Beijing Fly Dragons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Beijing Fly Dragons
Información xeral
Nome Beijing Beikong Fly Dragons
北京北控翱龙
Liga CBA (Norte)
Fundación 2009
Historia Guangzhou Free Man (2009−2012)
Chongqing Fly Dragons (2012–2015)
Cores                Ouro, negro, branco
Presidente Flag of the People's Republic of China.svg Li Chunli
Adestrador Flag of the People's Republic of China.svg Lü Jinqing
Localización
Cidade Flag of the People's Republic of China.svg Pequín, China
Pavillón Estadio Nacional Cuberto
Capacidade 6.000
Inauguración 26 de novembro de 2007
cba.hupu.com/teams/beikong

Os Beijing Beikong Fly Dragons (chinés: 北京北控翱龙), tamén coñecidos por motivos de patrocinio como Beijing Enterprises Water Group Fly Dragons ou simplemente Beijing BG Fly Dragons, son un equipo profesional de baloncesto chinés con sede na cidade de Pequín. Os Fly Dragons compiten na Division Norte da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés. O equipo xoga os seus partidos como local no Estadio Nacional Cuberto de Pequín, recinto con capacidade para 6.000 espectadores, aínda que ocasionalmente xoga algúns partidos como local noutras cidades. O patrocinador do club é Beijing BG, mentres que a súa mascota é o dragón chinés.

Historia[editar | editar a fonte]

Os Beijing Beikong Fly Dragons foron fundados en 2009 na cidade de Guangzhou, onde recibiron o nome de Guangzhou Free Man. O club comezou competindo en cateogrías inferiores. No 2012 o club trasladouse a Chongqing e adoptou o nome de Fly Dragons. En 2014 entrou a formar parte da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés, debido a unha ampliación da liga. Na súa primeira temporada o club ocupou a última posición da competición. Ao ano sieguiente a franquía foi vendida a North Control, instalándose en Beijing.[1]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]