Conversa usuario:Miguelferig/arquivo2013

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola Miguel vexo que me fas unha obervación e teñoche que pedir desculpas pois cando me puxen a modificar as ligazóns cara cancro de mama o unico que trataba era unificar as posibles ligazóns para cando se fixera a páxina sorbre ese tema e en verdade non me fixei se habia outras palabras coa palabra cáncer, unha ves máis pidoche desculpas--Alfonso mande 25 de xaneiro de 2013 ás 23:35 (UTC)[responder]

Páxinas a eliminar[editar a fonte]

Ola, Miguel. Cando consideres que unha páxina deba ser eliminada inclúelle o marcador Lixo (con dous corchetes a cadanseu lado) para que un administrador proceda a borrala. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 17 de febreiro de 2013 ás 12:44 (UTC)[responder]

Non hai de que, compañeiro. Non cho expliquei correctamente antes, máis que corchetes o que hai que escribir son chaves { }, dúas a cadanseu lado da palabra lixo para empregar o modelo lixo. Unha aperta e súmome aos parabéns que che teñen expresado polo teu incrible traballo no eido da bioloxía. --Paradanta (Cóntame) 17 de febreiro de 2013 ás 14:48 (UTC)[responder]

Redireccións[editar a fonte]

Ola Miguelferig. En Wikipedia:Convencións_dos_nomes_dos_artigos#Nomes propios hai unha recomendación sobre os títulos de páxinas que penso que se pode aplicar a este caso: "naqueles títulos nos que haxa caracteres que presenten dificultade para escribir cos teclados dos usuarios galegos debe facerse unha redirección". Por ese motivo quizais deba manterse a redirección da páxina co e á páxina co epsilon. Por certo, parabéns polas 20.000 edicións do último ano, un dato impresionante polo tipo de edicións das que se trata. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17 de febreiro de 2013 ás 14:34 (UTC)[responder]

Interwikis[editar a fonte]

Ola! Miguelferig. Veño a informarte de que os interwikis morreron. A partires de agora usarase Wikidata. Na Wikipedia en inglés fixeron esta páxina explicativa. Resumindo, para engadir interwikis en Wikidata, vas ó artigo noutro idioma e premes en "Editar as ligazóns", que está despois de todos os interwikis. En Wikidata baixas ata abaixo de todo, premes en "Engadir", engades a páxina e premes en "Gardar". Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 12:28 (UTC)[responder]

Cando esteas na páxina de Wikidata, despois de todas as ligazóns aparece o botón "Add/Engadir", en "sitio" engades "gl" ou a wiki que sexa, e en "artigo" o nome do artigo da Galipedia. PD: Para o artigo Neurofilamento xa engadiron a ligazón en WIkidata. Calquera dúbida pregúntama. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 16:56 (UTC)[responder]
Cal é a páxina de Dímero noutro idioma? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 19:52 (UTC)[responder]
Pois a min vaime e xa o acabo de engadir. Despois 中文 - zh - 二聚體 , pulsei en "Engadir/add" e metino. E non entendo onde te perdes. E por favor, non crees unha sección cada vez que me respondas sobre o mesmo tema, engade : antes da primeira palabra. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 20:02 (UTC)[responder]

Coñeces o Detector de homónimos? Dígoo porque no artigo Dímero deixaches ligado a oxíxeno , que é unha páxina de homónimos. Non arranxei a ligazón porque non sei cal é a correcta, así que, por favor, arránxaa ti. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 22:26 (UTC)[responder]

Sábado e papatoria[editar a fonte]

Boas, vas a achegarte a Santiago mañá? Se te achegas e queres vir despois a comer, ¿podes apuntarte na taberna para saber máis ou menos con cánta xente contamos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 14:15 (UTC)[responder]

Boeno moi ben, a ver se coincidimos para outra ocasión. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 22:52 (UTC)[responder]

Podes engadir o interwiki de Grancima no Wikidata? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 11 de abril de 2013 ás 16:36 (UTC)[responder]

Non pasa nada, pero creo que deberías usar o Firefox porque é o único navegador con corrector ortográfico de galego.
Creo que te refires ó revisor ortográfico da Wikipedia, pero este só funciona na modo lectura, e non engade error pouco comúns como textop. Se atopas algún erro podes engadilo en WP:LISTA. Pero o corrector ortográfico do Firefox é como o de Microsoft Office e LibreOffice, funciona en modo edición. A diferenza é que o corrector detecta mal todas as palabras mal menos as engadidas, e o revisor só detecta as palabras mal que están na listaxe. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12 de abril de 2013 ás 06:32 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra wiki[editar a fonte]

Ola Miguelferig.

Cando crees ou amplíes un artigo, ten en conta que os textos de Wikipedia, en tódalas linguas, se publican baixo licenza CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta está o recoñecemento.

Quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikis, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Galipedia adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

exemplo
exemplo


1.   A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
→ Creo a partir de [[:en:N-Acyl homoserine lactone]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués


2.   Alternativamente tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}, aínda que isto non é necesario se se recoñece a autoría no resumo.


Moitas grazas pola atención, un saúdo e a seguir! --JaviP96 13 de abril de 2013 ás 14:13 (UTC)[responder]

Pois a verdade é que non sei porque non che aparece, para velo só terías que ir ao historial do artigo. Ao mellor débese ao navegador (co que xa tiveches problema co wikidata) proba a ver co mozilla, de todas formas se non che aparece no resumo, e non queres usar outro navegador o único que terías que facer é poñerlle o modelo que che puxen antes ({{Traducido de}}) na páxina de conversa, dá un pouco máis de traballo, pero non ten ningún problema, no que me comentas do cadro só hai un para o resumo, pero agarda, nas túas contribucións acabo de ver esta edición, o mesmo cadro no que puxeches nome específico con minúscula é no que terías que poñer de onde traduces ou a partir de onde creas o artigo, ao mellor por iso non che aparece, porque o poñías noutro lado (proba agora a poñer calquera cousa a ver se sae). Se dun artigo colles só unha pouca información doutra wiki podes poñer por exemplo que o primeiro parágrafo ven de tal wikipedia, pero para isto tampouco sería necesario.
Se creas un artigo noutra wiki que é tradución dun teu, e sempre que este sexa maioritariamente orixinal (é dicir, non sexa na súa maioría unha tradución doutra), non terías porqué poñer nada, sería decisión túa. Se o artigo que traduces do galego é á súa vez unha tradución so terías que poñer que traduces do artigo homónimo da Galipedia, no que á súa vez poñerías que o traduces de tal wiki.
En canto aos artigos que creas só me queda felicitarte e darche as grazas, creo que es o editor que fas os mellores e máis completos de toda a Galipedia, e a pesar disto, xa levas creados case 1300!! no comments. Por certo, que che parecería crear algún portal para completar os artigos que fas, por exemplo sobre a bioloxía, a química, a xenética ou a ciencia en xeral, ou que ti prefiras (aquí tés algunhas ideas). Se te decides a crealo podo axudarche eu co deseño. Saúdos. --JaviP96 19 de abril de 2013 ás 20:54 (UTC)[responder]
Alégrome de que xa o deras feito. No dos portais se é polo deseño non te preocupes, que o podo facer eu, cando esteas listo para meterlle contidos (artigos, fotos...) podes dicirmo e créocho. Por outra banda na túa páxina de usuario falas das linguas que sabes. Creo que é mellor que quites esa parte e poñas isto:
{{babel|gl|es|en-3|it-2|pt-2|fr-1}} ou
:<tr><td><center>'''Linguas que falo'''</center></td></tr>
<tr>
 <td>
{{User gl}}
{{User es}}
{{User en-3}}
{{User it-2}}
{{User pt-2}}
{{User fr-1}}
</td>
</table>
</center>
Mira a ver cal che gusta máis. Non sei cal cal é o dominio que tés de cada unha, pero pódesllo poñer ti, se non pos nada é que es falante nativo desa lingua, se pos -5 é que tes un coñecemento profesional da lingua, -4 é que tés un nivel preto ao dun falante nativo, -3 é un nivel avanzado, -2 intermedio, -1 básico e -0 que case non entendes nada. Saúdos. --JaviP96 20 de abril de 2013 ás 11:08 (UTC)[responder]

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:01 (UTC)[responder]

¿Patofisioloxía?[editar a fonte]

Boas tardes, Miguel. Sorprendeume a sección patofisioloxía cando eu sempre escoitei fisiopatoloxía. Son veterinario, non médico, pero para estes termos é indiferente. Busquei e nin no DRAG nin no VOLGA aparece patofisioloxía, pero si fisiopatoloxía; nós temos 7 páxinas coa forma patofisioloxía. Eu propoñoche que utilices fisiopatoloxía por máis común, por referencias (DRAG e VOLGA) e porque é a forma utilizada no Vocabulario de medicina (SNL da USC, 2008) e no Diccionario galego de termos médicos (Real Academia de Medicina, 2002). Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de abril de 2013 ás 17:13 (UTC)[responder]

Glicanos e glucanos[editar a fonte]

Mira o que me din aquí: http://boards1.melodysoft.com?ID=faladoiro&msg=1903. A ver se che pode valer. --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de abril de 2013 ás 08:30 (UTC)[responder]

Petición[editar a fonte]

Ola Miguelferig, poderías ampliar algún dos artigos que toda Wikipedia debería ter, xa que estes ofrecen un baremo da calidade da Galipedia, e sería importante melloralo. Actualmente é a 37 de todas as wikis, pero podemos subir. Saúdos! --JaviP96 29 de abril de 2013 ás 17:08 (UTC)[responder]

Ola de novo, en primeiro lugar, permíteme darche as grazas pola explicación, e con respecto á mensaxe, non te preocupes por non ampliar os artigos que non dominas ou de temas que non che interesan tanto, e a túa decisión. Co que dicías de que preferías non reestruturar as páxinas con bastante contido, sempre lle podes engadir outro apartado, e no caso de que despois de facelo necesite unha reestruturación, non teñas medo, se crees que é necesario faino.
No cambio do artigo bacterias, non sei porque se produciu ese erro, de todas formas xa avisei aos administradores.
Saúdos. --JaviP96 29 de abril de 2013 ás 22:29 (UTC)[responder]
Grazas polo traballo de ampliación que estás a facer, se te animas a ampliar algún máis, xa está a lista na Galipedia, ademais nesta páxina tés a lista co tamaño do artigo ao lado. Saúdos! --JaviP96 15 de maio de 2013 ás 21:19 (UTC)[responder]

Boas novas[editar a fonte]

Ola Miguelferig! infórmete que subimos 7 postos na clasificación, mira Wikipedia:A Taberna (novas)#Gran avance da Galipedia na medición da lista de artigos que toda Wikipedia debería ter. Moitas grazas polas grandes ampliacións que fixeches. Saúdos!! --JaviP96 4 de xuño de 2013 ás 20:17 (UTC)[responder]

Tradución do texto da imaxe do experimento de Miller e Urey[editar a fonte]

Boas, mira un cousa, vou traducir os textos da imaxe sobre o experimento de Miller e Urey e se tes un momento, podes revisar que os textos son correctos? En principio ía poñer:

  • Electrodes > eléctrodos
  • Electrical spark > Muxica eléctrica
  • Lighting > Luz
  • gases (primitive atmosphere) > gases (atmosfera primitiva)
  • Condenser > Condensador
  • Cold water > Auga fría
  • Cooled water > Auga arrefiada
  • containing organic compounds > contendo compostos orgánicos
  • Sampling probe > Sonda de ¿mostreo?
  • Trap > Sifón
  • Heat source > Fonte de calor
  • water(ocean) > Auga (océano)
  • Direction of water vapor circulation > Dirección da circulación do vapor de auga
  • to vacuum pump > a bomba de vacío

Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2013 ás 10:15 (UTC)[responder]

Moi ben, concordo coa túa revisión, moitas grazas. Sobre as imaxes en formato svg, eu cando atopo algunha e teño tempo, vounas traducindo, pero cando queras facer algunha en especial podes avisarme e fago a versión en galego encantado :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2013 ás 10:49 (UTC)[responder]
Listo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2013 ás 22:42 (UTC)[responder]

títulos topónimos[editar a fonte]

Ola, Miguel! Mirei a mensaxe que deixaches na conversa do artigo Suacilandia; o mes pasado modificáronse as normas de toponimia, e acordouse pór no título só o nome en galego.

Noutra orde de cousas, quería pedirche perdón porque moitas veces abres fíos de conversa ben interesante que son pouco respondidos, pero o certo é que en moitas ocasións non teño moita idea dos temas tratados, e se non contesto (e coma min outra xente) é por ignorancia, non porque non consideremos o asunto importante e interesante.

Un saúdo, e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de xuño de 2013 ás 18:24 (UTC)[responder]

Portal da Ópera[editar a fonte]

Boas Miguelferig!! Quixera informarte de que está a funcionar o Portal:Ópera, se queres podes participar nas votacións para a imaxe do mes, o artigo destacado ou o audio destacado, tanto votando as propostas que haxa como facendo ti mesmo algunha proposta. Tamén dicirche que se queres e ten un momentiño tes vía libre para engadir algunha nova no apartado de actualidade se te enteras de algo e non está na sección. Sei que o teu é máis a ciencia, mais se te animas a crear ou ampliar calquer artigo (agora mesmo eu estou con Tristan und Isolde, que se vai interpretar no LXI Festival de Ópera da Coruña, e se se te ocorre algo para melloralo será benvido) aquí me tes para calquer dúbida. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de xullo de 2013 ás 07:31 (UTC)[responder]

Non hai fallo, o que pretendía máis que nada era dar un pouco a coñecer o portal vendo que te gusta o tema e tentando atraer un pouco de interese ás votacións para que haxa algo de participación nas mesmas (tanto para votar como para propoñer). Sobre a participación non te preocupes, cada un facemos do que sabemos ou nos gusta máis, era máis que nada para que souberas que se algún día se che dá por meterte un pouco no tema podes consultar se o desexas e tentarei responderte na medida dos meus coñecementos. Un saúdo!! Piquito (conversa) 8 de xullo de 2013 ás 11:05 (UTC)[responder]

Ola Miguel.

Non sei se lembras que o artigo vaca foi candidato a artigo de calidade.

Nel aparece unha ligazón vermella en Vaca#Xenoma: secuenciación do xenoma ( [[Secuencia de ADN|secuenciación do xenoma]] ). O caso é que non sei se xa temos artigo na Galipedia, con outro nome, que resolva perfectamente esa ligazón, ou polo contrario falta o artigo e habería que facelo.

Podes botarlle un ollo? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2013 ás 09:41 (UTC)[responder]

Moitas grazas pola explicación. Ti fai o que che apeteza e poidas, cando che apeteza e poidas. O teu traballo é caralludo! Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2013 ás 11:02 (UTC)[responder]

Clasificación dos 1000 artigos[editar a fonte]

Boas Miguelferig!! Mudaron un artigo da lista dos 1000 artigos e anuro deixou a lista sendo sustituído por nematodos, mais non sei en que apartados metelo na nosa lista, o podes incluír ti na lista normal e de tamaños? O anuro xa o retirei eu da lista normal e quitei o marcador dun e o puxen no outro. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 4 de agosto de 2013 ás 15:31 (UTC)[responder]

Non sei, eu dese tema non sei nada de nada... Piquito (conversa) 4 de agosto de 2013 ás 15:56 (UTC)[responder]

Tristan und Isolde[editar a fonte]

Boas Miguelferig!! Estou rematando o artigo Tristan und Isolde, queda traducir un par de seccións de en.wiki e mirar se hai algo máis nesa wiki que non teñamos, poderíasme axudar un pouco co tema das traducións? Tamén preguntarche se tes algún disco coa ópera completa por se podes incluír unha estrutura como esta (non é preciso co título en galego), que é unha sección que temos en moitas óperas e estaría ben ter tamén nesta, e por se atoparas no libriño algo que puidera completar o artigo. Como a finais do mes que vén se vai interpretar na Coruña en versión de concerto, pensara en propoñelo para calidade pola gran relevancia da obra e para que se alguén antes (ou despois) de ir ao concerto miraba na wiki en castelán se pasara á nosa ao ver a estreliña, mais logo do que pasou coa lista de óperas desistín; se cres que pode ser de calidade agradeceríache que o propuxeras (se por min fora xa o proporía esta mesma tarde ou mañán, mais tal e como están as normas non podo) aínda que lóxicamente eu non o votarei. Unha aperta!! Piquito (conversa) 19 de agosto de 2013 ás 10:53 (UTC)[responder]

Vexamos pois o tema das traducións. Que entendes ti do que non está traducido desta frase: Non obstante, a primeira vez que se escoitou en público o Preludio e o seu acorde de Tristan inicial foi o 12 de marzo de 1859, cando foi interpretado na Sophieninselsaal de Praga, nun concerto benévico a favor dos estudantes de medicina pobres, dirixido por Hans von Bülow, who provided his own concert ending for the occasion. Wagner had authorised such an ending, but did not like what Bülow had done with it and later wrote his own.? Eu entendo que Hans incluíu a obra de Wagner, mais non estou seguro de todo, podería ter finalizado o concerto cunha obra propia. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 08:16 (UTC)[responder]

Coido que o mellor será prescindir desa información, non creo que ninguén a bote en falta e tampouco me parece de especial relevancia. O borro pois. Unha aperta e moitas grazas!!! Piquito (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 23:38 (UTC)[responder]

Xuntanza[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 08:52 (UTC)[responder]

RE:Imaxes da páxina virus[editar a fonte]

Boas, das imaxes de virus se atopas algún erro avísame que ó mellor meto o zoca. Sobre o Inkscape teño que dicir que eu non son un experto e só sei algunhas cousas básicas que fun aprendendo e outras que fun atopando por Internete. O que non entendo é iso que me contas de que a imaxe tiña un fondo negro e que non se podía modificar, creo que nunca me pasou iso, dime o ficheiro que cho fixo e miro a ver como me sae a min ou se lle vexo algo.

Para acceder ós textos dos gráficos svg depende de como estén insertados, pero isto coméntocho tal e como o aprendín pola miña experiencia non polo que eu saiba de uso do programa: resulta que hai textos que ó seleccionalos (coa ferramenta Select and transform objects, a primeira da barra) poden editarse pulsando no menú Text>Text and Font (Se premes dúas veces sobre un texto destes podes editalo xa directamente sen que saia a ventana). Con iso sae unha pantalla na que se pode cambiar o tipo, tamaño, etc na primeira pestana, e na segunda edítase o contido. Logo hai outros textos que non se poden editar deste xeito nin coa ferramenta de editar texto, debe ser porque as letras están desagrupadas ou que se ¿puxeron as letras de forma independente? e neses casos o que fago é borrar o texto e voltar a engadilo. Creo que me liei demasiado, coma sempre, pero se tes algunha dúbida coméntame e tento votarche unha man. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2013 ás 00:54 (UTC)[responder]

Eu teño o Inkscape en Windows. Acabo de probar a imaxe que me dixeches da proteína e a min non me pasa o que dis, se pincho sobre un texto coa ferramenta de "Seleccionar e transformar obxectos" éste queda seleccionado e nada máis. O que si pasa con esta imaxe é que os textos non se poden editar coa ferramenta de texto nin pulsando sobre eles, a única forma que teño de traducilos é borralos e engadir textos novos. E non teño ningún problema para cambiar de sitio os elementos da imaxe, sen ter que facer nada previamente. O único que se me ocorre é que teñas algún problema coa instalación ou quizais da configuración que instalaches pero paréceme raro, non sei o que poderá pasar. Non me lembro que tivera que facer nada especial para instalar o programa.
Manuais de Inkscape hai a centos, se atopas un que sexa sinxelo e explique as cousas paso a paso avisa que ó mellor tamén me interesa a min :). Se precisas calquera cousa non te cortes e déixame unha nota na conversa :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2013 ás 22:22 (UTC)[responder]

Pregunta sobre o artigo virus[editar a fonte]

Mira unha dúbida que teño no artigo. No apartado 7.4 Mecanismos de defensa do hóspede di: O VIH evita o sistema inmunitario ao cambiar continuamente a secuencia das proteínas da superficie do virión e por permanecer un tempo integrado no cromosoma. A segunda parte da frase é coa que teño dúbidas. Non controlo no tema e non atopei ese contido nin na versión en inglés, nin castelán nin catalán nin na referencia do artigo, cando teñas un momento, podes revisala? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2013 ás 16:41 (UTC)[responder]

Moi ben, imaxinaba que estaría ben aínda que me sonaba raro, pero como non sei moito do tema e non o atopaba prefería que mo confirmaras. Si penso que algunha desas referencias estaría ben que se achegara a esa parte porque aínda que a información esté no artigo do VIH cada artigo é independente e ten que conter as referencias dos datos que mostra. Penso que a cita máis directa para ese engadido é a cuarta: "In the latent state, the virus persists simply as information (in the form of 10 kb of integrated HIV-1 DNA), and it is thus unaffected by antiretroviral drugs or immune responses.", non? . Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2013 ás 08:35 (UTC)[responder]
Moitas grazas :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2013 ás 10:38 (UTC)[responder]

Problemas de edición no artigo SIDA[editar a fonte]

Boas Miguel, quería saber se cando editas o artigo SIDA tes algún problema ó gardar os cambios ou se che vai correctamente. É que a min as todas as edicións que fixen déronme erro de que se rematara o tempo de resposta da páxina aínda que ó revisar o artigo e o historial sempre se gardaron os meus cambios... Só quería saber se é algún problema do meu equipo ou se é un problema do artigo e lle pasa a todo o mundo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2013 ás 01:34 (UTC)[responder]

Preguntei por isto pero aínda non me deron ningunha solución, seguirei buscando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:17 (UTC)[responder]

Xuntanza o sábado día 30[editar a fonte]

Despois de moitas voltas, perdón pola parte que me toca a este respecto, parece que este vindeiro sábado día 30 vai ser cando se faga a xuntanza. Pasa pola conversa da taberna e vota pola cidade na que queres que nos xuntemos. Tamén podes propor co teu voto unha hora de quedada e así imos perfilando os detalles. A ver se nos vemos o sábado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:17 (UTC)[responder]

Fixen un pequeno resumo da reunión na conversa da taberna, amaña ou comenta o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:40 (UTC)[responder]

Derivada de...[editar a fonte]

Perdón, non entendera a pregunta.

A cousa é que empregaches o Commons:Template:Derived from que penso que só vale para cando a imaxe é derivada doutra imaxe de Wikimedia Commons.

Como neste caso a imaxe orixinal non é de Wikimedia Commons senón da Wikipedia en inglés penso que é mellor que prescindas dese modelo e simplemente o expreses indicándoo a man, así. --. HombreDHojalata.conversa 29 de novembro de 2013 ás 19:11 (UTC)[responder]

Proposta nova[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:00 (UTC)[responder]

Re:Imaxe Reacción de Edman-gl.jpg[editar a fonte]

Os ficheiros poden cargarse en Wikimedia Commons ou na Galipedia. A diferencia é que se cargan en Wikimedia Commons están dispoñibles para tódolos proxectos (Wikipedia en galego, en inglés, en castelán... en xaponés e os outros proxectos, inclusive os outros proxectos en galego, Galicitas, Galifontes, Galicionario, Galilibros ....) e os ficheiros cargados na Galipedia unicamente están accesibles para a Wikipedia en Galego.

Facer unha cousa ou a outra é unha elección persoal.

Polo que dis, penso que o que che pasou é que, sen coñecer a diferenza, cargaches o ficheiro na Galipedia, non en Wikimedia Commons. O resultado no artigo Péptido é exactamente o mesmo, porén, como expliquei antes, o ficheiro so está dispoñible neste proxecto, de tódolos da Fundación Wikimedia.

O único que che falta é completar a caixa de datos de Ficheiro:Reacción de Edman-gl.jpg.

Un saúdo e boa saída e entrada de ano. --. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2013 ás 16:55 (UTC)[responder]