Conversa usuario:Autopistero20502020

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Autopistero20502020!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 1 de xullo de 2023 ás 17:36 (UTC)[responder]

Ola, Estevo:
Moitas grazas, é a miña primeira vez aquí no Wikipedia galego, xa que son usuario de Wikipedia castelán, pero son galego nativo e de lingua materna de orixe.
Un saúdo. Autopistero20502020 (conversa) 1 de xullo de 2023 ás 17:39 (UTC)[responder]

Estradas de Galicia sen imaxes[editar a fonte]

Ola! Moitas grazas polo teu traballo coas estradas galegas! Hoxe creei Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes, polo que non cómpre que lles engadas aos artigos a Categoría:Xeografía de Galicia sen imaxes e mais Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes. Intentarei ir fotografando as que me coincidan :) Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 11 de abril de 2024 ás 21:46 (UTC)[responder]

Ola, Estevo:
De nada, aínda non terminei o meu traballo, o que debo de completar todas as estradas da Xunta de Galicia, a primaria, primaria complementaria e secundaria de todas as provincias.
Tamén o traballei en OpenStreetMap pola mellora da transparencia vinculado o Wikimedia. Ben, a maioría destas estradas da Xunta de Galicia non teñen imaxes, nin fotos, aínda que entendo que iso vai encher moitos novos artigos no futuro, porque debo de facelo aos poucos o meu traballo.
Hai algunhas localidades que aínda non están creados os artigos, polo que deixei de forma provisional ás parroquias. Ademais, vou estudar a mellorar as categorías das estradas para dividir ás 4 provincias que lle corresponde.
Moitas grazas e moitos saúdos!! Autopistero20502020 (conversa) 11 de abril de 2024 ás 22:11 (UTC)[responder]
Respecto ás localidades, están xa todas creadas en Wikidata, e o compañeiro @Breogan2008: está a traballar nos artigos dos Lugares de Galicia, polo que se queres podes ir poñendo as ligazóns aínda que queden en vermello. Respecto ás categorías, sería fabuloso aquelar por provincias. Se tes activada en preferencias a ferramenta "Cat-a-lot" pode servirche de axuda. Se podo axudar nalgunha outra cousa, faimo saber. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 11 de abril de 2024 ás 22:39 (UTC)[responder]
Ola de novo:
De acordo, grazas, tereino en conta.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 12 de abril de 2024 ás 05:39 (UTC)[responder]
Ola, @Estevo:
Finalicei os novos artigos de todas as estradas da rede secundaria da Xunta de Galicia e pronto empezarei os novos da rede primaria complementaria, aos poucos.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 19 de abril de 2024 ás 15:43 (UTC)[responder]
Vaia traballazo, que marabilla. Aproveito para comentarche: para engadir imaxes nos artigos, busco de dúas formas; dunha banda, na commons:Category:Roads in Galicia (Spain), e doutra banda, coa ferramenta WikiShootMe. Tamén sumei algunha que tiña no disco duro e que no seu momento non subira, e algunhas outras que estou a fotografar estes días; creei a commons:Category:Kilometer 0 signs in Galicia (Spain), e @Beninho: aconselloume que engadise nesta categoría {{Geogroup|level=2}} para poder ver as imaxes da mesma nun mapa. Seguimos traballando! Saúdos!! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2024 ás 15:58 (UTC)[responder]
Ola de novo:
Moi interesante que tes moitas fotos gardadas na túa PC, parecía que tes unha gran colección fotográfica das estradas galegas, xD!! Polo menos que cando teña tempo libre para axudarche a revisar as imaxes que subiron aquí en Wikipedia que poida encadrar con calquera estrada galega.
Sigo co meu e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 19 de abril de 2024 ás 17:56 (UTC)[responder]