Giovanni Battista Sammartini
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1700 Milán |
| Morte | 15 de xaneiro de 1775 Milán |
| Mestre de capela | |
| 1728 – | |
| Actividade | |
| Ocupación | compositor, musicólogo, profesor de música, director de orquestra, organista, mestre de capela |
| Período de actividade | 1732 |
| Xénero artístico | Ópera, sinfonía, sonata e música relixiosa |
| Movemento | Música barroca |
| Alumnos | Christoph Gluck |
| Instrumento | Órgano e violín |
| Familia | |
| Pai | Alexis Saint-Martin |
| Irmáns | Giuseppe Sammartini |
| Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Enciclopedia soviética armenia, volume 10, (p.156) Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) |
Giovanni Battista Sammartini, nado en Milán cara a 1700 ou 1701 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1775, foi un organista e compositor italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun oboísta francés trasladado a Milán. O seu irmán Giuseppe Sammartini era oboísta e tamén compositor.
Organista na Sant'Ambrogio de Milán e noutras igrexas, xogou un papel de primeiro plano na vida musical milanesa. Tivo como discípulo a Christoph Willibald Gluck e influíu en Mozart.
Compuxo música sacra, teatral e unha boa cantidade de música instrumental: sonatas, tríos, cuartetos, quintetos, concertos e sobre todo sinfonías, nas que anticiparía a forma que se desenvolvería no período clásico. Destas últimas foron rexistradas máis de setenta.
Obras
[editar | editar a fonte]- Óperas: Memet, drama en tres actos
- Sonatas: para órgano, para violoncello, para violín, para frauta, sonatas para trío (por exemplo frauta, violín e baixo continuo)
- Concertos: para violoncello e piccolo, para violín, para frauta
- Sinfonías: unhas 70.