Conversa Wikipedia:Libro de estilo/Arquivo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Tempos verbais[editar a fonte]

  • Non deberían haber algunhas directrices á hora da redacción en si? Refírome, por exemplo, aos diferentes usos dos tempos verbais segundo os contextos. Para por un exemplo, uns artigos de Historia utilizan un futuro/subxuntivo, mentres que outros (os que eu prefiro), usan o pasado, e outros o futuro simple, se non me equivoco. Penso que habería que redactar un apartado en que se especifiquen o uso de tempos verbas recomendado segundo a situación. En caso de levarse isto a cabo, por suposto, haberá que realizar a votación correspondente, por suposto.--Gallaecio 15:53, 25 setembro 2007 (UTC)
    • Si que estaría ben, quizais o mellor sexa facer unha proposta de traballo na taberna e a partires de entón buscar o consenso. Senón se chegara a ese consenso entón quedaría a opción do votado. O caso é que eso leva traballo e coñecementos pero se alguén se animase a iniciar unha estrutura da que partir para traballar creo que sería moi benvido. Lansbricae (Ti dirás) 17:38, 25 setembro 2007 (UTC)
    • De feito, eu teño editado moitos artigos facendo esta mudanza. O que apunta Gallecio xa pode valer: "Os acontecementos pasados nárranse en pasado e débense evitar formas como o presente histórico ou o futuro". --Xosé (✉) 19:18, 25 setembro 2007 (UTC)
    • Nota O debate en cuestión xa se empezou na Taberna.

Ligazóns externas[editar a fonte]

Isto posiblemente acabe tamén na taberna, pero as ligazóns externas non deberían de estar incluídas no apartado "Véxase tamén"? Bueno, se isto pasa á taberna, cousa máis que probable, mellor que se decida directamente a "estructura final", é dicir, a estructura "fixa" (cando teña que aparecer, que apareza sempre igual) do final dos artigos. --Gallaecio 15:51, 28 setembro 2007 (UTC)

  • "As Notas ... Colócanse mediante a etiqueta <references/>" ¿Non quedáramos en que era algo así como "listaref1 ou 2"? Pedro --Lameiro (conversa) 22:09, 8 outubro 2007 (UTC)
    • Con references o tamaño da letra é igual que o do artigo, con listaref o tamaño é máis pequeno e o de |1 ou 2 e para o número de columnas, a min gústame máis a listaref, para diferencialo do contido do artigo e sobre todo nos artigos máis longos. Alma (fálame eiquí) 22:14, 8 outubro 2007 (UTC)
      • Incluído (non o coñecía). --Xosé (✉) 22:24, 8 outubro 2007 (UTC)
    • Dentro do apartado Ligazóns que xa existía divide entre no corpo do texto e Ligazóns externas e véxase tamén onde hai un contido que habería que homoxeneizar co último engadido por Xosé por se leva a equívocos. Alma (fálame eiquí) 22:20, 8 outubro 2007 (UTC)
  • Non me deixas tempo a queixarme, es un crack..., vas ter que cambiar o nome de User ;) Alma (fálame eiquí) 22:27, 8 outubro 2007 (UTC)
    • Teríao feito antes pero paróuseme o disco duro e tiven que apagar o ordenador e volvelo a prender. Terei que pensar en ilo cambiando (o disco duro:). --Xosé (✉) 22:29, 8 outubro 2007 (UTC)

Maiúsculas e minúsculas[editar a fonte]

  • Este documento da UDC é moi bon, ainda que longo. Parece-vos que o poñamos como referencia no libro de estilo? --Xosé (✉) 19:45, 21 outubro 2007 (UTC)
  • Symbol neutral vote.svg Neutro Pero non me parece ben xa que está pensado para ser usado na linguaxe administrativa que ten unha finalidade moi concreta. Non creo que se esté a falar do mesmo. Un contido similar se pode atopar no libro de estilo da USC, e supoño que a Uvigo terá algo similar como teñen outras moitas administracións. Lansbricae (Ti dirás) 19:53, 21 outubro 2007 (UTC)

Propostas a engadir no Libro de Estilo[editar a fonte]

Propoño incluir no texto o seguinte (marco en cursiva o texto proposto):

  • En Redacción: Título dos artigos: Pero ten presente que as entradas dos artigos deben ir, como norma xeral, en singular. Así, en "a pataca componse aproximadamente dun 0,15% de lípidos...", se marcas cun vínculo a palabra "lípidos" non levará a ningures xa que o título do artigo sería "lípido".
Symbol comment vote.svg Comentario Nesta eu o modificaría un pouco porque se pos [[lípido]]s xa tes a ligazón e non rompes a estrutura da frase. Por eso creo que pode ser mellorada, explicando isto. Alma (fálame eiquí) 15:52, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario Non entendo ben. Con "entradas dos artigos" refíreste a "ligazóns"? --Xosé (✉) 16:10, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario. Concordo en que o inicio dun artigo faga unha definición usando o singular, pero tampuco entendo que teñen que ver as ligazóns con elo.Lansbricae (Ti dirás) 16:14, 6 decembro 2007 (UTC)
    • Mudo a redacción e o punto de inserción, a ver se así. Pedro --Lameiro (conversa) 16:43, 6 decembro 2007 (UTC):
En Redacción:ligazóns internas: despois de “Podes crear ligazóns a páxinas que aínda non existen.” engadi-lo seguinte: “Á hora de crear ligazóns internas ten presente as regras existentes para o título dos artigos: se nunha páxina que cite o río Támega queres ligar co artigo que describa o río tes que marcar co vínculo “río Támega” porque “Támega”, só, non levará a ningures. Igualmente, se marcas como ligazón a palabra “proteínas” non che levará á páxina “proteína”, ou se queres ligar co “papa Pío X” terás que utiliza-la fórmula “Pío X, papa”.”
Symbol support vote.svg Concordo en liñas xerais pero engadiría as formas de facer as ligazóns, por exemplo co río Támega quedou clarísimo, pero co de proteína poría o de [[proteína]]s o [[proteína|proteínas]] Alma (fálame eiquí) 18:20, 6 decembro 2007 (UTC)
  • En Ortotipografía: xeralidades: engadir despois de “maiúscula inicial sempre tras un punto” o seguinte texto: , pero non nos nomes comúns no texto (non "O Sueco é unha lingua xermánica ... é moi similar ó Danés e o Noruegués")
Symbol support vote.svg Concordo--Alma (fálame eiquí) 15:52, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo --Xosé (✉) 16:10, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo --Lansbricae (Ti dirás) 16:14, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo---- Maañón00 (o que ho?) 19:45, 6 decembro 2007 (UTC)
  • En Ortotipografía: números: engadir un item: * os decimais sepáranse por vírgulas (unha altura de 4,3 metros), non por apóstrofes (non 4'3 metros), nin por puntos (non "A industria do viño representa o 4.22% da produción agroalimentaria").
Symbol support vote.svg Concordo--Alma (fálame eiquí) 15:52, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo --Xosé (✉) 16:10, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo --Lansbricae (Ti dirás) 16:14, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo---- Maañón00 (o que ho?) 19:45, 6 decembro 2007 (UTC)
  • Unha nova subsección en Xeralidades: Abreviaturas: "a.C. e d.C. (antes ou despois de Cristo), e non "entre os séculos VI a.c. e o I d.c.", "Cultivada desde o VIII milenio adC" ou "os celtas, nos S. VI e V a.d.C."."
Symbol support vote.svg Concordo--Alma (fálame eiquí) 15:52, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo --Xosé (✉) 16:10, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo --Lansbricae (Ti dirás) 16:14, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo---- Maañón00 (o que ho?) 19:45, 6 decembro 2007 (UTC)

Deixo, sen someter á aprobación da comunidade, outras modificacións que non implican cambios, senón que son simples exemplos. Pedro --Lameiro (conversa) 15:41, 6 decembro 2007 (UTC)

  • Propoño incluir o seguinte en Subdivisións do texto / Apartados: Os títulos das seccións van en minúsculas. Por exemplo: "Estrutura xeral " e non "ESTRUTURA XERAL". --Xosé (✉) 14:44, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 16:43, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo, xa que era algo que daba por suposto. GallaecioE logo? 16:57, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo--Alma (fálame eiquí) 18:20, 6 decembro 2007 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo---- Maañón00 (o que ho?) 19:45, 6 decembro 2007 (UTC)


  • Symbol comment vote.svg Comentario Por que estamos votando isto? Estas mudanzas non son trocos substanciais nin polémicos. Se (neste caso) a Lameiro se lle ocorren melloras, que as edite. Se resultan polémicas polas razóns que sexan, haberá que chegar a un consenso explícito na páxina de conversa, e se non se consegue, votarase como última solución. Para que estamos votando cómo se expresan os anos se sempre se fixo así e se non existe ningún tipo de polémica ao respecto? --Xabier Cid 19:53, 6 decembro 2007 (UTC)
No caso do libro non hai minúsculas: O lapis do carpinteiro, hai que retirar ese exemplo pois leva a confusión.--Cheluco 23:12, 20 de novembro de 2010 (UTC)

Números[editar a fonte]

Quixera deixar dous comentarios á sección Números, subseccións unidades de medida e unidades de tempo (que tamén son unidades de medida).

1. O feito de escribir (algúns) símbolos de unidades con inicial maiúscula, non é unha excepción, senón unha regra obrigatoria: nas unidades físicas, o seu símbolo (abreviatura oficial) debe ter inicial maiúscula cando o nome de dita unidade derive dun antropónimo, por exemplo;

30 N, e non 30 n (de newton, unidade de forza, na honra de Isaac Newton).
40 A, e non 40 a (de ampere ou ampère, unidade de intensidade da corrente eléctrica, na honra de André Marie Ampère), etc.

Exceptúanse estes dous casos:

O símbolo de ohm ou ohmio (na honra de George Simon Ohm), que se representa, por razóns históricas, pola letra grega omega maiúscula, Ω.
O símbolo de litro que, desde a reunión de 1979 da Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (CGPM, nas súas siglas oficiais en francés), ao lado do tradicional l, admítese (e mesmo recoméndase) L, para evitar confusións co múmero un (1) nos escritos mecanografados (incluídos os tratamentos de texto en informática). Podemos ver nas etiquetas de produtos líquidos en todas as tendas e supermercados que hoxe en día úsase L como símbolo do litro; esta excepción non afecta aos símbolos de múltiplos e submúltiplos, como Hl o dl).

2. As unidades de tempo son, obviamente, unidades de medida da magnitude tempo. E teñen abreviaturas oficiais (símbolos), polo que non hai que escribir sempre 3 minutos 12 segundos. Os símbolos empregados son:

Para hora, h
Para minuto, min
Para segundo, seg (tamén se pode usar o símbolo "internacional", inglés, sec).

Así que podería escribir: Redactar esta conversa levoume 1 h 12 min e... 30 seg. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xoio (conversacontribucións) 6 de decembro de 2012 ás 22:56‎

  • OBSERVACIÓNS (por non sobrescribir o exposto):
    • Creo que se trabucou aí Xoio na fin do parágrafo de litro, que debería poñer hl ou hL no canto de Hl para a abreviación de hectolitro.
    • Con respecto a segundo, é habitual abrevialo nun simple s minúsculo. --Calq (conversa) 7 de decembro de 2012 ás 08:05 (UTC)
Tes razón, Calq, nas dúas críticas. --XoioÉche o que hai 7 de decembro de 2012 ás 17:59 (UTC)
De feito, a abreviatura seg é incorrecta, a única válida é a establecida polo SI: s. --Toliño Fala aquí comigo 8 de decembro de 2012 ás 16:27 (UTC)
  • En relación á separación de milleiros, millóns, etc, a aceptada de xeito normativo é con espazo, non con punto, que confunde coa notación dos decimais en inglés. coido que sería convinte cambiar a especificación.--Agremon(contacto) 8 de outubro de 2013 ás 12:33 (UTC)


Propostas de cambios 2014 - Rolda 1[editar a fonte]

(a) Colocación das referencias

a.1 - Comentarios
a.2 - Antes dos signos de puntuación
  1. Symbol support vote.svg Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 9 de maio de 2014 ás 18:22 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. --Xas (conversa) 11 de maio de 2014 ás 19:06 (UTC)
a.3 - Despois dos signos de puntuación
  1. Symbol support vote.svg Concordo Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2014 ás 12:26 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo --Norrin (Fálame) 9 de maio de 2014 ás 12:30 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo --Breogan2008 (conversa) 9 de maio de 2014 ás 19:24 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo--. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2014 ás 15:31 (UTC)
  5. Symbol support vote.svg Concordo. --Toliño Fala aquí comigo 4 de xuño de 2014 ás 14:46 (UTC)

(b) Cores e imaxes nos títulos das caixas de navegación (comparar 1 e 2)

b.1 - Comentarios
  1. Symbol comment vote.svg Comentario. Estou a favor de deixar a cor "a gusto do creador", mais con certa coherencia. Con isto quero dicir que a escolla da cor debe vir motivada polo tema que se trata na caixa de navegación. --Toliño Fala aquí comigo 4 de xuño de 2014 ás 14:46 (UTC)
b.2 - Permitir cores a gusto do creador
  1. (engada o seu voto)
b.3 - Empregar as cores por defecto do modelo, sen modificar
  1. Symbol support vote.svg Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 9 de maio de 2014 ás 18:22 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo--. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2014 ás 15:31 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo. --Xas (conversa) 11 de maio de 2014 ás 19:06 (UTC)
b.4 - Neutro
  1. Symbol neutral vote.svg Neutro Polo momento estou neutro, pero non me parece mal permitir outras cores a maiores das permitidas por defecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2014 ás 12:31 (UTC)

--Norrin (Fálame) 9 de maio de 2014 ás 09:15 (UTC)

Formato das datas[editar a fonte]

Ola a todos!

Decateime fai tempo de que non hai, aparentemente, un formato fixo para escribilas datas. Por exemplo, nas datas das citas, moitas delas as de publicación dun xornal de referencia. Ao principio facíano seguindo o formato dd/mm/aaaa (o que sempre empreguei na miña vida privada), pero corrixíronmo nalgúns artigos por dd-mm-aaaa nas citas, e por [día de nome de mes] de [ano] no corpo do artigo. Desde entón, fagoo así. Pero, acaban de modificar de novo un artigo que estou escribindo polo formato [día en número] de [nome de mes] de [ano].

Por outra banda, fixen un levísimo rastrexo en outros artigos e vexo formatos de tódolos pelaxes: dd.mm.aaaa, aaaa/mm/dd, [día de nome de mes] do [ano], etc... etc...

Busquei na Taberna algunha discusión sobre o tema, pero, salvo erro, non o vexo. Coido que, se non hai nada decidido, habería que ter un criterio xeral definido, para que non nos embarquemos en guerras de modificación de formatos de datas.

A miña proposta é a de manter, evidentemente, o sistema que estaba agora a seguir (para algo acostumeime). É dicir:

  • no corpo do texto empregar a forma "día de mes" de "ano" (16 de decembro de 2014)
  • nas citas, sobre todo para definir datas de xornais ou de publicacións, a forma dd-mm-aaaa (16-12-2014)

Que opinades?--Castelao (conversa) 16 de decembro de 2014 ás 12:21 (UTC)

Moi acertado, Castelao, sacando este tema. Eu, en notas ao pé, "consultado ó ..." etc, prefiro 1/1/2014 a 1-1-2014. Nótese que debe quedar especificado, penso, que as cifras que non teñen decimais non se completan con ceros á esquerda (01/01/2014).
Como curiosidade, a norma ISO 8601 establece orden descendente, 2014.01.01 (igual que en hora-minuto-segundo) que permite a ordenación automática de varias datas.
Tamén podemos engadir ao debate o formato para indicar (nos nomes dos artigos, nos nomes das categorías e mesmo no corpo dos artigos) os períodos de tempo "antes de Cristo" que Judcosta estivo movendo recentemente do formato Século -I a Século I AEC etc.
Se acadamos un consenso, levalo á práctica pode ser un bo traballo para o bot Shyde.
Unha recomendación: dar unha volta polos libros de estilo das wikis que xa teñen especificacións nisto (d:Q4994848).--. HombreDHojalata.conversa 16 de decembro de 2014 ás 17:58 (UTC)
E por que usar un formato de data distinto para os artigos e para as citas? Eu poría o mesmo formato nos dous sitios, 16 de decembro de 2014.
Usar AEC non me parece moi correcto porque non é coñecido. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de decembro de 2014 ás 00:14 (UTC)
No referente ás datas no texto, é obvio optar pola "forma completa" (DD de MES de AAAA), entendo eu. No das referencias, por unificar, estou con Elisardojm, coido que o máis sinxelo sería optar pola completa, xa que non temos os "problemas de espazo" que si aparecen nas publicacións impresas. Finalmente, no de AEC tamén estou con el: trátase dun formato absolutamente estraño ás publicacións en galego, ou canto menos moito menos extendido que o de a. C. (con espazo antes do C, que é o correcto) ou semellantes. As formas do tipo Século -XX tampouco penso que sexan especialmente correctas, mais entendo que se non hai consenso habería que mover (un administrador) os Século XX AEC aos Século -XX anteriores, segundo o criterio do primeiro editor que empregamos en ausencia de norma. Finalmente, eu faría unha votación con estes cambios e os mencionados en secciones anteriores, para que participara máis xente. Saúdos! --Norrin (Fálame) 17 de decembro de 2014 ás 07:50 (UTC)
Seguindo a recomendación de HombreDHojalata, botei un vistazo ás wikis de castelán, inglés e catalá. As dúas primeiras teñen normas no emprego das datas e a última, non (cando menos no Manual de Estilo).
Coido que a máis completa é a castelá (https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Manual_de_estilo#Fechas), e sobre todo é a más semellante ao noso eido cultural neste aspecto que estamos discutindo. Redirixe o castelán finalmente ao "Diccionario Panhispánico de dudas" [DPD] (http://lema.rae.es/dpd/?key=fecha), e perdoade que a cite pero non coñezo o seu equivalente da RAG. Tal como dicides, recomendan a forma "17 de decembro de 2014", sen diferenciar entre corpo principal e citas. Pero, tamén se fala de que "para abreviar" pódese empregar a forma "17-1-2014" ou "17.1.14" ou "17/1/2014" ou "17/I/2014" (poño o mes de xaneiro para decatarnos que descártase engadir un 0 á esquerda, tal como dicides).
Poderíamos preguntarnos o porque de non empregar fórmulas como as anglosaxonas (decembro 17 de 2014) ou a que recomenda a ISO (2014 decembro 17, sen preposicións). A primeira coido que énos moi extraña e suscitaría moita confusión. A segunda, tal como reflicte o DPD, é "un modelo que só debe empregarse en documentos de carácter científico ou técnico de circulación internacional". As wikis teñen unha vocación divulgativa, non científica (ao marxe do resultado real de moitos artigos). Por iso desbotaría estas dúas opcións.
Por tanto, creo que, ao menos no corpo principal, deberíamos empregar o modelo "17 de decembro de 2014", tal como semella que a maioría de nós xa facemos.
A miña variante ven polas citas. Coido que, con motivo da pretendida brevidade e comodidade á hora de dixitar datas recurrentes, sobre todo as que seguen ás que identifican unha edición concreta dun xornal ou dunha revista, deberiamos empregar unha variante abreviada nas citas. Pero, non en tódala cita. Por exemplo, unha cita podería ser:
1. "''Fixo o que quixo o [[17 de decembro]] de [[2014]] e logo botuse unha sesta" ([[Gaceta de Galicia]], 17-12-2014, p. 2).
Por tanto, a abreviatura propóñoa non no que é nos textos aclaratorios das citas, senon só para as datas identificativas de edición.
O modelo da fórmula abreviada das citas é outra cousa que, caso de ser aceptada, teríamos que concordar. Na miña opinión desbotaría o modelo 17.1.2014, porque emprega un signo de puntuación moi extendido, pode ser confuso e é minoritario (na miña experiencia). Estaría entre o modelo 17-1-2014 e o modelo 17/1/2014.
Estas son as miñas observacións. Pero, coma sempre, seguro que moitos de vos tedes moita máis información e sabedes de outros manuais de estilo en galego aos que eu non sei chegar. Saúdos! --Castelao (conversa) 17 de decembro de 2014 ás 08:18 (UTC)
Eu optaría por escoller o formato a. C. para o tema dos séculos posto que é o máis usado e queda mellor que Século -I. --AMPERIO (conversa) 31 de decembro de 2014 ás 10:35 (UTC)
Ola, non atopo o resultado desta discusión incorporado ao libro de estilo e non dou localizado ningunha páxina de axuda que fale del ou votación ao respecto. Poderíades dicirme como quedou o do formatos das datas nas citas? Moitas grazas--Maria zaos (conversa) 1 de agosto de 2018 ás 10:20 (UTC)
Maria zaos, este tema non se pechou e quedou pendente. Eu o que recomendo é que dentro dun artigo o formato sexa coherente, é dicir, que tódalas datas das referencias estean con dd-mm-aaaa ou dd/mm/aaaa, sen mesturar unhas e outras, e que no texto a data estea en formato estendido, é dicir, "día de mes de ano". Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2018 ás 10:46 (UTC)