana en 2002.[1][2] A guerra converteu Moxico nun dos lugares con máis minas terrestres do mundo.[3] O gobernador da provincia é Gonçalves Manuel Muandumba.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Moxico" (en portugués). Luanda, Angola: Info-Angola. 2014. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  2. "Perfil da Província" (en portugués). Lueno, Angola: Portal do Governo Provincial do Moxico. 2011. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  3. "Angola profile, Mines Advisory Group". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2016. Consultado o 06 de febreiro de 2019. 
  4. "Moxico governor visits social projects in Luau". Luanda, Angola: ANGOP - Angola Press News Agency. 2014. Consultado o 12 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]