Cristina Olea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristina Olea
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela (–2004)
Universidade Autónoma de Barcelona
RTVE Instituto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRTVE (2006–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Cristina Olea Fernández, nada en Vigo en 1982, é unha xornalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou a súa formación inicial na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Xornalismo en 2004. Tamén fixo o máster en Xornalismo de Televisión do Instituto RTVE e o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Humanidades pola Universidade Autónoma de Barcelona.

Dende o ano 2006 traballa en Televisión Española como cronista parlamentaria e posteriormente na sección de internacional. Foi enviada especial a diversos países do mundo, entre as que destaca a cobertura das eleccións dos Estados Unidos de 2012 cando Barack Obama saíu elixido presidente e o conclave de 2013 no que foi elixido Jorge Mario Bergoglio como novo Papa da Igrexa católica co nome de Francisco.[1]

Dende 2018 é correspondente de Televisión Española en Washington, D.C. (nos Estados Unidos).[2] En xaneiro de 2021 entrevistou o expresidente estadounidense Barack Obama para o programa Informe Semanal.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2013: Globo de Ouro do World Media Festival pola súa reportaxe "El desencanto de Europa" para o programa informativo En Portada.
  • 2013: Gran Premio do Xurado do World Media Festival con ‘El desencanto de Europa’, reportaxe para o programa ‘En Portada’.

Notas[editar | editar a fonte]