Roberto I de Namur
Roberto I de Namur | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | post. 974 |
Ocupación | monarca |
Fillos | Alberte I de Namur |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Roberto I de Namur (m. cara a 974) é o primeiro conde de Namur.
Non se dispón de información precisa sobre as súas orixes, L. Venderkindere ten a hipótese de que Roberto é neto de Berenger, por vía materna. A Vita Gerardi abbatis Broniensis precisa que os descendentes de Berenger seguiron a dispoñer do condado de Namur, mais a ausencia dos nomes de Bernger e de Rainiero fai pensar que se trata máis ben dunha descendencia colateral.
Roberto aparece regularmente nas actas dispoñibles entre 946 e 974, e toma parte na rebelión do conde Immon contra Brunon, duque de Lotarinxia, entre 958 e 963. Nesta época reforza as fortificaciones do castelo de Namur. A súa última aparición nos documentos históricos da época remóntase ao ano 974; o seu fillo (e sucesor como conde de Namur) Alberte I aparece en 981.
Tampouco a súa esposa é coñecida. Baseándose na onomástica, Thierry Stasser emitiu a hipótese de que esta fose Lutgarda (Luitgarde), filla de Adalberto (m. en 944), conde de Metz, e Lutgarda, filla á súa vez de Wigerico de Bidgau e de Cunegonda de Francia.[1] Sexa como for, Roberto é pai de:
- Alberte I, conde de Namur.
- Giselbert.
- Ratbod.
Predecesor: - |
![]() Conde de Namur 946-974 |
Sucesor: Alberte I |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Thierry Stasser, « L'Épouse de Robert Ier de Namur : essai d'identification », en Onomastique et Parenté dans l'Occident médiéval, Oxford, Linacre College, Unit for Prosopographical Research, coll. « Prosopographica et Genealogica », 2000, 310 p. (ISBN 1-900934-01-9), p. 113-115.