Bié
Bié é unha das 18 provincias de Angola. Ten unha superficie de 70.314 km² e unha estimación de 1 350 000 habitantes (2006). A súa capital é Kuito.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A provincia atópase no centro de Angola e limita polo norte coa provincia de Malanje, polo nordeste coa provincia de Lunda Sul, polo leste coa de Moxico, polo sur coa de Cuando Cubango e polo oeste coas provincias de Huíla, Huambo e Cuanza Sul.
O seu clima fresco e con abundantes choivas, que fan posible o cultivo de millo, cana de azucre, arroz, café e cacahuete.
A meseta de Bié, na que se sitúa a provincia, está conectada por ferrocarril co océano atlántico.
Morfoloxicamente, o territorio caracterízase polo ser un altiplano cunha altitude máxima de 1852 msnm. A terra é da máis fértil de Angola e ten polo leste e polo norte o río Cuanza, que nace nesta provincia, que ao discorrer para o norte marca parte da fronteira con Malanje. Polo suroeste discorre o río Cuchi, un afluente do río Cubango.
As principais poboacións da provincia son: Kuito (114.791 hab.), Camacupa (19.347 hab.), Catabola (19.281 hab.), Catumbela (17.369 hab.) e Chisamba (7755 hab.).
Demografía[editar | editar a fonte]
A poboación da provincia en 1992 estimábase de 1 119 000 habitantes. De acordo coas estatísticas do goberno estadounidense de 1988, a poboación da provincia era de 1 044 000.[1] Estímase que 201.600 persoas desta provincia vivían en zonas urbanas e que 843.400 en zonas rurais.[2]
A provincia contaba con 1 125 000 de habitantes en 1991, estimándose no 2006 de 1 794 387 persoas.[3]
Linguas[editar | editar a fonte]
Nesta provincia, a lingua nacional que predomina é o umbundo.[4]
Municipios[editar | editar a fonte]
Os municipios desta provincia son:
- Andulo
- Nharea
- Cunhinga
- Chinguar
- Chitembo
- Catabola (Nova Sintra)
- Camacupa (General Machado)
- Cuemba (Neves Ferreira)
- Kuito (Silva Porto)
Comunas[editar | editar a fonte]
As comunas desta provincia son:[5]
|
|
|
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Estatísticas do goberno estadounidense de 1988
- ↑ "Distribuição da Superfície e da População Estimada por Município" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ Instituto Nacional de Estatística, Angola. Instituto Nacional de Segurança Social, Angola. [1] Arquivado 30 de setembro de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ "Info Angola, idiomas". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Info-Angola Quadro da Administração Angolana". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.