Saltar ao contido

Axencia Galega de Emerxencias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Axencia Galega de Emerxencias
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
2007 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

AXEGA (Axencia Galega de Emerxencias[1]) é a organización da Xunta de Galicia creada coa Lei 5/2007 do 7 de maio encargada do estudo e a execución da política autonómica en materia de protección civil e xestión de emerxencias xunto co servizo do 112 e Protección Civil.

Funcións

[editar | editar a fonte]

As funcións da AXEGA segundo o artigo 18 da Lei 5/2007 do 7 de maio de emerxencias de Galicia son:

  • Xestionar o Centro de Atención de Emerxencias 112 en Galicia.
  • Xestionar os helicópteros de emerxencias do 112 e outros medios.
  • Analizar os riscos e mais identificalos e localizalos no territorio.
  • Desenvolver programas en materia de protección civil e xestión de riscos e de emerxencias.
  • Levar a cabo os estudos necesarios para a elaboración do Plan territorial de protección civil de Galicia.
  • Avaliar e cualificar o risco cando lle sexa comunicada unha situación de emerxencia.
  • Pór á disposición dos órganos competentes da Xunta de Galicia os medios á súa disposición para a xestión das emerxencias.
  • Estudar as actuacións necesarias para o restablecemento dos servizos esenciais para a comunidade.
  • Fomentar, en colaboración coa consellería competente en materia de voluntariado.
  • As demais funcións que no ámbito da protección civil e da xestión de emerxencias se determinen no seu estatuto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]