Conversa usuario:Sobreira/arquivo5

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Filosofía e Dereito[editar a fonte]

Non sei que pensar, como que non sei de que me falas. Acláramo e douche a miña opinión. Un saúdo Lansbricae (Ti dirás) 21:09, 29 outubro 2007 (UTC) (Persoalmente co pouco que me vai o Dereito prefiro en minúsculas pero non é unha valoracón moi obxectiva. Tamén recordo cando ando medio durmido que a dotrina falaba de dereito con minúscula e Dereito con maiúscula según o significado que se lle esté a dar (un Dereito específico ou o concepto de dereito en xeral), pero se nón me dis máis non sei de que falamos.


Coño, pois dillo a Alma que eu estaba a facer na sopa, que queres que che diga.

Pensara que voltara a meter a zoca, porque xa tiven que pedir varias veces que borraran categorías nas que se me iba a pinza e non seguía o criterio que xa existía e nesto non opino que xa che digo que non che me vai nadiña nin o dereito nin a política. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 21:18, 29 outubro 2007 (UTC)

Category[editar a fonte]

Ola, estaba a ver a conversa que estábades a ter, e a categoría creeina eu baseándome na rama de Filosofía do dereito, pensaba que estabas a discutir que fora a primeira con maiúscula e a segunda non, cousa que é o lóxico, pero acabo de decatarme que son Personalidades de.. polo que para ser coerentes con todas as categorías de personalidades, debería ser corrixida por Personalidades da filosofía do dereito, podes facelo ti? Grazas anticipadas. Alma (fálame eiquí) 21:32, 29 outubro 2007 (UTC)

Category:Personalidades[editar a fonte]

Levas razón que debo explicar o proceder. A category:Monarcas estaba saturada. Ao meu entender, colga dunha categoría de difícil ou moi amplo concepto personalidades históricas. Dentro de monarcas estaban non sei cantos artigos. Por regra xeral as categorías que máis se enchen son an xerais facendo máis dificil a procura ou case imposible como sucede coa category:Personalidade e fundamentalmente Personalidades da Política onde tes que procurar ata catro veces creo recordar 200 máis para ver todas as subcategorías (agora falo de memoria). Por ise motivo crein convinte como fixen con cat. historia de Galicia, ou historia nalgunha medida. A finalidade de aclarar as categorías é evitar que nunha categoría haxa máis de 40 ou 50 artigos, xa que a procura por categorías nese caso xa non será moi útil para o lector.

Como xa existía a categoría listas de monarcas, crín lóxico eliminar a categoría redundante a máis xenérica. Deste xeito se eu procurase monarcas podería procuralos na subcategoría lista de monarcas ou ordeados por paises (na cat Reis de Asturias e na cat Listas de Monarcas) e chegado o momento supoño que por épocas.

O caso é que monarcas engloba emperadores e outro tipo de dirixentes, e que personalidades históricas e un concepto demasiado amplo que ten de positivo que esté dentro de historia. Para poder entender unha categoría tento respetar o que hai e aclarar ao máximo as cats. Nese sentido moitas veces artigos que son principais dunha subcategoría tenta deixalos no principal tamén, pero co tempo entendes que se trata dunha duplicidade de información xa que na mesma pantalla estará a aparecer a subcategoría e e como artigo dentro da categoría.

Ata o de agora non houbo problema, pero eso tampouco é bo, xa que os criterios deben ser comúns. Eu pola miña parte entendo que aclarada a cat monarcas e tendo en conta o número de artigos que compoñen a subcategoría listas poñelos como unha terceira opción na propia cat monarcas, e incluso como había nalgúns tamén na cat Asturias como xeográfica (ainda que Reis de asturias xa pertenza a Asturias. Eu entendo que manter 30.000 artigos non vai ser o mesmo que manter 40.000 ou 50.000, polo que a tendencia a que as cats máis xenéricas engorden en maior medida que as máis concretas vai verse incrementado. Ao haber listados de emperadores, faraóns.. e non só monarcas propiamente dito a clasficación por tipoloxía tamén debería terse en conta. Pero eu para entender co que xa hai como ordealo necesito ordealo, como os Emperadores Bizantinos, pertencían a 5 cats unhas incluidas dentro de outras. Ao meu entender non facilita o acceso a información a súa repeteción, senón o seu mellor orde creo. Chegar a él é traballando pero entendo o que preguntas porque eu preguteimo tamén e estaría ben que deses a túa opinión xa que categorizaches o teu e sabes do que falas. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 23:35, 30 outubro 2007 (UTC)

Boas, Sobreira, permite que sexa eu o que te conteste ó que deixaches na páxina de Alberte. Resulta que os Chaplin pecharon xa fai mais dun ano, como podes ver aquí, así que a edición é correcta. Un saúdo.--FryantTralarí Tralará 02:12, 31 outubro 2007 (UTC)

A verdade, non sei cantos cines pecharon no resto de Galiza, pero só n'A Coruña xa van 6 ou 7 máis os dous teatros, que se reconvertiron. Así que eu creo que sí podería dar para un artigo propio, pero eu creo que o deberíamos remitir no artigo do Audiovisual galego, e nun parágrafo sobre a actividade audiovisual na Historia da Coruña, e no resto das cidades. Un saúdo.--FryantTralarí Tralará 14:07, 31 outubro 2007 (UTC)

Non sei diso, non son da Coruña senón dun pouco lonxe... Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:25, 31 outubro 2007 (UTC)

donde-onde[editar a fonte]

grazas, son consciente, se algunha se pasa é por erro no meu "entendemento" do texto, non por erro no criterio. Se ves algún agradézoche que o revertas. saudos.--4bot 17:16, 4 novembro 2007 (UTC)

sí, está configurado por defecto para preguntar se cambiar ou non, senon sería un desastre.--4bot 17:25, 4 novembro 2007 (UTC)

sur Flaubert et autres histoires[editar a fonte]

Merci beaucoup pour la proposition de continuer après moi l'article Gustave Flaubert, j'accepte avec plaisir. Je travaille encore un peu aujourd'hui, j'enlève le bandeau et je te repasse la main. Ca faisait un bon moment que cet article était en attente sur la page d'appel. Vraiment merci beaucoup Elvire 19:38, 4 novembro 2007 (UTC)

Polo momento deixo o artigo a tua disposicion e a dos demais claro. E ainda moitas gracias pola colaboracion Elvire 20:56, 4 novembro 2007 (UTC)

no problem, pararei, non teño presa. De todas formas, quen/cando se pode aprobar? a que debo esperar? que é o que falta aínda para que se aprobe? ---- Maañónoo (o que ho?) 21:56, 5 novembro 2007 (UTC)

Xa borrei o de mensaxes novas da miña paxina de usuario. Pensei que na paxina de usuario podia poñer o que quixera, como mínimo iso, pero paso de discutir. Agradeceriache que do mesmo xeito borraras os insultos que me pos na paxina de aprobacion do bot. Non teñas medo, non vou respostar con insultos aos teus insultos. Curioso que antes de certas reaparicions votaras a favor e agora votes en contra e insultes.---- Maañón00 (o que ho?) 22:30, 6 novembro 2007 (UTC)

Hoxe e día de novidades, política aprobada e un voto contrario a un bot por desconfianza sobre quen o manexa, semella un pouco forte e incluso contrario a boa fe, aos piares ou o que sexa, e recórdoche que como administrador non fuches aprobado, votado nin aceptado polo que o teu actuar tamén pode xerar dúbidas aos editores coa gravidade engadida de que ti tes medidas coercitivas que aplicar, ainda que de momento só as insinúas.

A primeira vez que vexo un voto contrario a un bot, e de un usuario da Galipedia, baseándose no prexuízo de que pese a estar funcionando ben cando traballe como bot quen o manexa non é de fiar para ti. Vexo que decías en serio o de que non entendías o de prexuízo. O único perxuízo que se debe respetar aquí é o da boa fe. Non digo nada máis xa que non quero ser irrespectuoso pero entristéceme moito xa que eu o entendo como un paso atrás. Espero que se chegue a un entendemento e respeto mínimo. Lansbricae (Ti dirás) 22:34, 6 novembro 2007 (UTC)

Ola Sobreira. Atopei estas dúas imaxes carregadas por ti, que coido son da túa autoría, mais non levan a orixe nin a licenza. Bótalles un ollo e decide ti que facer con elas. Un saúdo. AlberteSi, digame? 19:03, 11 novembro 2007 (UTC)

Ola Sobreira. Grazas pola mensaxe que me deixaches hai algunhas semanas, aprecieina máis do que poidas imaxinar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:15, 12 novembro 2007 (UTC)

Ando algo metido en asuntos relixiosos ultimamente, e víñanos perfecto, se se admiten peticións, os datos das parroquias que en GZ están baixo a avogación de San Pedro, e un mapiña xeitoso, como o de Santiago... Que lle parece? --Xabier Cid 21:10, 14 novembro 2007 (UTC)

Grazas, deuschopaguiño. Pero xa que estás... poderás saber o número total de parroquias, e xa sería a caña repartidas por dióceses. Por certo, vouche facer esta encarga de xeito oficial, a través do Wikiproxecto Papas, para ver se podes elaborar os mapas respectivos dos distintos que á súa vez foron papas. Non creo eu que haxa moitos máis, pero algún se cadra si.--Xabier Cid 21:53, 14 novembro 2007 (UTC)
Socorro. Escachifei todo. resulta que a imaxe de Santiago era un modelo, e quixen movelo pra crear un modelo tamén para San Pedro, pero logo decateime de que recolle o nome da páxina, e esta é Pedro, papa. E xa era demasiado tarde. Podes reverter un movemento de título? --Xabier Cid 22:02, 14 novembro 2007 (UTC) Solucionado. Grazas anyway. --Xabier Cid 22:11, 14 novembro 2007 (UTC)
Encarga 2: Un mapiña pra isto... Parroquias a San Clemente. --Xabier Cid 01:00, 15 novembro 2007 (UTC)

Problema parroquial[editar a fonte]

Teño unha dúbida con dous artigos: Portomourisco, Larouco e Portomourisco, Petín. Dáme no fío do lombo que, aínda que en concellos distintos, estas dúas son en realidade a mesma parroquia, a de San Vítor de Portomourisco, con dous lugares, Portomourisco, en Petín, e A Portela de Portomourisco, en Petín e en Larouco (conforme o nomenclátor). Ti podes confirmar isto? --Xabier Cid 01:54, 18 novembro 2007 (UTC)

Estase discutindo na Taberna. --Xabier Cid 20:25, 19 novembro 2007 (UTC)

BanjoBot no Galizionario[editar a fonte]

Boas. Xa comecei a cambiar os artigos de categoría no galicionario (máis vale tarde que nunca :D). Comecei por botánica -> Botánica, que é o que mais ten. Logo seguirei có resto, que polo que vín hai 4 ou 5 categorías co mesmo problema. En canto esté rematado avísote ok? :) Un saúdo --Banjo tell me 18:16, 22 novembro 2007 (UTC)

  • categorías: toponimia, xentilicio, matemáticas, botánica e anatomía -> feito. Xa marquei as cats en minúscula para borrar. Seguirei facendo cousiñas por alí, pero se necesitas calquera cousa en particular non dubides en pedila :D --Banjo tell me 01:03, 23 novembro 2007 (UTC)

O Porto do Barqueiro[editar a fonte]

Moitas grazas por amañar a desfeita. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:52, 27 novembro 2007 (UTC)

Si a todo[editar a fonte]

Aos cremenzos e aos sempedros... --Xabier Cid 22:16, 27 novembro 2007 (UTC)

artes de pesca[editar a fonte]

Sobreira, uns comentarios sobre esas artes que escribes en cursiva por ser dubidosos:

  • baca é un tipo de barco que pesca en parellas, como o bou. Non *vaca.
  • biturón, buitrón e viturón son denominacións locais do voitirón, unha especie de nasa (que eu saiba, para pesca da lamprea e salmón)
  • forquita: para pescar ourizos
  • facho: pescar ó facho é facelo cunha luz intensa enfocada á superficie do mar. Dinque atrae especialmente á sardiña.
  • rasquete: ¿el será rasqueta –máis ou menos grande-? para percebe ou mexillón de rocha
  • rasto: ¿rastro?
  • xareta: é un cabo para abri-lo cope, non realmente unha arte de pesca
  • frisga ten que ser variante de fisga
  • gancho, cavador, paraferra, rapa, sadiñal e tanga: nin idea

E non sei se o coñeces: "Artes e aparellos de pesca empregados en Galicia" [1], de Miguel Fariña Castro. Non ten data e a bibliografía é bastante vella.

Pedro --Lameiro (conversa) 22:16, 13 decembro 2007 (UTC)


Algunhas notas máis:

  • pescar ó facho (Esc. Gro. Ver.) pescar utilizando un farol de carburo (GVGH)
  • tarrafa sí que vén no VOLGa
  • tarrafa: s. f. Arte de cerco y jareta, que se emplea en nuestras costas para la captura de peces, principalmente sardinas, por el procedimiento de la ARDORA y a veces por cebo o raba. // Lanchilla de vapor o galeón, que conduce a bordo el arte denominado tarrafa, dedicado especialmente a la pesca de la sardina (ERG)
  • tarrafa: f. 1. (Car. Are. Sad. Lax. Mar.) tarrafa, arte de cerco y jareta para pesca de sardinas; 2. (Are. Sad.), tarrafeira (Sad.) barco que pesca con tarrafa (GVGH)
  • xareta: o cerco de xireta (Car.) cerco que se hace con el aparejo de la tarrafa (GVGH)
  • sardiñal: s. m. Sardinal, aparejo de pesca en que se enmallan las sardinas (ERG)
  • frisga: s. f. Especie de horca de 5 dientes de hierro, con mango de unos 4 metros de largo, usada para pescar truchas (Dragonte, Bierzo). (FrampasII)
  • frisga: s. f. Flecha, instrumento para pescar truchas, compuesto de unos dientes de hierro, un mango muy largo de madera y un cordel; se arroja desde la orilla del río y, en caso afortunado, sale la trucha atravesada (Apéndice ERG)
    • Notas: GVGH: Glosario de voces galegas de hoxe; ERG: Eladio Rodríguez; FrampasII: Elixio Rivas Quintas

Pedro --Lameiro (conversa) 22:35, 13 decembro 2007 (UTC)

  • Si, agora aparécenlle a todo o mundo xa que se engadiron no commons.js e commons.css, para facilitar á xente engadir referencias e tentar "estandarizar" a sección do véxase tamén, agora aparecen "por defecto" :) Banjo tell me 01:30, 16 decembro 2007 (UTC)

Partículas subatómicas[editar a fonte]

Ola, Sobreira. Ordeei dun xeito provisional o Modelo:Partículas porque o certo é que necesita una revisión máis profunda. En canto ó cumio, entendía que era con acento, pero vexo mirando no diccionario que non era así na anterior normalización; o de galego en liña non o trae de xeito direito, pero se se procura por cume, tamén trae a equivalencia a cumio, sen acento. Xa o corrixo. Saúdos.--Agremon(contacto) 19:14, 16 decembro 2007 (UTC)

boas! pedín o día e podo ir á cea. podes avisar de que somos 14? Un millón. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:00, 20 decembro 2007 (UTC)

Technical problems[editar a fonte]

Creo que as parserfunctions poden axudar, sobre todo no modelo da categoría. No outro necesito algo máis de info, a verdade é que non teño nin idea de que é "X-SAMPA" ou "AFI" :S. Ata a semana que ven non poderei mirar moito, non estarei moito tempo conectado, pero en canto poida bótolle un ollo (mércores coma moi tarde) :). Un saúdo meu --Banjo tell me 21:39, 20 decembro 2007 (UTC)

San Clodio. Santiago[editar a fonte]

Sei que faltan poucos días para o 28. Ata hoxe non puiden confirmar que podía ter ese día libre. ¿Pódese apuntar un máis? Se é así, sei que quedastes en cear, mais non sei a hora. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 01:26, 22 decembro 2007 (UTC)


Feliz Nadal[editar a fonte]

Ola, queríache desear un feliz Nadal a ti e a os teus e espero que este ano que ven sexa bon pra ti e os teus. --Chabi 10:15, 24 decembro 2007 (UTC)

Era tal cal iso. Moitas grazas, por esto e por todo. Un saúdo, e feliz ano. AlberteSi, digame? 00:25, 30 decembro 2007 (UTC)

Si, é Caronium a persoa dos mapas das parroquias, o de curato e patronato non é tan sinxelo, teño que buscar un libro porque pode haber varios, cando o teña claro, comentareicho. Grazas polas correccións, xa están feitas. Xa tes 1 pto. para o título de "anxo". ;) Saúdos e feliz ano. Alma (fálame eiquí) 01:07, 30 decembro 2007 (UTC)

Mapas parroquias[editar a fonte]

Ola Sobreira! Tes a memoria en bo lugar. Acabo de activar o correo. Vin os mapas de Ribadeo, interesarame moito o que me contes sobre a cuestión de que o tema ande parado. Eu fago os mapas co Corel seguindo un procedemento bastante artesanal que me leva máis tempo do que quixera, polo que calquera alternativa que supoña máis automatización paréceme moi interesante. Estarei ao tanto do teu correo e por suposto disposto tamén a coordinarnos. Saúdos e grazas! --Caronium 18:55, 30 decembro 2007 (UTC)

Advocación - Haxiotopónimo[editar a fonte]

Andiven lendo o artigo de Advocación, moi bo. E pensando ocorreúseme unha pregunta cun lugar concreto: San Xusto de Toxos Outos no que a oficialidade de Toxos Outos co tempo foi distanciándose do uso e na actualidade o lugar é coñecido como San Xusto con preferencia sobre Toxos Outos. Logo o que se me ocorreu foi ¿unha advocación pode converterse no Haxiotopónimo de uso principal, incluso chegando a converterse co tempo no único? O tema é moi interesante. Tamén pensei no fenómeno monacal incide nesto, o caso de Oia que non tivo parroquia propia ata que desapareceu o mosteiro e acabou convertíndose no nome de todo o concello. A conclusión que saco é que a toponimia e microtoponimia de Galicia son uns "libros" moi interesantes e con moita información.

Tentarei atopar algunha boa referencia que tamén aclare a xerarquía das parroquias (curatos) e a dependencia (patronato) ca que falabas con Alma (a fonte é Risco), pois ainda que semellen datos históricos secundarios aportan moita información sobre a evolución das comunidades. Saúdos e bo ano. Lansbricae (Ti dirás) 20:59, 30 decembro 2007 (UTC)

OmegaWiki[editar a fonte]

Hoi,
With the creation of your Babel templates on OmegaWiki, you qualified for editing and you have had editing rights for some time now. GerardM 23:04, 30 decembro 2007 (UTC)

Non sei se es ti a persoa máis adecuada, pero como semella que sabes bastante de lingua seica poderás dicirme cal é a forma correcta: Macau ou Macao? Dígoo porque no título aparece Macau e logo en todo o artigo Macao. Un saúdo e moitas grazas. --Norrin_strange (Talk) 07:58, 31 decembro 2007 (UTC)

Escudos no modelo:Concello info[editar a fonte]

Polo menos no meu caso, foi na miña páxina de usuaria, avisei a un administrador de que non podía subir o escudo e carrexou de novo a imaxe. Quizais o sitio idóneo sexa a conversa do Modelo:Concello info, aínda que alí non se suscitou o problema, estaría ben dar a solución, :). E avisando de problemas, hoxe na portada está saíndo a imaxe da semana 1/2007 no canto da 1/2008, supoño que mañá xa se amañará só, pero por se acaso....Saúdos e boa noite, ah e grazas pola información de commons. Alma (fálame eiquí) 17:04, 31 decembro 2007 (UTC)

Boas Sobreira! Precisamente fai uns días pensei no tema dos Escudos dos concellos, e buceando por aí atopei na es.wiki algo que quizáis te podería valer:

Aínda están bastante incompletos, mais desde a miña ignorancia en Heráldica, penso que están moi ben feitos e son bastante xeitosos. Por outro lado, están case todos, senón son todos, subidos a Commons. Un saúdo e Feliz Aninovo.--FryantTralarí Tralará 18:12, 31 decembro 2007 (UTC)


Entendo a bronca, terei que optar logo por acusar aos demais de só querer discutir gratuitamente, xa que ese comentario non é despectivo, entendo que é descriptivo, ainda que sendo eu o obxecto do comentario non o sentín así, senón como despectivo. Non debín respostarlle ainda a pesares do actuar dos demais. Saúdos e se entendes que debes bloquearme agora entendoo. Lansbricae (Ti dirás) 22:47, 9 xaneiro 2008 (UTC)

Sobre o Aviso[editar a fonte]

Ola. Quería comentarche de novo que entendo a chamada de atención. O que xa non comparto é que me fales de estender a miña actitude maleducada. Cada quen adopta as súas formas de actuación. Non vou a extenderme sobre o concepto de maleducación nin as diferencias entre vida real e virtual, eu só teño unha, que cada quen as valore. Aceptei a bronca paternalista e deixei de editar desde o xoves coa intención de estar unha semana como indicabas que terías que facer. Persoalmente creo non ter sido o único en cometer excesos verbais ou en facer xuizos de valor ofensivos polo que dou por pechado o meu autobloqueo e o asunto. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 11:27, 12 xaneiro 2008 (UTC)

boa tarde!
desculpa o retraso da información, pero estou lacazán. O enterro do ravachol é o venres 8 de febreiro. Anímote a vir, aínda que polo do agora só estamos apuntados tres. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:53, 23 xaneiro 2008 (UTC)

boas! pois quedamos ás 8 do serán na caseta de información turística xunto a praza da Peregrina; dado que é o enterro de Ravachol, ven de rigoroso loito. vémonos pronto! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 19:20, 7 febreiro 2008 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Ola Sobreira. Semella que chego tarde para felicitarte polo teu aniversario, polo que vexo o pasado 4 de xaneiro cumprironse tres anos desque estás aquí. Cando chegaches isto semellaba un deses locais que están a medio construír, nen sequera había categorías, agora segue a medio construír pero a cousa ten avanzado considerablemente. Moitas grazas polos bos momentos que tivemos colaborando xuntos e pola numerosas contribucións que fixeches neste e noutros dos wikis do proxecto Wikipedia en galego. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:32, 10 febreiro 2008 (UTC)

Xa terminei o traballo suxo. Prego, se podes, que lle botes unha visual.--Baaden 14:54, 7 marzo 2008 (UTC) E xa postos a pedir... poderías de algunha maneira mandarme a proposta para o ruso e incluila no artigo??? --Baaden 12:11, 10 marzo 2008 (UTC)

Ola,

se precisases do artigo que fixen sobre o serbio, ou algunha consulta ao respecto, ponte en contacto comigo sen problema.

[Jairo][2]

Boas noites, xa teño un pouco máis de tempo libre. Retomarei esta semán todo o lastere que arriei por ehí. Moitas grazas polo currelo e a limpeza. --Baaden 21:55, 24 xuño 2008 (UTC)

Porcentaxes[editar a fonte]

Ola Sobreira! Xa estou de volta ao mundo. Mandeiche correo. As porcentaxes de uso de galego fíxenas con folla de cálculo, pero grazas pola axuda. Saúdos! --Caronium 16:48, 17 marzo 2008 (UTC)

Imaxes sen Licenza nin Orixe[editar a fonte]

Imaxe:Covelas, Ribadeo.jpg, Imaxe:Ove, Ribadeo.jpg, Imaxe:Piñeira, Ribadeo.jpg, Imaxe:Ribadeo, Ribadeo.jpg, Imaxe:Rinlo, Ribadeo.jpg, Imaxe:Santalla de Vilausende, Ribadeo.jpg, Imaxe:Vilaframil, Ribadeo.jpg, Imaxe:Vilaselán, Ribadeo.jpg, Imaxe:Azul1.jpg

Sen orixe: Imaxe:Azul2.jpg--83.165.110.93 02:17, 4 abril 2008 (UTC)

Benvida![editar a fonte]

Ola, Sobreira. Alégrame verte de novo por aquí... :). Teño as miñas dúbidas con respecto ao Hospitalet. Téñoo visto co artigo en galego en diversas ocasións... E o de que é un topónimo "menor"... :) Saudiños. --Xabier Cid 19:23, 5 abril 2008 (UTC)

Problemas co Nomenclator[editar a fonte]

Ola Sobreira, fíxenlle unha consulata a Xabier Cid e remitiume a ti para resolvela. Póñocha aquí:

Quero consultarche unha dúbida respecto do Nomenclator da Xunta: Resulta que no Nomenclator oficial (que foi o que usei para crear os lugares das parroquias da Comarca de Deza nos que ando traballando), non aparecen como parroquias varias das que sempre se viñeron considerando na zona como tales, e os lugares desas parroquias aparecen incluídos noutras. Tamén hai bibliografía que as clasifica como parroquias, e na páxina oficial do Concello veñen consideradas como tales parroquias.

Por exemplo os casos das parroquias de Erbo [3] e Fontecabalos [4], do concello de Lalín, que no nomenclator aparecen: os lugares de Erbo incluídos en Palmou, Lalín e os de Fontecabalos en Sello, Lalín.

A miña dúbida ven por se eu as podo crear como tales parroquias tendo en conta esas fontes ou se a política (non sei se emprego ben o termo) da galipedia é respectar sempre o Nomenclator oficial e polo tanto, se as creo, serían borradas.

Saúdos e grazas.--Xas (fálame) 20:40, 5 abril 2008 (UTC)

Disculpade a intromisión. No Nomenclator vén tal como dis pero na web do IGE (fonte dos datos poboacionais) Erbo de Arriba é lugar de Palmou e Erbo de Abaixo éo de Sello (parroquia na que tamén inclúe Fontecabalos). Na Gran Enciclopedia Galega, os dous Erbos pertencen a Palmou. Eu, persoalmente, son do criterio de utilizar como referencia fiable o Nomenclátor aínda que neste caso, respectando o que este diga, sería bo meter un comentario con esas discrepancias doutras fontes. Pedro --Lameiro (conversa) 23:00, 5 abril 2008 (UTC)
Poderías resolver isto. Grazas. --Xas (fálame) 00:02, 6 abril 2008 (UTC)
Grazas polo teu interese.--Xas (fálame) 13:39, 7 abril 2008 (UTC)

Nomes científicos ¿agora?[editar a fonte]

Ben sabes que estou ó 100% a favor desta idea, pero ... ¿pódese volver a resucitar unha vez que foi rexeitada non hai tanto? Salvo esa cuestión metodolóxica, polas miñas partes de acordo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:28, 14 abril 2008 (UTC)

Re: Prebot[editar a fonte]

Ola Sobreira. Vin a túa mensaxe neste momento non teño moito tempo xa che responderei outro día. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:13, 15 abril 2008 (UTC)

O máis automático que sei facer é teclearllos co Corel un a un, pero iso faise nun pis pas. --Caronium 14:51, 15 abril 2008 (UTC)

Fan falla imaxes da semana. Propuxen unha iaxe túa. Prégoche que mires se algunha das outras che parece merecente. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:32, 15 abril 2008 (UTC)

Ola Sobreira ! Non sei moito como expressarme na taberna para que se me entenda ben, xa que non domino o galego e que non quero meter lio por expressarme mal. Pero podes estar seguro que a mín pareceme mui ben que as persoas (non os usuarios) promocionen a Galipedia por todos os sitios (xa tuven ocasion de decilo moitas veces) e eu cada vez que podo fagóo. Saudos ElviraConversa con mi 16:12, 16 abril 2008 (UTC)

Re: Charlas en Ordes[editar a fonte]

Moitas grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:06, 16 abril 2008 (UTC)

De igual xeito, grazas polo aviso; se non, seguro que non me enteraba. Un saúdo.--Agremon(contacto) 19:22, 16 abril 2008 (UTC)

By the way[editar a fonte]

Salut ! Tu as raison ! Le pire c'est que je le sais bien depuis quelque temps, j'essaie donc d'y veiller, mais cela m'a complètement échappé de corriger ma signature ! Voilà qui est fait. Merci à toi. Saúdos ElviraConversa comigo 06:17, 18 abril 2008 (UTC)

proverbios galegos[editar a fonte]

Boas

Movín a páxina de Lista de refráns a Galicitas (http://gl.wikiquote.org/wiki/Proverbios_galegos), despois de preguntar na páxina de conversa.

Deixoche aviso, porque ao ir borrala páxina vin que a túa páxina de usuario é unha das que apuntan a ese artigo.

Saudos Miguel.lima 13:44, 29 abril 2008 (UTC)

Imaxes de Ordes[editar a fonte]

Ola Sobreira, supoño que cando vaias a Ordes nos has ter moito tempo aínda así sería bo se podes facer algunha fotografía. Non temos nada desa zona que lembre neste momento. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:55, 7 maio 2008 (UTC)

Moitas grazas por atender o meu pedido. Agradezoche o traballo que fixeches coa Galería de imaxes de Ordes como lector e colaborador deste proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:46, 17 maio 2008 (UTC)

Ola Sobreira, dixeches que che lembrase botarlle unha ollada ao artigo cando o tivesemos remato. Pois bueno se queres podes ir comezando--Hugo22 23:51, 11 maio 2008 (UTC).

  • Desculpa, tes razón. Non parei amiralas tan detidamente. Parecéronme iguais e ó teren exactamente o mesmo peso (cousa curiosa), pensei que eran a mesma. Menos mal que preguntei antes de borralas, inda que a solución, de borrar algunha, era doada: recuperala. Saudações--Lmbuga Commons - Galipedia 19:28, 19 maio 2008 (UTC)

Feridos en Atocha[editar a fonte]

Ola, Sobreira. Está proposto para borrar un artigo no que ti traballaches: Lista de feridos e hospitais Atocha 2004. Bótalle un ollo á votación. Un saúdo. --Xabier Cid 14:38, 21 maio 2008 (UTC)

escudo padrenda[editar a fonte]

Señor Sobreira, como son unha persoa completamente limitada, 

e case que profana en calquera tema da informática, gustaríame que me dixese se esta imaxe do escudo do concello de Padrenda http://www.concellos.info/images/escudos/padrenda.gif pode ser publicada ou non. Esta mensaxe deixouna Leftheris, pero non lle acordou asinar.--Xabier Cid Conversa 19:52, 26 maio 2008 (UTC).

Sobreira, respondinlle eu. --Xabier Cid Conversa 19:53, 26 maio 2008 (UTC)

dicionario galego inglés[editar a fonte]

  • Ola, vin que incluíches un dicionario galego-inglés de Servando Pérez Barreiro, estiven buscando na rede e non atopei nada, aínda non está publicado?.--Arco de Rayne 18:22, 16 xullo 2008 (UTC)

Betawiki update :)[editar a fonte]

  • Currently 98.82% of the MediaWiki messages and 94.10% of the messages of the extensions used by the Wikimedia Foundation projects have been localised. Please help us help your language by localising at Betawiki. This is the recent localisation activity for your language. Thanks, GerardM 13:57, 2 agosto 2008 (UTC)
  • Si, desde que che puxera o texto anterior xa o vin varias veces na rede, non sei que distribución ten, non o vin en ningún escaparate de librería e mira que é algo que facía moita falta, eu posiblemente mercarei un exemplar para setembro.--Arco de Rayne 15:43, 4 agosto 2008 (UTC)

Podes borrar o artigo Petra, España. Resulta que xa existe, grazas --Martinho12 15:22, 11 agosto 2008 (UTC)


Botánica[editar a fonte]

Ola Sobreira, gústaríame que ollases esta páxina Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Botánica e deras a túa opinión, que ha ser máis erudita cá miña. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 12:52, 30 outubro 2008 (UTC)

Ola, Sobreira. Primeiro o debate:

  • É probablemente un préstamo do español, si.
  • Tamén probablemente o feito de que sexa Cairo, e non Caira, o sexa.
  • Catalán, italiano, francés e español empregan o artigo masculino. O portugués non emprega o artigo, pero considéraa palabra masculina (o Velho Cairo).

Despois a decisión: Ata que haxa outra proposta (necesarísima) o que se segue na wiki é o catálogo de topónimos da Universidade de Vigo. Alí dise O Cairo, e polo tanto así o movín, independentemente das miñas opinións sobre o tema. Pero por outra parte, o texto da etimoloxía, e os razonamentos de por que debemos escribir unha cousa ou a outra, non están referenciados. É dicir, o que habería que facer é mudar o texto da etimoloxía, ou cando menos referencialo. Pero o artigo non se debería mover atendendo aos criterios xerais de exotopónimos que seguimos e cos que, unha vez máis, non estou de acordo. :) Pero... Saudiños --Xabier Cid Conversa 12:59, 21 novembro 2008 (UTC)

Fait! --Xabier Cid Conversa 11:19, 23 novembro 2008 (UTC)
Vale, propúxeno como modificación do texto da política. --Xabier Cid Conversa 16:07, 23 novembro 2008 (UTC)


Cogomelos[editar a fonte]

Que ben quedan as fotos que puxeches, gracias.--Hugo22 19:13, 23 novembro 2008 (UTC).

Re: Wikibooks[editar a fonte]

Ola Sobreira. Feito. Espero que todo che vaia ben. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:23, 25 novembro 2008 (UTC)