Saltar ao contido

Alberte Souto Souto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberte Souto Souto
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
San Sadurniño, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Alberte Souto Souto, nado en San Sadurniño en 1971, é un avogado e político nacionalista galego, pertencente ao BNG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en 1971 en San Sadurniño, licénciase en Dereito e desempeña o posto de avogado pertencente ao Colexio de Avogados de Ferrol. Durante o período 1996 a 1999 exerceu como avogado especializado en asuntos agrarios e como asesor xurídico do Sindicato Labrego Galego. Tamén foi asesor dos grupos parlamentarios do BNG no Congreso dos Deputados, no Senado e no Parlamento de Galicia, así como da Fundación Galiza Sempre.

Ocupou o cargo de secretario xeral da Consellería do Medio Rural desde agosto de 2005 a abril de 2009. É membro da Comisión de Garantías do BNG. É conselleiro do Consello Consultivo de Galicia.