Saltar ao contido

Historia de Galicia (Vicetto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Historia de Galicia
 Título
   Historia de Galicia (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Tema principal
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de comezo
1865 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1873 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Galiciana: 8500
Wikidata C:Commons

Historia de Galicia é unha colección de libros en lingua castelá (sete tomos) do historiador galego Benito Vicetto, publicada entre 1865 (Tomo I) e 1873 (Tomo VII), en Ferrol, no establecemento tipográfico de Nicasio Taxonera.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A obra narra a historia de Galicia cunha perspectiva propia do romanticismo da época, abranguendo un período temporal que vai da prehistoria até o reinado de Isabel II.

Reedicións

[editar | editar a fonte]

Xa postumamente, reeditouse na imprenta de La Colonia Española de Montevideo, en dous volumes, en 1880 (v. 1) e 1882 (v. 2), o primeiro incluíndo os tomos I, II, III e IV e o segundo incluíndo os tomos V, VI e VII.[2][3]

En 1979 foi editada en facsímile por Alvarellos Editora. Tamén en 1979, foi editada, conxuntamente coa Historia de Galicia de Manuel Murguía nun total de 14 volumes, pola editorial da Gran Enciclopedia Vasca, co patrocinio da Real Academia Galega.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]