Saltar ao contido

Conversa usuario:Lomeno 24

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Lomeno 24!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 13 de xaneiro de 2018 ás 21:33 (UTC)[responder]

Graszas amigo!!--Lomeno 24 (conversa) 2 de febreiro de 2018 ás 06:07 (UTC)[responder]
Arquivos
1, 2

Axuda tradución

[editar a fonte]

Boas Lomeno 24, como che podo axudar? --Chairego apc (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 12:47 (UTC)[responder]

Poderías concretar un pouco máis? Precisas axuda lingüística? Queres que che recomende un tradutor? Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 14:13 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas

[editar a fonte]

Ola Lomeno 24. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 12 de febreiro de 2018 ás 15:10 (UTC)[responder]

Paréntese

[editar a fonte]

Boas Lomeno 24, veño de desfacer algunas das túas edicións nas que estás a engadir parénteses na introdución das biografías, onde están a data de nacemento e lugar de orixe. Na Galipedia temos o noso propio formato dos artigos e non usamos as parénteses como si fan na wikipedia en castelán. Agradeceríache que o tiveses en conta para futuras edicións. Moitas grazas. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 8 de setembro de 2021 ás 15:03 (UTC)[responder]

Posible conflito de intereses

[editar a fonte]

Ola Lomeno 24. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses .

Grazas, un saúdo. . HombreDHojalata.conversa 8 de setembro de 2021 ás 22:10 (UTC)[responder]

Artigo Diego Durán Solís

[editar a fonte]

Boas, Lomeno. Reitero o expresado polo compañeiro HombreDHojalata na mensaxe anterior. Bótalle unha ollada Wikipedia:Conflito de intereses e a Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria. Saúdos. --Chairego apc (conversa) 11 de setembro de 2021 ás 14:09 (UTC)[responder]