Saltar ao contido

Conan IV da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConan IV da Bretaña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(br) Konan IV Penteur Editar o valor en Wikidata
1138 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 1171 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Lugar de sepulturaBégard Editar o valor en Wikidata
Duque da Bretaña
1156 – 31 de xullo de 1166 (Abdicación)
← Eudon II de PorhoëtConstanza da Bretaña →
Conde de Richmond
15 de setembro de 1146 – 20 de febreiro de 1171 (finado no cargo)
← Alan I, conde de RichmondConstanza da Bretaña → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo bretón Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque da Bretaña Editar o valor en Wikidata
FamiliaConde de Penthièvre e casa de Penthièvre Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMargaret of Huntingdon, Duchess of Brittany Editar o valor en Wikidata
FillosConstanza da Bretaña Editar o valor en Wikidata
PaisAlan I, conde de Richmond Editar o valor en Wikidata  e Berta da Bretaña Editar o valor en Wikidata
IrmánsConstanza de Penthièvre Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Bretagne-9 Find a Grave: 83267763 Editar o valor en Wikidata

Conan IV da Bretaña (en bretón: Konan IV Penteur ou Konan Breizh), nado en 1138 e finado o 20 de febreiro de 1171, foi duque da Bretaña (1156 - 1166) e conde de Richmond (1146-1171).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Conan era fillo de Alan da Bretaña e Berta da Bretaña, filla de Conan III da Bretaña, quen designou a Conan IV como o seu herdeiro baixo a rexencia de Eudon de Porhoet, segundo marido de Berta, desherdando por ilexitimidade ao seu fillo Hoel que tras a súa derrota por Eudon ten que se conformar co título de conde de Nantes.

Ao chegar Conan á maioría de idade Eudon négase a deixarlle o poder, Conan colle as armas e aliado de Hoel enfróntase a Eudon, porén tras ser derrotados en 1154 Conan refuxiase en Inglaterra co apoio de Henrique II de Inglaterra quen lle confirma o título e posesións de conde de Richmond, herdado do seu pai. Ademais grazas á axuda militar inglesa volve a Bretaña para se facer co poder, porén a súa condición de vasalo do rei inglés provoca unha revolta dos señores bretóns dirixida por Eudon pero Conan vence e Eudon ten que se refuxiar fóra da Bretaña. Conan IV queda proclamado duque en 1156, aínda así nese ano os nanteses matan a Hoel e proclaman conde a Godofredo Plantagenêt, irmán máis novo de Henrique II.

En 1160, coa benzón do rei de Inglaterra, Conan casou con Margarida Huntingdon, filla de Henrique de Escocia. Constanza naceu pouco tempo despois.

Unha nova revolta dirixida por Eudon de Porhoet deulle a Henrique II o pretexto para intervir na Bretaña co seu exército, obrigou a abdicar a Conan en favor dun dos seus fillos, Godofredo en 1166.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Etienne Gasche, Petite histoire des Rois et Ducs de Bretagne, éditions Yoran Embanner, 2006