Saltar ao contido

Murchisonella curvistriata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Murchisonella curvistriata

Cuncha de Murchisonella curvistriata. Foto do Museo Nacional de Historia Natural de Francia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Subclase: Heterobranchia
Infraclase: Allogastropoda
Superfamilia: Murchisonelloidea
Familia: Murchisonellidae
Xénero: Murchisonella
Especie: M. curvistriata
Nome binomial
Murchisonella curvistriata
Peñas & Rolán, 2013

Murchisonella curvistriata é unha especie de molusco gasterópodo da subclase dos heterobranquios, infraclase dos alogasterópodos, superfamilia dos murquisoneloideos, e familia dos murquisonélidos, unha das integradas no xénero Murchisonella.[1][2][3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 2013 polos malacólogos españois Anselm Peñas (catalán) e Emilio Rolán (galego),[1][2][3] no seu traballo "Revision of the genera Murchisonella and Pseudoaclisina (Gastropoda, Heterobranchia, Murchisonellidae)", publicado nese ano en Vita Malacologica 11: 15-64.[1][3]

A especie tipo foi capturada en augas do Lagon du Grand Récif Mangalia de Nova Caledonia.[4]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Murchisonella curvistriata vive sobre sedimentos mariños pouco profundos do Pacífico sur.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Peñas, A. & Rolán, E. (2013): "Revision of the genera Murchisonella and Pseudoaclisina (Gastropoda, Heterobranchia, Murchisonellidae)". Vita Malacologica 11: 15-64.
  • Warén A. (2013): "Murchisonellidae: who are they, where are they and what are they doing? (Gastropoda, lowermost Heterobranchia). Vita Malacologica 11: 1-14.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]