Alberte I de Namur
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século X valor descoñecido |
| Morte | 1011 (Gregoriano) valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Duque |
| Familia | Casa de Namur |
| Cónxuxe | Ermengarde of Lower Lotharingia |
| Fillos | Alberte II de Namur, Roberto II de Namur |
| Pais | Roberto I de Namur |
Alberte I de Namur[1] (m. pouco antes de 1011), foi conde de Namur dende o ano 981 até a súa morte. Era fillo de Roberto I, conde de Namur.
Biografía
[editar | editar a fonte]Aínda que non se atopan referencias nas actas ao seu pai a partir do ano 974, Alberte I non é mencionado como conde de Namur até sete anos despois, no 981. Dende o ano 973, uniuse aos fillos de Rainiero III de Henao, Rainiero IV de Mons e Lamberto I de Lovaina, que tentaban reconquistar a súa herdanza aos condes que o emperador Otón I designara para o condado de Henao, Renaud de Mons e Garnier de Valenciennes. Tras reconciliarse co emperador, este confioulle a defensa da abadía de Brogne, no ano 998.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Desposou con Ermengarda, filla de Carlos, duque da Baixa Lotarinxia, e tivo os seguintes fillos:[2]
- Roberto II, conde de Namur.
- Alberte II, conde de Namur.
- Hedwige (ou Hadewige) de Namur, esposa de Xerardo I de Lorena.
- Lutgarda, esposa de Otón, primeiro conde de Looz.
- Oda (ou Goda).
- Ermengarda, que algúns autores confundiron coa esposa de Otón I de Chiny.
| Predecesor: Roberto I |
Conde de Namur 981-1011 |
Sucesor: Roberto II |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NAMUR". fmg.ac. Consultado o 2021-08-16.
- ↑ "LOTHARINGIA, KINGS & DUKES". fmg.ac. Consultado o 2021-08-16.