Alberte III de Namur
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1027 |
Morte | 22 de xuño do 1102 |
Actividade | |
Ocupación | Soberano |
Outro | |
Título | Duque ![]() |
Familia | House of Namur (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Ida de Saxonia ![]() |
Fillos | Godofredo de Namur
Alberte de Namur ![]() |
Pais | Alberte II de Namur ![]() ![]() |
![]() |
Alberte III de Namur, nado cara a 1027, finado no ano 1102, foi conde de Namur dende 1063 até a súa morte. Era fillo de Alberte II, conde de Namur, e de Rexelinda de Verdún (ou de Lotarinxia).
Biografía
[editar | editar a fonte]Entre o 1071 e 1072, Alberte III apoiou a Richilde do Henao, condesa de Flandres e do Henao, na súa pugna contra Roberto I de Flandres, pero esta foi derrotada e tivo que renunciar aos seus dereitos sobre Flandres. No 1076, apoiado por Matilde de Toscana, Alberte III reivindicou o ducado de Bouillón, ao que consideraba ter dereitos en razón da súa ascendencia materna, e combate a Godofredo de Bouillon para facer valer as súas pretensións.[1] Durante unha batalla preto de Dalhem, o 20 de setembro de 1085, Alberte III matou o conde palatino Hermann II de Lotarinxia, o que lle fixo caer en desgraza ante o emperador xermánico. Finalmente, mediante a Tregua de Deus de 1086, o bispo de Liexa conseguiu que os contendentes alcanzasen a paz, en proveito dos intereses de Godofredo.
No 1099, o bispo Otberto de Liexa concedeulle o condado de Brunenferuz. Este aparece nun documento de 1101 asociado ao fillo de Alberte III, Godofredo.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Alberte III casou cara a 1065 con Ida de Saxonia[2] (finada en 1102), viúva de Federico de Luxemburgo, duque da Baixa Lotarinxia. Ida parece ser filla de Bernardo II, duque de Saxonia. Tiveron cinco fillos:
- Godofredo I (n. 1068, m. 1139), conde de Namur.
- Henrique (n. 1070, m. 1138, conde da Roche.
- Federico (m. 1121), bispo de Liexa entre 1119 e 1121.
- Alberte (m. 1122), conde de Jaffa.
- Alix (n. 1068, m. a partir de 1124), casada en 1083 con Otón II, conde de Chiny.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SAXONY DUKES |url=http://fmg.ac/Projects/MedLands/SAXONY.htm#Idadied1102
- ↑ Gislebertus (of Mons) 2005, p. 8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alberte III de Namur ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Boydell Press, ed. (2005). Chronicle of Hainaut.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Alberte II |
![]() Conde de Namur 1063-1102 |
Sucesor: Godofredo I |