Xulia Minguillón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Julia Minguillón»)
Infotaula de personaXulia Minguillón
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1906 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de agosto de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFrancisco Leal Insua Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Xulia Minguillón Iglesias, nada en Lugo o 17 de xullo de 1906 e finada en Madrid o 22 de agosto de 1965, foi unha pintora galega. A súa linguaxe pictórica reflicte o gusto da España de posguerra. A súa obra pertence a unha ​figuración realista, con escenas cotiás, intimistas, amables e de carácter popular.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a infancia en Vilanova de Lourenzá, onde seu pai era farmacéutico, e en Castela. De volta en Lugo, estudou na Escola de Artes e Oficios. Máis tarde mudouse a Madrid para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando grazas a unha bolsa da Deputación de Lugo.[3]

Expuxo por primeira vez no Concurso Nacional de Retratos de 1933, xénero que seguiu cultivando, adoito por encargas. O ano seguinte obtivo a terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes cunha composición relixiosa, Xesús con Marta e María, gabada por Ignacio Zuloaga.

Coa chegada da guerra civil española regresou á casa paterna en Lourenzá e permanece alí durante a contenda. En 1939 casou co xornalista e escritor Francisco Leal Insua.

Volveu participar na Exposición Nacional de Belas Artes en 1941, na que gañou a medalla de ouro con Escola de Doloriñas,[4] obra representativa da realidade galega do momento.​ Foi a única muller en obter dito galardón en calquera das categorías das Exposicións Nacionais, celebradas entre 1856 e 1968.[5] O ano seguinte a Escola de Doloriñas foi exposta na Bienal de Venecia. O seu éxito foi medrando ao ser recoñecido o seu cadro Xuventude co premio do Círculo de Belas Artes de Madrid en 1948​.

En 1949 o seu home foi nomeado director do xornal Faro de Vigo, polo que se trasladan á cidade olívica, onde seguiu pintando. Amais de expoñer en Vigo e Madrid, viaxou a París e mais a Suramérica.[6]

Minguillón formou parte dunha xeira de artistas galegas ligada aos movementos de vangarda, como Maruxa Mallo e Elena Gago.[7]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

As localidades de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Vilanova de Lourenzá e Vigo teñen rúas co seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xulia Minguillón | Álbum de mulleres | culturagalega.org". culturagalega.gal. Consultado o 2020-06-20. 
  2. "Minguillón Iglesias, Julia - Museo Nacional del Prado". www.museodelprado.es. Consultado o 2020-06-20. 
  3. "Administración Provincial". Boletín Oficial de la Provincia de Lugo (en castelán). 25-XI-1927. 
  4. Rodríguez González, Miguel Anxo (2022-12-29). "Mujeres artistas en las colecciones de los museos gallegos. Un análisis desde el presente". Her&Mus. Heritage & Museography (en castelán). Vol. 23 (2022): Vol. 23: 67–88 Pàgines. doi:10.34810/HERMUSV23ID399999. 
  5. Esquivias, Óscar (16-IX-2016). "Julia Minguillón en el Reina Sofía". 20 minutos (en castelán). 
  6. "JULIA MINGUILLÓN - Afundación". www.afundacion.org. Consultado o 2020-06-20. 
  7. "La mujer del cine Avenida". La Opinión Coruña (en castelán). 29/7/2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Campoy, A. M.: Diccionario crítico del arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1973.
  • Carballo Calero, Mª Victoria: Xulia Minguillón. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1984.
  • Chamoso Lamas, Manuel: «Arte» en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer, 1976.
  • Diego; Sobrino; Sarmiento (1995). A arte inexistente: as artistas galegas do século XX (PDF). Auditorio de Galicia. 
  • Pablos, Francisco: Colección Adriano Marques de Magallanes. Concello de Vigo, 1992.
  • Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
  • Carballo Calero, Mª Victoria: Catálogo de pintura do Museo Provincial de Lugo. Lugo, 1960.
  • VV. AA.: Un siglo de pintura gallega, 1880/1980. Buenos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.
  • VV. AA.: Mujeres en el arte español. Madrid, Centro Conde Duque, 1984.
  • Pantorba, Bernardino de: Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes. Madrid,1980.
  • Ilarri Gimeno, Ángel: Catálogo do Pazo Museo Quiñones de León. Vigo, Concello de Vigo 1978. Arte galega en Caixa Galicia. Santiago, Caixa Galicia 1992.
  • Gaya Nuño, J. A.: La pintura española del siglo XX. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1970.
  • Minguillón, Julia: Catálogo da Exposición Antolóxica. Fundación Caixa Galicia, 1992.
  • Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1987.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]