Conversa usuario:Chairego apc
Arquivos
|
Chairebot
[editar a fonte]Ola, Chairego! Como vai?
Veño de lle dar os botóns de bot á conta de Chairebot. Moitas grazas pola súa creación!
Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de xullo de 2020 ás 16:19 (UTC)
Conversa usuario:Keltian666
[editar a fonte]Boas, o artigo Conversa usuario:Keltian666, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Keltian666 (conversa) 27 de xullo de 2020 ás 19:15 (UTC)
Supresión de Coral (animal)
[editar a fonte]Ola Chairego. Considero que esta páxina debería suprimirse, xa que existe outra, máis extensa e actualizada, Antozoos (ou, en todo caso, refundirse con aquela). Por outra parte, de facerse isto, habería que modificar as ligazóns Coral (animal). Ademais, segundo o Dicionario da RAG, o "único" coral animal é a especie Corallium rubrum.[1] (Artigo que estou a editar).--XoioÉche o que hai 22 de agosto de 2020 ás 19:15 (UTC)
Nota
[editar a fonte]Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro
[editar a fonte]Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.
We sent you an e-mail
[editar a fonte]Hello Chairego apc,
Really sorry for the inconvenience. This is a gentle note to request that you check your email. We sent you a message titled "The Community Insights survey is coming!". If you have questions, email surveys@wikimedia.org.
You can see my explanation here.
MediaWiki message delivery (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)
Axuda
[editar a fonte]Con amabilidade, poderías axudarme a mellorar o artigo Selo (maxia)? O artigo talismán xa foi mellorado. Eduardo Pazos (conversa) 8 de novembro de 2020 ás 23:12 (UTC)
Suxtaposto
[editar a fonte]Bo día intentei facer unha entrada do termo suxtaposto para poder facer unha ligazón ao significado do termo desde un artigo dun blog e non ter que facelo ao termo castelán yuxtapuesto que si figura na wiki en castelán. Vin que borrou a entrada indicando a falta de valor enciclopédico da entrada. Sería posible unha entrada para este termo? grazas. Lansbricae
Mao / Malo
[editar a fonte]Son sinónimos. https://academia.gal/dicionario/-/termo/Malo Lles (conversa) 24 de decembro de 2020 ás 14:47 (UTC)
Lugares en Wikidata
[editar a fonte]Boas. Vin que estás a crear lugares na Galipedia. Moitas grazas polo teu traballo! Cando ligues/crees o elemento en Wikidata sería recomendable que incluíses, polo menos, os seguintes datos de cada vez. Aínda non están moi parametrizadas en wikidata todas as afirmacións para facer o elemento o máis completo posible, polo que, de cara o futuro, é importante incluír estes datos para permitir a súa recuperación en consultas de cara a esta mellora. Non son moitos datos, leva un minutiño máis de cada vez e facilitará moitísimo o traballo futuro:
- Etiqueta: nome (sen as comas da Galipedia. Xa o estabas a facer)
- Descrición: "lugar da parroquia de X no concello de Y (tamén o estabas a facer)
P31/é unha instancia de: Por defecto sáeche asentamento, polo que podes mantelo (é un tema en discusión dentro do modelado de xeografía política deste tipo)
- Moi importante para recuperar no futuro repetir a P31 con "lugar de Galicia" xa que é un subtipo de división administrativa que nos é propia.
- P131/ situado na entidade administrativa: é moi importante poñer aquí a parroquia correspondente, xa que a xerarquía concello>parroquia>lugar aparece no Nomenclátor de Galicia e de non incluirse esta afirmación virá un bot que a encherá con concello, desfacendo este sistema xerárquico propio.
- É obrigatorio para as divisións administrativas / xeografía política incluír o país, neste caso España, Q29
Con todo eu, segundo me entero da creación de novos lugares paso a revisalos incluíndo estes datos. Graciñas de novo polo traballo. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 17 de febreiro de 2021 ás 10:17 (UTC)
- Graciñas a ti! Xa vin as últimas, xenial! .-- Maria zaos (conversa) 17 de febreiro de 2021 ás 21:40 (UTC)
Categorías e interwikis
[editar a fonte]Boas Chairego! Vin que puxeches o indicador de que a Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Tampere non ten interwikis. É certo que non adoito poñer os interwikis nas categorías, sei que é bo que os teñan pero non sei por que non o Fago (tentarei facelo)... con todo, o certo é que esa categoría só existe na Galipedia, polo que non sei se o marcador procede, de feito se miras na Wikipedia en finés fi:Luokka:Tamperelaiset urheiluseurat (que viría sendo "equipos deportivos de Tampere") podes ver que non hai categorías para modalidades como na nosa Wikipedia. O certo é que non sei como hai que facer nestes casos, se deixar ou non o marcador... déixoo ao teu criterio que controlas máis disto. Unha aperta, Piquito (conversa) 19 de marzo de 2021 ás 20:27 (UTC)
- O mesmo aplica para a Categoría:Ilves Naiset. Un saúdo! Piquito (conversa) 19 de marzo de 2021 ás 21:04 (UTC)
- Boas de novo. Temos o mesmo problema coa Categoría:Cidades de Satakunta (seguramente tamén pase o mesmo con outras rexións), mirei inicialmente na Wikipedia en lingua finesa e a única categoría que teñen é para municípios ("kunnat") sen diferenciar as cidades ("kaupungit") noutras categorías. Logo revisei as Wikipedias en inglés, francés, alemán, castelán, portugués e sueco e tampouco fan esa distinción que facemos aquí entre os municipios que teñen rango de cidade e os que non. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de marzo de 2021 ás 19:32 (UTC)
Borrado
[editar a fonte]Boas Chairego! Podes borrar a páxina Rogelio Groba para poder mover o artigo do compositor? Non puiden mover a homónimos sen deixar redirección. Graciñas, Piquito (conversa) 24 de abril de 2021 ás 19:40 (UTC)
Daler Mehndi
[editar a fonte]Boas, o artigo Daler Mehndi, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 30 de xuño de 2021 ás 07:43 (UTC)
Justin Timberlake
[editar a fonte]Boas, o artigo Justin Timberlake, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 22 de xullo de 2021 ás 21:21 (UTC)
Murchisonella curvistriata
[editar a fonte]Moitas grazas, Chairego, polo teu agradecemento pola creación do artigo Murchisonella curvistriata. Nestes días ando a incluír todas as achegas do noso compatriota Emilio Rolán ao xénero Murchisonella, que ben o merece, e que só aparecen na wiki en cebuano. Como non coñezo a este autor, nin sei como comunicarme con el para poder facer os artigos máis amplos, teño que recorrer aos datos que apaño no google. Unha cordial aperta. --XoioÉche o que hai 25 de agosto de 2021 ás 16:23 (UTC)
Un borrador
[editar a fonte]Ola, estou a facer un borrador no meu taller de usuario, gustaríame aprender a como redactar artigos enciclopédicos, gustaríame poder crear un artigo sobre Diego Durán Solís
É coñecido por crear videos para YouTube vocaloids muscais, gameplays, entre outros, encantaríame tomar algunhas ideas doutros artigos, por exemplo, Germán Garmendia, un saúdo!.--Lomeno 24 (Póñase en contacto comigo aquí | Coñecidos) 8 de setembro de 2021 ás 06:03 (UTC)
Esquecín crear unha sección
Axuda cunha caixa
[editar a fonte]Boas Chairego apc. Teño un problema no artigo de Jarmo Wasama, xa que na caixa de información de futbolista que hai na sección "Inicios e carreira futbolística" aparece que naceu en Kouvola a pesar de que eu puxen na mesma que naceu en Elimäki (actualmente fusionado, xunto con outros municipios, na cidade de Kouvola). Poderías ver que pasa? Graciosa, Piquito (conversa) 1 de novembro de 2021 ás 10:25 (UTC)
- Boas, Piquito. Acabo de botarlle unha ollada e non sei a que se pode deber. Síntoo. Chairego apc (conversa) 1 de novembro de 2021 ás 10:33 (UTC)
- Ok, grazas de todos xeitos. Piquito (conversa) 1 de novembro de 2021 ás 10:45 (UTC)
Deliñar / Delinear
[editar a fonte]Boas, vin que estás corrixindo "delinear" https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/deli%C3%B1ar por "deliñar" https://academia.gal/dicionario/-/termo/delinear. Teño dúbidas con ela, creo que non é correcta. Lles (conversa) 8 de novembro de 2021 ás 08:16 (UTC)
- Ola, Lles. Moitas grazas por esta precisión que non tiven en conta. Vou revisar os cambios que fixen. Saúdos. Chairego apc (conversa) 8 de novembro de 2021 ás 12:49 (UTC)
How we will see unregistered users
[editar a fonte]Hi!
You get this message because you are an admin on a Wikimedia wiki.
When someone edits a Wikimedia wiki without being logged in today, we show their IP address. As you may already know, we will not be able to do this in the future. This is a decision by the Wikimedia Foundation Legal department, because norms and regulations for privacy online have changed.
Instead of the IP we will show a masked identity. You as an admin will still be able to access the IP. There will also be a new user right for those who need to see the full IPs of unregistered users to fight vandalism, harassment and spam without being admins. Patrollers will also see part of the IP even without this user right. We are also working on better tools to help.
If you have not seen it before, you can read more on Meta. If you want to make sure you don’t miss technical changes on the Wikimedia wikis, you can subscribe to the weekly technical newsletter.
We have two suggested ways this identity could work. We would appreciate your feedback on which way you think would work best for you and your wiki, now and in the future. You can let us know on the talk page. You can write in your language. The suggestions were posted in October and we will decide after 17 January.
Thank you. /Johan (WMF)
4 de xaneiro de 2022 ás 18:15 (UTC)
Euphoria (serie de televisión)
[editar a fonte]Boas, o artigo Euphoria (serie de televisión), que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 6 de febreiro de 2022 ás 20:21 (UTC)
Boas Chairegoapc! Mirei un pouco o Instagram da Galipedia, creo que é unha boa idea, o que non teño moi claro é como podo axudar. Non sei moi ben como queres xestionar a conta (regularidade -entendo que na medida do posible diaria e mesmo con varias publicacións cada día se é posible-, tipo de contidos, retos a seguidoras e seguidores...), se podes desenvolver algo máis a idea, como podo axudar, e como sería para ti o mellor xeito de comunicarnos e xestionar as publicacións e os contidos para facer da conta algo interesante e variado. Recoñezo que non son un experto en Instagram (en RRSS en xeral, a verdade) pero teño quen me ensine e seguro que podo aprender cousas de ti se finalmente colaboramos xuntos nisto. Dime se prefires seguir falando por este medio ou prefires outras canles. Un saúdo! Piquito (conversa) 9 de marzo de 2022 ás 12:59 (UTC)
- Hai cousas que están moi ben, como o das preguntas, na miña opinión é divertido e pode enganchar à xente. Creo que tirar polas efemérides como comezaches a facer está moi ben, mais si que penso que ese traballo debe facerse a diario (sei que non tes tempo, non é ningunha pulla) ou do contrario tirar por un camiño máis asequible para unha persoa soa, como ir poñendo algunha imaxe destacada que poida estar de actualidade (boeno, ultimamente a actualidade tampouco é moi variada… pero o que puxeches do nome de Kíiv era interesante) ou que xustamente ese día apareza na portada e acompañala dun texto no que se fale das imaxes da portada, por poñer un exemplo. O das fotos de parroquias está moi ben porque pode axudar a mellorar a Galipedia e a que a xente se enganche a tirar fotos, e quen sabe se despois a editar, o único problema que lle vexo é que estatisticamente a maior parte da xente que siga a conta vai ser das provincias da Coruña e Pontevedra (que están completas) e para que axuden a completalas teñen que ir a elas se é que non teñen familia nelas, e esa opción é complicada, polo que quizais diversificaría isto con, por exemplo, equipos deportivos: seguramente alguén que siga a conta algunha vez irá ver un partido de algo e pode tirar unhas fotos, de feito poderíase propoñer á xente que segue a conta que se vai á Golden Cup da Coruña suba fotos (van estar 12 dos mellores equipos de Europa e poderíanse ilustrar 12 artigos, eu non estarei); outras opcións para isto é a xente que vai de vacacións ou os que vivimos noutros os lugares, pode propoñerse de distintos xeitos (pero eu non o proporía todo de vez, que así pensó que a xente pode “petar”). Na miña opinión está moi ben que haxa moitos contidos galegos, pero tamén creo que pode ser moi positivo que a xente vexa que hai contidos diversos dun moi alto nivel. Espero ter sido de axuda, polo momento iso é todo, se leo a mensaxe de novo e se me ocorre algo xa cho poño, non tomes a mal algo que puidera dicir e que tiñas en mente, realmente é complicado valorar o Instagram nesta data, xa que acaba de comezar e loxicamente, con cinco días, non pode ter moito contido para valorar. De novo agradecerte e felicitarte pola iniciativa. Unha aperta, Piquito (conversa) 10 de marzo de 2022 ás 23:04 (UTC)
- Boas de novo con este tema. Ocorréuseme que, xa que na conta de Instagram se lle dá visibilidade e se promocionan os artigos de calidade, podíase facer un post cando se escolla un novo artigo de calidade ou bo cunha imaxe do artigo e unha breve descrición e ligalo ao artigo na Galipedia, deste xeito a xente pode estar ao día dos artigos que se van mellorando e ver o nivel da Galipedia lendo os artigos que se vaian elixindo. Saúdos! Piquito (conversa) 16 de abril de 2022 ás 12:43 (UTC)
Borrar Redirección
[editar a fonte]Boas Chairegoapc. Poderías borrar a redirección Afonso VII: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Afonso_VII&redirect=no
Quero facer dela o nome principal do artigo e que Afonso VII de León sexa unha redirección. Paréceme máis "neutral" debido as discrepancias historiográficas que xa coñeceras. Saúdos - Cossue (conversa) 16 de abril de 2022 ás 07:44 (UTC)
- Cambio feito! Afonso VII de León xa redirecciona a Afonso VII. Saúdos! Chairego apc (conversa) 20 de abril de 2022 ás 11:32 (UTC)
Avaliación Wikiproxecto mulleres
[editar a fonte]Boas! Veño para agradecerche as actualizacións das estatísticas do Wikiproxecto mulleres que vés facendo. Graciñas! Eu tentei nos últimos meses acceder a ferramenta de Humaniki, pero sempre me daba erro. Preguntábame se che pasara a ti tamén, porque pensei que podería ser a configuración restritiva do meu navegador (pásame cos rexistros do portal PARES, que por un problema de caducidade do certificado da web non me é posible abrir coa configuración do navegador actual). Foi así? tamén ti tiveches problemas de acceso? Eu entrei hoxe en Humaniki e xa non tiven problema. Xa me contas. Apertas.--Maria zaos (conversa) 24 de abril de 2022 ás 14:36 (UTC)
- Ola! Si, eu tamén tiven problemas durante unha boa tempada. Parece que xa o solucionaron e agora funciona correctamente. Moitas grazas! Apertas. Chairego apc (conversa) 25 de abril de 2022 ás 13:45 (UTC)
Fusión artigos
[editar a fonte]Boas de novo Chairego. Quería fusionar os artigos Lista de dolmens e mámoas de Galicia e lista de megálitos de Galicia, para o cal xa mudei a información dun para o outro. O caso é que eu prefería que o nome do artigo fose Lista de megalitos e a info esta en lista de dolmens. Habería que borrar lista de megálitos e mover lista de dolmens a ese nome, ficando este último como redirección. Poderías facelo ti? Obri :-) - Cossue (conversa) 7 de maio de 2022 ás 07:32 (UTC)
- Ola, Cossue. Para poder facer a fusión de artigos, primeiro tes que copiar todo o contido que falta do artigo co nome incorrecto no artigo elixido. Unha vez que acabes, copia todo o contido do artigo destino no artigo que será fusionado (e que despois se converterá nunha mera redirección). Cando estea listo avísame para poder facer a fusión (este paso só o pode facer un administrador). Moitas grazas e un saúdo. Chairego apc (conversa) 9 de maio de 2022 ás 12:00 (UTC)
- Pois penso que xa estaría. Xa se pode redireccionar lista de dolméns sobre megálitos. Saúdos e grazas- Cossue (conversa) 13 de maio de 2022 ás 21:32 (UTC)
- Fusión feita!! Sinto a tardanza, pero estiven desconectado durante varios días. Saúdos e unha aperta! Chairego apc (conversa) 28 de maio de 2022 ás 18:41 (UTC)
- Pois penso que xa estaría. Xa se pode redireccionar lista de dolméns sobre megálitos. Saúdos e grazas- Cossue (conversa) 13 de maio de 2022 ás 21:32 (UTC)
Votación sobre Estevo
[editar a fonte]Ola, Chairego. Veño de pecha-la votación que ti propuxeras sobre volver a nomear a Adrián como administrador. Porén, eu non sei que hai que facer agora (como se lle "outorgan os botóns"). Actívasllos, cando poidas? Saúdos.--MAGHOI (conversa) 13 de maio de 2022 ás 09:47 (UTC)
- Ola, MAGHOI. Sinto non contestarche até hoxe. Estiven moi desconectado durante estes días. Xa vin que se amañou o tema dos botóns para Estevo. Moitas grazas pola túa preocupación. Saúdos. Chairego apc (conversa) 28 de maio de 2022 ás 17:44 (UTC)
Referencias no artigo do IES Perdouro
[editar a fonte]Bos días, Chairego apc.
O 20 de outubro de 2016 puxeches unha plantilla de "sen referencias" no artigo do IES Perdouro. Acabo de engadir 9 referencias, pero aínda que quedan por poñer algunhas máis, penso que xa pode retirarse esa plantilla. Aínda así, quixera avisarte con antelación antes de retirar nada. Un saúdo.--Drow male (conversa) 17 de maio de 2022 ás 10:20 (UTC)
- Boas! Modelo retirado. Grazas polo aviso. Chairego apc (conversa) 17 de maio de 2022 ás 21:01 (UTC)
- Grazas a ti.--Drow male (conversa) 17 de maio de 2022 ás 21:37 (UTC)
Frase
[editar a fonte]Grazas, @Chairego apc, por ensinarme esa... frase, frase feita? (Sen nabo non hai nabiza e sen galego non hai Galiza) En fin, nunca te acostarás sen saber unha cousa máis. Gaescribe (conversa) 25 de xuño de 2022 ás 13:32 (UTC)
- Alégrome de que che guste, haha. Saúdos!! Chairego apc (conversa) 26 de xuño de 2022 ás 11:33 (UTC)
Antioquía
[editar a fonte]Ola, Chairego. Está mal ligada Antioquía con Antioquía do Orontes? Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 13 de xullo de 2022 ás 09:11 (UTC)
- Ola! Son dous artigos diferentes. Antioquía fai referencia á cidade actual e Antioquía do Orontes á antiga. Teñen elementos diferenciados en Wikidata, por iso desfixen a edición. Antioquía do Orontes non debería redirixir a Antioquía. Cómpre crear o seu propio artigo. Saúdos. Chairego apc (conversa) 13 de xullo de 2022 ás 11:45 (UTC)
- Ok. Grazas. Cando teña un anaquiño, póñome con iso. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 14 de xullo de 2022 ás 07:46 (UTC)
Thomas Becket
[editar a fonte]Boas, o artigo Thomas Becket, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 1 de novembro de 2022 ás 18:33 (UTC)
Borrado
[editar a fonte]Ola Chairego apc! Vin que hai uns días borraches unha subpáxina de usuario miña, concretamente Usuario:Piquito/Nome de Mozart. Gustaríame saber o motivo, xa que o que se expón no historial non me cadra co borrado. A páxina foi creada hai tempo por Banjo a petición miña porque el borrara a tradución do artigo que eu non finalizara pero que tiña información que non aparecía no artigo en inglés. Poderías explicarme os motivos do borrado ou recuperar a subpáxina? Graciñas, Piquito (conversa) 23 de decembro de 2022 ás 13:02 (UTC)
- Boas Piquito. Esta páxina levaba co marcador de "Non galego" dende o 23 de marzo de 2021 (as páxinas con este marcador deberían ser borradas nun prazo de 30 días). Ademais, as subpáxinas sen uso ou que xa cumpriron a súa función deberían ser eliminadas cada certo tempo. Pero non hai problema, acabo de restaurar a páxina sen máis complicación. Perdoa a confusión e a seguir. Un saúdo. Chairego apc (conversa) 23 de decembro de 2022 ás 13:19 (UTC)
Puigdemont
[editar a fonte]Boas @Chairego apc. Es ti quen leva a conta de instagram da galipedia, non si?. Comentocho porque vin hai uns días unha resposta dun wikipedista catalán sobre o bot que sube as visitas do artigo de Puigdemont (máis info aqui -> https://phabricator.wikimedia.org/T263908). Este usuario ten a conta restrinxida, ti podes enviarlle unha mensaxe a ver se te indica como solucionaron o tema alí?. Saúdo - Cossue (conversa) 21 de xaneiro de 2023 ás 09:31 (UTC)
- Boas @Cossue. Si, son eu quen leva a conta de instagram. O que indica o wikipedista catalán é que cómpre filtrar as visitas do artigo de Puigdemont. Na súa wiki só teñen en conta as lecturas de dispositivos móbiles para saber as visitas reais dese artigo en cuestión. Apertas. Chairego apc (conversa) 21 de xaneiro de 2023 ás 13:58 (UTC)
- E quen pode facer iso? - Cossue (conversa) 21 de xaneiro de 2023 ás 15:05 (UTC)
- Calquera usuario pode filtrar as visitas. É unha opción que que vén predefinida. Nun artigo que queiras vai a Ver o historial - Número de visitas - Plataforma - Aplicación móbil.
- Saúdos. Chairego apc (conversa) 21 de xaneiro de 2023 ás 16:37 (UTC)
- A pregunta era que quen pode facer que nesta páxina as estatísticas só conten as visitas desde unha aplicación móbil e non as outras. É o método que usaron cataláns e vascos para solucionar o erro nas súas wikis. Non preguntaba como podo facelo eu individualmente. Saúdos - Cossue (conversa) 21 de xaneiro de 2023 ás 18:31 (UTC)
- Polo que estou vendo, tanto a wiki en éuscaro como en catalán seguen a recibir actualmente máis de mil visitas diarias nos seus artigos de Puigdemont. Na ligazón que me pasaches dá a impresión de que aínda é un asunto sen resolver que afecta a todas as wikis. O usuario da wiki catalá ao que te referías é @Xavier Dengra (se cadra el che pode axudar coas túas dúbidas mellor ca min). Apertas. Chairego apc (conversa) 21 de xaneiro de 2023 ás 18:47 (UTC)
- Bom día. Grazas pola notificación. Perdóname por non expresarme en galego (non o falo); farei en catalán mellor que con tradutor:
- Aquest és un tema molt recurrent que com a Viquipèdia en català ens ha impedit des del 2018 de publicar els articles més llegits de l'any. Sembla que hi ha uns bots aranya que repliquen massivament les visites a moltes viquipèdies (fins i tot les que tenen parlants fora de l'Estat espanyol). És un tema que està traslladat a Phabricator però no resolt. A l'eina de LabTools van afegir l'opció de filtrar falsos positius, però evidentment això significaria que ens podrien acusar de "manipulació" o de "cuinar" les dades.
- La manera més realista de veure que no són visites reals és que quan seleccioneu visites totals i % mòbil, els falsos positius com els de Puigdemont o Manuel de Pedrolo són només d'1-5%, que és pràcticament impossible tenint en compte que els accessos via mòbil habituals són un 40-80%. Podeu llegir més info en aquest fil de la Taverna de la Viquipèdia en català, en què vam filtrar una anàlisi més detallada però no hi ha hagut consens en què sigui bona idea fer públics els resultats. Salut! Xavier Dengra (conversa) 22 de xaneiro de 2023 ás 11:17 (UTC)
- moltes gràcies per la informació, Xavier. Una abraçada. Chairego apc (conversa) 22 de xaneiro de 2023 ás 21:12 (UTC)
- Polo que estou vendo, tanto a wiki en éuscaro como en catalán seguen a recibir actualmente máis de mil visitas diarias nos seus artigos de Puigdemont. Na ligazón que me pasaches dá a impresión de que aínda é un asunto sen resolver que afecta a todas as wikis. O usuario da wiki catalá ao que te referías é @Xavier Dengra (se cadra el che pode axudar coas túas dúbidas mellor ca min). Apertas. Chairego apc (conversa) 21 de xaneiro de 2023 ás 18:47 (UTC)
- A pregunta era que quen pode facer que nesta páxina as estatísticas só conten as visitas desde unha aplicación móbil e non as outras. É o método que usaron cataláns e vascos para solucionar o erro nas súas wikis. Non preguntaba como podo facelo eu individualmente. Saúdos - Cossue (conversa) 21 de xaneiro de 2023 ás 18:31 (UTC)
- E quen pode facer iso? - Cossue (conversa) 21 de xaneiro de 2023 ás 15:05 (UTC)
Cristina Olea
[editar a fonte]Boas, o artigo Cristina Olea, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 1 de febreiro de 2023 ás 19:53 (UTC)
- Boas, @MAGHOI. Si, aínda non acabei de traballar nel. Saúdos. Chairego apc (conversa) 1 de febreiro de 2023 ás 19:55 (UTC)
imaxes
[editar a fonte]Ola!
Que guai o das imaxes de Xinzo de Limia! Xa quedan menos parroquias por liquidar, a ver se axiña rematamos. Estiven creando en Commons as categorías correspondentes para as parroquias, enlazándoas cos elementos de Wikidata. Porfi, podes engadir as coordenadas dos lugares onde as tomaches? Sei que é un pouco enredo, pero é moi útil para a ferramenta WikiShootMe e para concretar información, para crear elementos de igrexas e capelas, ou para localizar fotos máis xenéricas. por exemplo: Ficheiro:Chamosiños, Trasmiras.jpg é na propia aldea de Chamosiños, ou noutra desa mesma parroquia? Un saúdo, e graciñas! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de febreiro de 2023 ás 23:48 (UTC)
- Boas! Acabo de entrar en WikishootMe e vexo que as fotos xa aparecen no mapa. Non sei moi ben como engadir as coordenadas nin onde. Con respecto á foto de Chamosiños, non estou certo ao 100%, pero creo que se refire ao lugar de Santa Baia de Chamosiños. Apertas. Chairego apc (conversa) 21 de febreiro de 2023 ás 10:05 (UTC)
- En WikiShootMe aparecen só as imaxes que están incluídas nalgún elemento de Wikidata con coordenadas. Por exemplo, agora Moreiras, Xinzo de Limia aparece en verde porque engadín unha imaxe no seu Q, pero a foto non ten coordenadas, e en WikiShootMe non aparecen (deberían saír puntiños azuis) o resto de fotos da parroquia. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de febreiro de 2023 ás 07:58 (UTC)
- O que non me queda claro é como engadir as coordenadas á foto. Se puideras axudar neste sentido. Grazas. Chairego apc (conversa) 22 de febreiro de 2023 ás 10:17 (UTC)
- En WikiShootMe aparecen só as imaxes que están incluídas nalgún elemento de Wikidata con coordenadas. Por exemplo, agora Moreiras, Xinzo de Limia aparece en verde porque engadín unha imaxe no seu Q, pero a foto non ten coordenadas, e en WikiShootMe non aparecen (deberían saír puntiños azuis) o resto de fotos da parroquia. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de febreiro de 2023 ás 07:58 (UTC)
- No asistente de cargas de Commons xa aparece unha sección para incluír as coordenadas, e desde a aplicación do móbil tamén che deixa esa opción (de feito se a foto está tomada co móbil coa localización activada, xa sobe as coordenadas de forma automática). Se non, sempre podes engadir o modelo {{Location|latitude|lonxitude}}, como podes ver en File:Follateiros en Xendive (Torno, Lobios) - capela de San Xoán 3.jpg. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de febreiro de 2023 ás 10:28 (UTC)
Peche de votacións
[editar a fonte]Boas Chairego apc ! Cando peches unha votación lembra revisar ben os períodos de votación á hora de facer o reconto dos votos por se algún foi emitido logo de finalizar o período de votación. O digo porque na votación para calidade do artigo do itinerario de Exeria contabilizaches o voto de Cossue, que foi emitido máis dunha semana despois de que finalizara o período de votación. Creo ademais que, aínda que a votación se peche días despois de que o período finalice, na caixa de resumo debería poñerse a data de finalización e non de peche da votación. Un saúdo! Piquito (conversa) 25 de marzo de 2023 ás 14:40 (UTC)
- Tereino en conta. Grazas! Chairego apc (conversa) 26 de marzo de 2023 ás 19:41 (UTC)
Interwikis
[editar a fonte]Boas Chairego! Retirei o marcador de "sen interwikis" que engadiches no artigo da Naisten Liiga 2018-2019, xa que se ben é certo que non ten interwikis, isto débese a que o artigo só está na Galipedia, polo que non hai nada ao que ligalo. Graciñas! Piquito (conversa) 22 de xullo de 2023 ás 22:45 (UTC)
Invitation to Rejoin the Healthcare Translation Task Force
[editar a fonte]You have been a medical translators within Wikipedia. We have recently relaunched our efforts and invite you to join the new process. Let me know if you have questions. Best Doc James (talk · contribs · email) 12:34, 2 August 2023 (UTC)
Mandawuy Yunupingu
[editar a fonte]Boas, o artigo Mandawuy Yunupingu, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 7 de agosto de 2023 ás 21:12 (UTC)
- Feito! Grazas polo aviso. Chairego apc (conversa) 11 de agosto de 2023 ás 14:04 (UTC)
Cima de Ribeira, Cima de Ribeira, Xinzo de Limia
[editar a fonte]Boas, o artigo Cima de Ribeira, Cima de Ribeira, Xinzo de Limia, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 12 de agosto de 2023 ás 12:37 (UTC)
- Boas, premei en opción artigo curto en lugar de purgar caché, que estaba á beira, desculpa. Non é curto de máis, é que é un lugar Maria zaos (conversa) 12 de agosto de 2023 ás 12:40 (UTC)
- Nada que desculpar! Parabéns polo teu traballo. Chairego apc (conversa) 29 de agosto de 2023 ás 13:38 (UTC)
Principado de Asturias
[editar a fonte]Ola, @Chairego apc. Grazas por categorizar Principado de Asturias. Eu empecei pero o estaba facendo manualmente e xa estaba negro por todo o mogollón que me aparecía. Agora, vin que o fixeches co trebello Cat-a-Lot. Mirarei de vagar a ver de que vai o chisme porque o que trae a páxina de documentación non o vexo moi claro. Saúdos. MAGHOI (conversa) 9 de outubro de 2023 ás 19:24 (UTC)
- Non hai que dalas. Voulle dar agora a ver se acabo de mover as categorías. Saúdos. Chairego apc (conversa) 10 de outubro de 2023 ás 19:15 (UTC)
Alcóntar
[editar a fonte]Boas, o artigo Alcóntar, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 20 de xaneiro de 2024 ás 00:05 (UTC)
- Aínda non acabara de traballar nel. Apertas! Chairego apc (conversa) 20 de xaneiro de 2024 ás 00:14 (UTC)
Fichas de series de TV
[editar a fonte]Ola Chairego. Veño comentarlle sobre algo relativo ás fichas de series de televisión. En todas pon "derradeira emisión", pero creo que iso é un erro, xa que derradeiro é cando algo acaba definitivamente, e unha serie pode seguir emitíndose moitas máis veces aínda que fose finalizada. Sería correcto se falamos do "derradeiro capítulo", pero derradeira emisión creo que non é correcto e que sería mellor poñer "última emisión". Espero a súa resposta. Mark Gasoline (conversa) 5 de abril de 2024 ás 10:53 (UTC)
- Ola, @Mark Gasoline. Concordo co que me expós. Decántome por derradeiro capítulo porque a emisión das series xa non se rixe tanto por datas, senón por tempo que se atopa dispoñible en plataformas. Que opinas? Chairego apc (conversa) 5 de abril de 2024 ás 13:50 (UTC)
- Penso que é mellor esa opción. É mellor que poña derradeiro capítulo/episodio e non derradeira emisión. Pero como se pode cambiar? Eu non teño moita idea sobre modelos. Mark Gasoline (conversa) 5 de abril de 2024 ás 15:06 (UTC)
- Feito! Chairego apc (conversa) 5 de abril de 2024 ás 15:12 (UTC)
- Moitas grazas. Mark Gasoline (conversa) 5 de abril de 2024 ás 15:23 (UTC)
- Feito! Chairego apc (conversa) 5 de abril de 2024 ás 15:12 (UTC)
- Penso que é mellor esa opción. É mellor que poña derradeiro capítulo/episodio e non derradeira emisión. Pero como se pode cambiar? Eu non teño moita idea sobre modelos. Mark Gasoline (conversa) 5 de abril de 2024 ás 15:06 (UTC)
Páxinas agradecidas
[editar a fonte]Bon día @Chairego apc
Agradecíchesme dúas páxinas en concreto, son dalgunha lista de páxinas por facer?
un saúdo
Andresv.63 (conversa) 15 de abril de 2024 ás 09:47 (UTC)
- Bo día! Non, só quería agradecer o teu traballo. Parabéns. Chairego apc (conversa) 15 de abril de 2024 ás 11:49 (UTC)
Help
[editar a fonte]Hello.
In the article es:Unión monetaria, can you add the text with the wikilinks to each currency in the file of the world map? I cannot do it, because an automatic filter prevents it.
[[:Archivo:Currency union.PNG|thumb|right|350px|Uniones monetarias: EUR Euro USD Dólar estadounidense CHF Franco suizo INR Rupia india AUD Dólar australiano XCD Dólar del Caribe Oriental ZAR Rand sudafricano XOF Franco CFA de África Occidental XAF Franco CFA de África Central XPF Franco CFP]]
In the article es:Dólar, can you add the legend to this file? I cannot do it, because an automatic filter prevents it.
[[:Archivo:Countries that use the dollar.svg|miniaturadeimagen|Leyenda: Paises que utilizan un moneda denominada dólar Paises que utilizan el dólar estadounidense Paises que previamente utilizaron una moneda denominada dólar]]
Yours sincerely, Noroii (conversa) 5 de maio de 2024 ás 19:25 (UTC)
Report
[editar a fonte]Hello,
Please check this IP address for vandalism: Especial:Contribucións/77.26.235.71
Thank you. Ternera (conversa) 3 de xuño de 2024 ás 16:51 (UTC)
Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024
[editar a fonte]Boas, o artigo Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 15 de xuño de 2024 ás 18:49 (UTC)
- Grazas polo recordatorio! Chairego apc (conversa) 16 de xuño de 2024 ás 09:53 (UTC)
Axuda 3 temas
[editar a fonte]Boas chairego, abrín 3 conversas para axuda na Taberna. Saberás axudarme con algunha?
A que máis me interesa é "Nova categoría "publicacións en liña de matemáticas" ".
Atentamente Andresv.63 (conversa) 27 de agosto de 2024 ás 12:27 (UTC)
- Ola!! Claro, contéstoche por alí! Chairego apc (conversa) 28 de agosto de 2024 ás 14:55 (UTC)
LoRA en elemento de Wikidata
[editar a fonte]Boas, @Chairego apc. Recibín unha notificación de que o artigo LoRA que creei conectouse a un elemento de Wikidata. Fun ao artigo, e vin que nas versións doutros idiomas non se trata do mesmo concepto que eu manexei. O meu LoRA é un método de axuste fino, algo que se pode utilizar para adestrar modelos de intelixencia artificial, mentres que o concepto doutros idiomas refírese a unha técnica de comunicación física por radio, polo que entendo que non deberían estar no mesmo elemento de Wikidata. Aínda que o nome dos artigos non é o mesmo (LoRA fronte a LoRa), ao mellor sería oportuno cambiarlle o nome a "LoRA (método de axuste fino)". Saúdos LauAI (conversa) 28 de agosto de 2024 ás 20:34 (UTC)
- Boas, LauAi. Fallo meu, non reparei na diferenza coas maiúsculas. Xa o eliminei dese elemento de Wikidata. Moitas grazas polo aviso. Apertas e parabéns polo teu traballo. Chairego apc (conversa) 30 de agosto de 2024 ás 15:43 (UTC)
- Graciñas LauAI (conversa) 1 de setembro de 2024 ás 09:36 (UTC)
Xeografía física
[editar a fonte]Hola. Gracias por empezar a usar la nueva {{Xeografía física}}. Está lista al 99%, pero aun tengo algunos pequeños bugs por corregir. Supongo que antes de canviar íntegramente el modelo antiguo con sus datos manuales por el nuevo, haces una prueba de que no se ha perdido nada interesant, cierto?. De la lista de posibles modelos a integrar, algunos contienen información que me tengo que pensar si es interesante incorporar-la al modelo global, por ejemplo en {{Espazo natural}}, y si lo borras despues costará más recuperarla.
Si miras https://petscan.wmcloud.org/?psid=29355874 obtendras la lista de todos los articulos de CAwiki que usan esta plantilla y tienen correspondencia con un articulo en GLwiki. Eso da una pista de si el contenido de Wikidata ha sido mantenido por los editores de CAwiki y te lo encontrarás mejor, pero no asumas que siempre es mejor y te pierdas vuestro contenido. Bona feina !! Amadalvarez (conversa) 27 de setembro de 2024 ás 04:11 (UTC)
- Moltes gràcies a tu per l'enorme feina que fas amb els models. Sí, estic començant a posar-ho en articles que tenien un model pobre (com el de "montaña" o "praia"), però de moment el model "espazo natural" no ho estic tocant. Una abraçada! Chairego apc (conversa) 27 de setembro de 2024 ás 15:42 (UTC)
Corredor do Henares e Val do Lozoya
[editar a fonte]Ola, @Chairego:
Polo meu erro, creei dous novos artigos do Corredor do Henares e Valle do Lozoya, polo que me comentou antes Estevo que a toponimia ten que ser en castelán en lugar de galego que lle afecta aos concellos da Comunidad de Madrid, xa que non me dei en conta de que se ten que ser en galego, os vales, as serras, as cimas etc., aínda que non se se ten que ser en galego ou non, aos vales e ás serras da Comunidad de Madrid, mesmo nas outras provincias próximas a esta comunidade.
Non se que debo de facer se ten que cambiar a toponimia, xa me dirás como facemos. Tiven que redireccionar os 2 artigos que xa o creou antes, síntoo.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 30 de outubro de 2024 ás 08:58 (UTC)
- Boas @Autopistero20502020, quedou solucionado o do Val do Lozoya mediante a fusión dos artigos. Púxenlle o marcador de ortografía porque vin varios erros e o artigo precisa unha revisión da lingua. Un saúdo. Chairego apc (conversa) 30 de outubro de 2024 ás 11:33 (UTC)
- De acordo, grazas. O problema é que son unha persoa xorda e teño problemas coa comunicación, aínda que xa sabes que é o máis difícil en facer mellor a ortografía en castelán e en galego. Pero xa o comuniquei a Estevo que xa o sabe hai un tempo sobre min. A próxima vez, tentarei en facer un esforzo a mellorar a ortografía da tradución de Wikipedia español.
- Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 30 de outubro de 2024 ás 17:41 (UTC)
- Grazas a ti polo teu traballo!! Chairego apc (conversa) 31 de outubro de 2024 ás 07:56 (UTC)