Saltar ao contido

Condado de Girona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCondado de Girona

Localización
Editar o valor en Wikidata
CapitalGirona City (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua catalá
lingua latina Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación785 Editar o valor en Wikidata
Disolución897 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porCondado de Barcelona e Ducado de Gerona (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Vifredo o Viloso, último conde de Xirona.

O Condado de Xirona foi un dos condados que se constituíu a ambos os lados dos Pireneos despois da conquista dos francos aos musulmáns.

Este condado formou parte do territorio denominado a Marca Hispánica, e foi gobernado polos condes de Xirona, que moitas veces tamén eran condes de Barcelona.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
Os Reinos francos no ano 628.

A finais do século III a.C., un pobo céltico, os Volques, establecéronse na rexión sueste da actual Francia. As aúas capitais eran Tolosa e Nîmes, creando así unha primeira estruturación do territorio. No século I a.C. pactaron cos romanos, que creron Narbona para pacificar a rexión; no ano 118 a.C. esta cidade convértese na capital da provincia Narbonense. Ao principio do século V, os vándalos invadiron a rexión, aos que, poucos anos máis tarde, se impoñen os visigodos. A rexión de Narbona, a Septimania, así como toda a Hispania seguen sendo visigodas até a súa derrota fronte aos árabes no ano 719.[1]

A Septimania foi conquistada polos francos, e foi incluída no Reino de Aquitania, creado por Dagoberto I (603-639), fillo de Clotario II, rei dos francos para o seu fillo Cariberto II, en 778, na época dos merovinxios. Este vasto territorio que englobaba todo o sur do Ródano, co obxecto de facilitar a reconquista hispánica. O Reino, xa desaparecido, foi erixido outra vez en 781 por Carlomagno parea o seu fillo Lois o Piadoso. A administración se lles encomendou aos condes de Tolosa.[2]

No 814, á morte de Carlomagno, Lois foi proclamado emperador (Lois I de Francia) e en 816 separou a Septimania e deulla ao seu fillo Pipino I de Aquitania que xa gobernaba o territorio, e que foi coroado en Aquisgrán o 30 de xullo de 817. Pipino en 824 enviou unha expedición máis alá dos Pireneos para intentar restablecer a influencia carolinxia en Pamplona e Jaca. O ano 833 foi destituído polo seu pai Lois o Piadoso, e o reino foi dado a outro fillo (de diferente nai) chamado Carlos o Calvo.[2]

A orixe do Condado

[editar | editar a fonte]
Mapa da Península Ibérica no ano 814.
Os Condados cataláns entre os séculos VIII e XII. En cor beixe, o Condado de Xirona.

As orixes do Condado de Xirona encóntranse na reorganización do territorio que se levou a cabo despois de que, no ano 785, a cidade de Xirona se rebelara contra o dominio árabe e se entregara aos francos. Entón, foi nomeado conde de Xirona un nobre de nome Rostan.

Este primitivo Condado de Xirona ía desde o límite do condado de Empúries e o mar até o Macizo do Montseny e a Tordera por levante, e desde as montañas de Osona e as Guilleries polo noroeste, incluíndo o pagus de Besalú.

O dominio franco

[editar | editar a fonte]

Despois de Rostan, foi conde de Xirona Odilón (801-812 ou 817).

En 817, o condado de Xirona, xuntamente cos Condado de Narbona, o Condado do Rosellón, o Condado de Barcelona e o Condado de Empúries, integrouse dentro da Marca de Septimania.

Muerto Odilón, o conde Bera de Barcelona foi nomeado tamén conde de Xirona. No ano 820 Bera foi destituído de todos os seus cargos por Lois o Piadoso; entón, o Condado de Xirona, xunto co de Barcelona, pasou a Rampón (820-825) e, á súa morte, a Bernardo de Septimania, que foi tamén destituído por Lois o Piadoso en 832.

Entón, todos os Condados situados ao sur do Pireneo, coa excepción do Condado de Urgel e do Condado de Cerdaña, quedaron baixo o dominio de Berengario de Tolosa. Á súa morte en 835, Bernardo de Septimania recuperou o poder, sendo nomeado conde de Tolosa, Narbona, Xirona e Barcelona.[3] [4]

En 844, a causa da súa rebelión contra Carlos o Calvo, Bernardo de Septimania foi executado en Tolosa; daquela, o condado de Xirona pasou a Sunifredo I, que tamén fora nomeado conde de Barcelona.

Despois de que en 848 Sunifredo fora asasinado por homes leais a Guillerme de Septimania, fillo de Bernardo de Septimania, o Condado de Xirona foi gobernado por un conde chamado Vifredo, que o debeu rexer desde 848 até 853.

Segundo parece, entre os anos 862 e 870, o Conde de Xirona foi Otger. No ano 870, Carlos o Calvo invistiu como Conde de Xirona a Bernardo de Gothia, tamén Conde de Barcelona, Rosellón e Narbona. Pero destituíu a Bernardo de Gothia por rebelarse contra el en 878.

O rei de Francia Lois o Tatexo concedou o Condado de Xirona a Vifredo I o Viloso.[5] Desde entón, o Condado de Xirona estivo sempre unido ao de Barcelona.

A separación de Besalú

[editar | editar a fonte]

O pagus de Besalú formara parte do Condado de Xirona até que Vifredo o Viloso nomeou o seu irmán Radulfo, Conde de Besalú, coa condición de que, á súa morte, o Condado pasaría aos descendentes de Wilfredo I, da Casa de Barcelona.[6]

O conde Suñer I de Barcelona, Xirona e Osona, fillo de Vifredo o Viloso, tivo que enfrontarse ao seu irmán o conde Miró II de Cerdaña que, como fillo supervivente de máis idade, pretendía obter a herdanza de Condado de Barcelona. A disputa resolveuse cun acordo polo que Suñer obtiña o reconocemento de Miró, a cambio de cederlle o Ripollés, incluído até entón dentro do Condado de Osona. Os conflitos entre os dous irmáns reapareceron non moito despois. Nunha data incerta entre os anos 913 e 920, morreu o conde Radulfo de Besalú, irmán de Vifredo o Viloso; entón, Miró, apremando cos seus dereitos sobre Barcelona, Xirona e Osona, impúxose, e Besalú, a pesar de que fora un pagus do Condado de Xirona, foi vinculado ao condado de Cerdaña.[6]

Despois da separación de Besalú, o Condado de Xirona quedou configurado polo límite co Condado de Empúries, por debaiño de Bañolas e o castelo de Finestres, contra as Guilleries, sen a Plana d'en Bas, e polo actual límite do bispado de Vic (polos límites de Susqueda, Osor, San Hilario Sacalm, Joanet e Espinelvas) ata o coll de Sant Marçal, polos límites de Arbucias e do castelo de Montdosrius, con Breda, Hostalrich, Tordera e o castelo de Montsoriu e coas súas parroquias até Arenys de Mar.

Evolución do Condado

[editar | editar a fonte]

A pesar de estar unido sempre ao Condado de Barcelona desde finais do século IX, o Condado de Xirona tivo entidade propia visíbel na existencia do viscondado de Xirona e na cuñaxe de moeda propia. A expresión: Condado de Xirona mantívose viva até o século XIII, cando foi substituída pola de Vigairía de Xirona.

Condes de Xirona

[editar | editar a fonte]

Títulos de cortesía: o Ducado e o Principado de Xirona

[editar | editar a fonte]

No ano 1351, o rei Pedro IV de Aragón, ao nomear ao seu herdeiro, outorgoulle o título de "duque de Xirona", elevando o Condado a Ducado, o cal abarcaba territorios dos Condados de Xirona, Besalú, Empúries e Osona, instituíndo así o título de Duque de Xirona que, por tanto, vén da Coroa de Aragón.

O 19 de febreiro de 1416, o rei Fernando I o de Antequera, considerou que o título de duque era insuficiente, e enalteceuno erixindo o Principado de Xirona. Este título pasou á Coroa de España e a súa actual titular é a princesa Lionor de Borbón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]