Acaill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Achill")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Localización da illa de Achill.
Baía de Keem.

Acaill (do irlandés aguia), ou Achill en inglés, é unha illa de Irlanda no condado de Mayo, na costa oeste. Ten 146 km² e o 87 % da superficie illa está formado por turba, 2 900 habitantes. Slievemore é o punto máis alto da illa a 672 metros. Unida á terra firme por unha ponte entre as vilas de Gob an Choire e Poll Rathnaí, esta última situada en terra firme.

Gob an Choire, Keel, Doagh, Doeega e Dugort son as vilas principais da illa entre os 22 lugares habitados.

Historia[editar | editar a fonte]

Na illa consérvanse restos megalíticos de hai 5 000 anos. No século V chegaron os celtas, dedicados ao pastoreo. A illa establecéronse monxes cando menos dende o 450.

Heinrich Böll, escritor alemán, visitou a illa e escribiu as súas experiencias no seu Irisches Tagebuch.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía da illa depende do turismo, a agricultura ten unha importancia menor, limitada pola propia constitución da illa: a cría de ovellas tivo historicamente máis importancia, e máis aínda da pesca, pero agora xogan un papel moi pequeno.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.