Xián de Brivate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXián de Brivate

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Julien de Brioude Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor em Wikidata
Vienne Editar o valor em Wikidata
Morte304 Editar o valor em Wikidata
Brioude Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Decapitación Editar o valor em Wikidata)
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa28 de agosto Editar o valor em Wikidata

San Xián de Brivate[1], ou San Xián de Brioude, coas variantes Xulián[2], Xullán[2], Xillao[2] e Xiao[2], foi un mártir cristián, que morreu na Galia arredor do ano 304. A súa festa litúrxica celébrase o 28 de agosto.

Tradición[editar | editar a fonte]

Segundo a Passio s. Juliani martyris, Xián sería de Vienne (Isère), no Ródano. Era un soldado romano e cristián, como Ferréol, que era o seu amigo e oficial superior. Fuxiu ante o anuncio da persecución e refuxiouse en Auvernia, nos arredores de Vienne, a súa provincia de orixe.

Foi apresado preto de Brioude polos gardas enviados polo gobernador de Vienne, chamado Crispin. Inmediatamente foi decapitado e a súa cabeza devolta a Vienne. A passio s. Juliani non proporciona ningunha referencia cronolóxica, a conexión coa persecución de Diocleciano de 304 é apócrifa pero plausible, xa que a persecución de Diocleciano dirixiuse particularmente ao exército. Así mesmo, a data da súa execución, segundo Gregorio de Tours, foi descoñecida polos habitantes de Brioude ata que o bispo Germán de Auxerre (falecido en 448) a fixou o 28 de agosto despois dunha revelación.[3]

Santiago de Voráxine, na Lenda àurea escribe que cando o gobernador Crispín enviou un dos seus homes a matalo, Xián saíu ao seu encontro voluntariamente e ofreceuse como mártir.[4] A súa cabeza foi logo mostrada a San Ferreol, quen foi ameazado co mesmo destino se non sacrificaba aos deuses. El negouse e foi executado.[5] Logo, o seu corpo e a cabeza de San Xián foron colocados na mesma tumba.

Xián, Ferreol e Galicia[editar | editar a fonte]

Segundo algunhas fontes, o seu amigo Ferreol foi quen recolleu o seu cadáver.[6] Mamerto, o bispo de Vienne, decidiu enterrar posteriormente os restos de Ferreol, tamén mártir, coa cabeza de Xián. [6]

Segundo Gregorio de Tours, a primeira igrexa na honra de San Xián foi feita por unha hispana que ía de camiño a Tréveris, onde estaba preso o seu home. Quizais a historia entronque aquí cos priscilianistas executados en Tréveris, entre os cales había un Xián. A presenza do priscilianismo daquela fai florecer a hipótese de que o seu home puidese ser seguidor de Prisciliano.[6] Quizais fose ela quen trouxo a devoción a San Xián e San Ferreol daquela, aínda que tamén hai fontes que apuntan cara aos cluniacenses.[6]

Confluencia con Xián do Hospitaleiro e Xián de Antioquía[editar | editar a fonte]

Ao redor do nome de San Xián existe un grao considerable de confusionismo entre as figuras de Xián o Hospitaleiro, Xián de Brivate e Xián de Antioquía, entre outros.[4] Existen, entre eles, unha mestura de datos biográficos, cronolóxicos e iconográficos. Polo tanto, non é doado establecer unha división clara.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-16. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-16. 
  3. Pietri 1988, p. 26-27.
  4. 4,0 4,1 4,2 Abad, Xoán C. (2022). In hac lacrimarum valle. Guía ilustrada para recoñecer os santos patróns dos templos da provincia de Pontevedra. Instituto de Estudos Vigueses. 
  5. Tribuno en las legiones romanas, cristiano sufrió martirio el año 303 o 304: cfr. Ferréol de Vienne en Wikipedia en francés.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario de nomes galegos. Ir Indo.