Condado de Namur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Condado de Namur nas dezasete provincias (1559-1608).

O condado de Namur era un feudo do Sacro Imperio Romanoxermánico, situado entre o principado de Liexa, o ducado de Brabante e o condado de Hainaut. As principais cidades foron Namur, Charleroi, Givet, Bouvines, Marienbourg e Fleurus.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro conde mencionado é Berengario de Lomme que gobernou en Namur ao redor de 899 e durante nada menos que 32 anos do século X. En 1189 pasou á casa de Hainaut unida á de Flandres. En 1212 entrou o primeiro conde da casa Courtenay. En 1238 foi ocupado por Francia. Volveu á casa de Flandres e Hainaut en 1257.

Para os asuntos relixiosos, o condado dependía do bispo de Liexa, a pesar de ser gobernado polo conde. Esta confusa situación alimentaba a miúdo as veleidades do principe-bispo de anexionar o condado. Ao comezo do reinado de Xoán VIII de Heinsberg enfrontáronse milicias de Liexa e Namur. En 1421[1], o conde Xoán III vendeu o condado a Filipe III de Borgoña o Bo. En 1429, Filipe III atribuíuse o título de conde de Namur. Heinsberg e as milicias atacaron Namur pero tiveron que se inclinar ante a superioridade militar dos borgoñóns. Filipe III integrou o condado nas dezasete provincias. Despois de 1549 converteuse nun dos Países Baixos españois e desde 1713 austríacos. Entre 1659 e 1678 Francia conquistou a parte sur coas cidades de Charleroi, Givet, Bouvines e Marienbourg. En 1795, Francia anexionou o resto do territorio e creou o Departamento de Sambre e Mosa.

Despois do Congreso de Viena e do Tratado de París (1815) integrouse no Reino Unido dos Países Baixos e en 1830 en Bélxica. Os dous estados mantiveron a división administrativa francesa, malia cambiar o nome en provincia de Namur. O territorio da provincia non coincide co do antigo condado.

Lista de condes e marqueses[editar | editar a fonte]

A cidadela de Namur, capital do condado.

Casa de Namur[editar | editar a fonte]

Casa de Flandres[editar | editar a fonte]

Casa de Courtenay[editar | editar a fonte]

Casa de Luxemburgo[editar | editar a fonte]

  • Henrique III, (Henrique V de Luxemburgo) (neto de Henrique I) 1256-1265. Toma o condado pola forza.

Casa de Dampierre[editar | editar a fonte]

Casa de Borgoña[editar | editar a fonte]

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

A rama de Filipe o Nobre e a súa irmá, Iolanda de Namur, extinguiuse á seguinte xeración e o emperador Balduíno II, o último representante da liñaxe, conseguiu o título; En 1248 volveu ao Sacro Imperio Romano-Xermánico, e pouco despois, en 1257, o Namur regresou á rama maior (Flandres e Hainaut).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jean Janssen, Sous la crosse…!, évolution socio-politique, économique et culturelle du pays de Liège, des origines à 1789, Bruxelles, L'élite, 2000, pàgines 77-78
  2. Henrique I era fillo de Ermesenda de Luxemburgo e neto de Conrado I de Luxemburg; cando morreu o seu curmán Conrado II de Luxemburg, o emperador concedeulle este condado en 1136: tamén herdou os condados de La Roche e de Durbuy.
  3. En 1172 Henrique I prometeu a herdanza do condado á súa irmá Alicia e ao fillo desta, Balduíno, pero despois vaise desdicir; finalmente Alicia herdou nominalmente o condado de Namur do seu irmán Henrique IV de Luxemburgo o Cego, que non tiña descendentes masculinos, en 1189, despois dun arranxo polo cal unha filla, Ermesenda, recibiría os condados de La Roche e Durbuy, e Luxemburgo volvería ao Imperio, pero Namur era recoñecido a Balduíno por dereito materno.
  4. Polo seu parentesco véxase a xenealoxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Louis Charles Dezobry e Théodore Bachelet, Dictionnaire de Biographie et d'Histoire, Paris, 1863 s.u..
  • Léon Vanderkindere: La formation territoriale des principautés belges, 2 tomos, Bruxelas 1909.
  • Rousseau (editor.): Actes des comtes de Namur, 1936-.
  • E. Brouette: Introduction aux études historiques, archéologiques et folkloriques du Namurois, Namur 1947.
  • J. Balon: La maison de Namur sur la scène de la grand histoire, Namur 1950.
  • Genicot: Le Namurois politique, 1964.
  • Hermann Grote: Stammtafeln, Leipzig 1877.