Chernigov
Чернігів (uk) Чернигов (ru) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Ucraína | ||||
Óblasts | Oblast de Tchernihiv (pt) | ||||
Raião da Ucrânia (pt) | Chernihiv Raion (en) | ||||
Capital de | Gubernia da Pequena Rússia (pt) Chernigov Governorate (en) Chernigov Viceroyalty (en) Voivodia de Czernihów (pt) (1635–1667) Chernigov County (en) (–1923) Chernihiv Raion (en) (1923–2020) Oblast de Tchernihiv (pt) (1932–) Chernihiv Raion (en) (2020–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 286.899 (2020) (3.631,63 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua ucraína | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 79 km² | ||||
Altitude | 136 m | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Chernihiv (en) | Vladyslav Atroshenko (en) (2015–) | ||||
Órgano lexislativo | Chernihiv City Council (en) , (Escano: 42) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 14000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0462 (2) | ||||
Identificador KOATUU | 7410100000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prilep (pt) Petah Tikva (pt) Tarnobrzeg Ogre (2007–) Gabrovo (pt) (2007–) Memmingen (pt) (2009–) Hradec Králové (pt) (2010–) Rzeszów (2022–) Reims (2022–) | ||||
Páxina web | chernigiv-rada.gov.ua |
Chernigov, Cherniguiv, Czernihów ou Czernicov,[1] (en ucraíno: Чернігів transcrito Chernihiv ou Cherniguiv; en ruso: Чернигов trans. Chernigov; en polaco: Czernihów), é unha cidade histórica do norte de Ucraína. É o centro administrativo do oblast de Chernigov, así como o distrito de Chernigovsky (raion) dentro do óblast. A poboación estimada da cidade, en xaneiro de 2006, roldaba os 300000 habitantes. En 2022 a cidade sufriu ataques durante invasión de Ucraína e as autoridades de Kíiv instaron aos residentes a evacuar a cidade e outras zonas fronteirizas cara ao interior.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Chernigov mencionouse por primeira vez no Tratado Rus'-bizantino de 907 (como Черниговъ), pero considérase que existiu polo menos desde o século IX, como demostran os artefactos descubertos nas escavacións arqueolóxicas locais orixinadas no Gran Khanato Xázaro. A finais do século X, a cidade probablemente tiña os seus propios gobernantes. Foi alí onde se escavou no século XIX o Túmulo Negro, unha das tumbas prehistóricas máis grandes e antigas de Europa do Leste.
Na parte sur da Rus de Kíiv a cidade foi a segunda en importancia e riqueza.[3] Desde principios do século XI foi a sé do poderoso Principado de Chernigov, cuxos gobernantes rivalizaban ás veces cos príncipes de Kíiv no poder e moitas veces os destronaban e ocupaban os seus lugares. O principado era o máis grande da Rus de Kíiv e incluía non só as cidades de Severia, senón tamén rexións tan remotas como Murom, Rihazan e Tamatharcha. A época dourada de Chernigov, foi cando a súa poboación alcanzou a marca dos 25 mil habitantes e durou até 1239, cando a cidade foi saqueada pola horda mongol de Batu Khan e a partir de entón comezou un longo período de decadencia económica e política.
A zona pasou a estar baixo o control do Gran Ducado de Lituania en 1353. A cidade foi de novo incendiada polo khan de Crimea Meñli I Giray en 1482 e en 1497. Desde o século XV ao XVII a cidade formou parte dos territorios de Lituania, do Gran Ducado de Moscova (1408–1420 e desde 1503) e da República das Dúas Nacións (1618–1648) en varias épocas, cando recibiu privilexios de cidade en 1623 e en 1635 converteuse na sede do Voivodato de Czernihów. A importancia da zona aumentou de novo a mediados do século XVII durante e despois da Revolta Chmielnicki, cando a cidade se converteu na sede dos rexementos cosacos.
Segundo o Tratado de Andrusovo de 1667, a soberanía legal da zona foi concedida á Rusia moscovita, sendo Chernigov un importante centro do autónomo Hetmanato cosaco. Coa disolución do Hetmanato, a cidade converteuse nun centro administrativo común do Imperio Ruso e na capital das unidades administrativas locais. A zona, en xeral, estaba rexida polo gobernador xeral designado por San Petersburgo, a capital imperial, e Chernigov era a capital da namestnichestvo (provincia) local (desde 1782), Malorosiyskaia ou Pequena Rusia (desde 1797) e Chernigovskaya guberniya (a partir de 1808).
Centro da cidade
[editar | editar a fonte]Os monumentos arquitectónicos de Chernigov representan dous dos momentos máis florecentes da historia da cidade: o da Rus (séculos XI-XII) e o do Hetmanato (finais do século XVII e principios do XVIII).
A igrexa máis antiga da cidade e de toda Ucraína é a Catedral de Xesucristo Salvador, cuxa construción comezou a principios da década de 1030 por Mstislav o Temerario e rematada varias décadas despois polo seu irmán, Jaroslav I o Sabio. A catedral dos Santos Boris e Glebo, que data de mediados século XII, foi reconstruída varias veces en diferentes períodos, antes de ser restaurada ao seu deseño orixinal no século XX. Construída en ladrillo, ten unha soa cúpula e seis piares. A obra principal dos mestres de Chernigov foi a igrexa de Santa Paraskeba (Pyatnitskaya), construída entre século XII e XIII. O edificio foi moi danado na Segunda guerra mundial; o seu aspecto medieval orixinal foi reconstruído segundo o deseño do arquitecto e restaurador ruso Peter Baranovsky.
Durante a guerra contra Rusia, en 2022, Cherniguive foi atacada e bombardeada durante semanas. Os edificios residenciais máis antigos do centro da cidade remóntanse a finais século XVII, o período de existencia do rexemento de cosacos na cidade. As dúas residencias máis representativas son as do Polkovnyk Lyzohub (1690) e o Polkovnyk Polubutok (1700). A antiga mansión, coñecida popularmente como a Casa de Iván Mazepa, adoitaba albergar a chancelería do rexemento. Unha das estruturas cosacas máis ricamente decoradas é, sen dúbida, o colexio eclesiástico, rematado por un campanario (1702). Ao seu carón construíuse a residencia arcebispal na década de 1780. A Igrexa de Santa Catalina (1715), coas súas cinco cúpulas douradas na tradición arquitectónica ucraína, parece ser deseñada para conmemorar as fazañas do rexemento durante as campañas de Azov de 1696.
Mosteiros
[editar | editar a fonte]Mesmo nos períodos máis difíciles da súa historia, Cherniguive mantivo a súa importancia eclesiástica como sede dun bispado ou arcebispado. Nos arredores da cidade moderna atópanse dous mosteiros construídos en covas, antigamente utilizados como residencia dos bispos.
As covas do mosteiro de Eletsky son anteriores ás do mosteiro das covas de Kíiv. A súa magnífica catedral de seis piares foi construída a século XI e principios do XII; no seu interior aínda se poden ver algunhas ruínas dos seus muros de 750 anos. Despois do derrubamento das súas cúpulas en 1611, foron ampliadas e reconstruídas ao estilo barroco ucraíno. As murallas, as celas monásticas e o campanario son todos século XVII. A casa da irmá superior, xunto ao edificio, considérase o edificio residencial máis antigo de toda a rexión da marxe esquerda do río Dniéper. A icona máis sagrada do mosteiro é a da Theotokos, que fixo a súa epifanía a Esvetoslau II o 6 de febreiro de 1060. A icona, chamada Eletskaya pintada sobre madeira de abies, foi traída de Moscova polos descendentes de Sviatoslav en 1579.
A cova preto do mosteiro de San Elías e da Santísima Trindade ten unha pequena igrexa, que foi construída hai oitocentos anos. A ampla catedral da Trindade, un dos monumentos máis impoñentes do barroco cosaco, foi erixida entre 1679 e 1689. O seu refectorio, contiguo á Igrexa da Presentación ao Templo, foi rematado en 1679. Tamén están os muros fortificados, as celas monásticas e a atalaia de cinco pisos da década de 1780.
Outras abadías históricas pódense visitar arredor de Chernigov; como Kozelets e Hustynya que conteñen magníficos exemplos da arquitectura nacional ucraína. A rexión está servida polo aeroporto de Chernigov Shestovitsa, que durante a Guerra fría serviu como base aérea.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ucrânia — ficha de país" (PDF) (en portugués). Primavera de 2022. Consultado o 27 de xullo de 2022.
- ↑ Press, Europa (2022-11-07). "Las autoridades de Chernígov instan a los residentes de zonas fronterizas a desplazarse al interior de Ucrania". www.europapress.es. Consultado o 2022-12-29.
- ↑ Nasledie Svyatoy Rusi
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chernigov |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ucraína |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
- Logvin, G.N. (Г. Н. Логвин) (1965). Chernigov, Nóvgorod-Siversky, Glukhov, Putivl (Чернигов, Новгород-Северский, Глухов, Путивль). [S.l.]: Moscova
- (1972) Icтopia мicт i ciл Укpaїнcькoї CCP - Чернiгiвськa область (History of Towns and Villages of the Ukrainian SSR - Chernihiv Oblast), Kíiv.
- Pyotr Rappoport (П. А. Раппопорт) (1993). Ancient Russian Architecture (Древнерусская архитектура). [S.l.]: San Petersburgo
- Martin Dimnik (2003). The Dynasty of Chernigov, 1146-1246. [S.l.]: Cambridge University Press. ISBN 0-521-82442-7