Países Baixos austríacos
Oostenrijkse Nederlanden (en neerlandés) Österreichische Niederlande (en alemán) Pays-Bas Autrichiens (en francés) Países Baixos austríacos | |||||
| |||||
| |||||
Os Países Baixos austríacos en 1789. | |||||
Capital | ningunha | ||||
Lingua | Francés Non oficiais: | ||||
Goberno | Monarquía | ||||
Soberano dos Países Baixos | |||||
• 1711-1714 | Maximiliano II de Baviera | ||||
• 1711-1740 | Carlos VI | ||||
• 1740-1780 | María Tareixa I | ||||
• 1780-1790 | Xosé II | ||||
• 1790-1795 | Leopoldo II | ||||
Historia | |||||
• Establecido | 1714 | ||||
• Iníciase a Revolución brabanzona contra o labor centralizador. | 5 de xaneiro de 1788 | ||||
• Proclámanse os Estados Unidos de Bélxica | 11 de xaneiro de 1790 | ||||
• Tras a derrota na batalla de Fleurus, os austríacos retíranse do territorio. | 26 de xuño de 1794 | ||||
• Francia anexiona os Países Baixos e Bispado de Liexa. | 1795 | ||||
Superficie | 22.000 km² | ||||
Moeda | Florín holandés |
Denomínanse Países Baixos austríacos ao conxunto de territorios dos Países Baixos españois cedidos por España a Austria tras o tratado de Utrecht en 1714, que formaban parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, até a anexión destes por Francia en 1795.
Historia[editar | editar a fonte]
Guerra de Sucesión Española[editar | editar a fonte]
Á morte do rei de España Carlos II, o rei de Francia Luís XIV proclamou o seu neto Filipe de Anjou como Filipe V, de acordo co testamento do rei defunto; pero a súa política expansiva provocou o temor en Europa, o que orixinou a Guerra de Sucesión Española, na que gran parte dos Países Baixos foron conquistados polas forzas da Gran Alianza da Haia a partir da batalla de Ramillies.[1]
Tratado de Utrecht[editar | editar a fonte]
Dado que o elector de Baviera Maximiliano II perdera os seus territorios bávaros tras a batalla de Höchstädt, e o subseguinte tratado de Ilbersheim, o rei Luís XIV convenceu ao seu neto Filipe V para que cedera os Países Baixos ao elector desposuído de Baviera,[2] o que fixo o 22 de xuño de 1711,[3] e volveu confirmar o 2 de xaneiro de 1712.[2]
Tras a Guerra de Sucesión, nos tratados de Utrecht e Rastadt-Baden,[4] o rei de Francia perdeu Tournai, Furnes, Ypres, Menin e recuperou Lille, Aire, Béthune, Orchies e Saint Venant,[5] mentres que o elector de Baviera recuperaba o seu electorado e os Países Baixos volvían á soberanía dos arquiduques de Austria, isto é, reintegrábanse de novo á Casa de Habsburgo, e os territorios pasaron a denominarse Países Baixos austríacos.
Período austríaco[editar | editar a fonte]
Durante o período austríaco levouse a cabo un labor centralizador, que derivou na implantación do francés como lingua da administración, pero tamén se produciu un auxe industrial e das artes e as ciencias.
Porén, a política centralizadora do emperador Xosé II en contra dos antigos privilexios levou á rebelión xeral en 1788, a Revolución brabanzona, que —como dous séculos antes— se declararon independentes e formaron os Estados Unidos de Bélxica (11 de xaneiro de 1790), nunha declaración asinada por Brabante, Güeldres, Flandres, Flandres Occidental, Hainaut, Namur, Tournai, Tournaisis e Malinas, pero non Luxemburgo.[6] A finais de 1790, o poder imperial restaurouse co emperador Leopoldo II.
Anexión a Francia[editar | editar a fonte]
En 1792, durante as Guerras Revolucionarias Francesas, o exército revolucionario francés venceu o austríaco na batalla de Jemappes e conquistou os territorios dos Países Baixos meridionais, pero a vitoria austríaca en Neerwinden en 1793 puxo en retirada o exército francés.
Finalmente os franceses obtiveron en 1794 a vitoria na batalla de Fleurus, e os austríacos retiráronse de novo dos Países Baixos.
O 1 de outubro de 1795, a Convención Nacional francesa anexionou os Países Baixos e o Bispado de Liexa.[7] A perda dos territorios foi recoñecida por Austria no tratado de Campo Formio, o 17 de outubro de 1797 (día 26 de Vendimario, ano VI da República Francesa).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Abrégé chronologique de l'histoire de France, Charles-Jean-François Hénault, Joseph Fr. Michaud (1853).
- ↑ 2,0 2,1 Compte-rendu des séances de la Commission royale d'Histoire, Académie royale des sciences, des lettres et des beaux arts de Belgique, 1863
- ↑ Recherches sur les monnaies des comtes de Namur, Renier Hubert, Ghislain Chalon, (1860)
- ↑ "Les Grands Traités du Règne de Louis XIV, La Bibliothèque Numérique". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 02 de setembro de 2016.
- ↑ "Grands Traités de de la France, Archives du Ministère des Affaires étrangères". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 02 de setembro de 2016.
- ↑ Tratado de Unión dos Estados Unidos Belgas (en francés).
- ↑ La Belgique en 1795 Arquivado 09 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en francés).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bergeon, Louis; François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0.
- Blanning, T .C. W. (1996): The French Revolutionary Wars 1787-1801. Hodder Education Publishers. ISBN 978-0-340-64533-4.
- Castex, Jean-Claude (2010): Histoire des relations diplomatiques franco-anglaises durant la Guerre de Succession d'Espagne. Les Éditions du Phare-Ouest. ISBN 978-2-9216-6807-1.
- Hasquin, Hervé (2007): Joseph II: Catholique anticlérical et réformateur impatient: 1741-1790. Racine Lannoo. ISBN 978-2-8738-6507-8.
- Libert, Louise-Marie (2005): Dames de pouvoirs: Régentes et gouvernantes des anciens Pays-Bas. Racine Lannoo. Les racines de l'histoire. ISBN 978-2-8738-6403-3.
- Pirenne, Henri (1926): Histoire de Belgique. Volume V.
- Van Wie, Paul D. (1999): Image, History, and Politics: The Coinage of Modern Europe. University Press of America, Inc. ISBN 978-0-7618-1221-0.