Iván Mazepa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iván Mazepa
Ivan Mazepa.jpg
Nacemento 20 de marzo de 1639
Lugar Bila Tserkva
Falecemento 2 de outubro de 1709
Lugar Tighina
Soterrado Galați
Nacionalidade Ucraína e Polonia
Etnia Russianos
Relixión Igrexa Ortodoxa e Cristianismo ortodoxo
Alma máter sen etiquetar
Ocupación diplomático
Premios Ordem da Águia Branca e Ordem de Santo André
editar datos en Wikidata ]
Retrato de Iván Mazepa.
Billete ucraino de 10 grivnias.

Iván Stepanovich Mazepa (en ucraíno Іван Степанович Мазепа), nado o 20 de marzo de 1639 e finado o 2 de outubro de 1709 e Bender Moldavia, cidade daquela do Imperio otomán, e coñecido como Iván Mazepa, foi un hetman cosaco.

Mazepa foi o atamán do Hetmanato cosaco, desde 1697 a 1708, reducido daquela á beira esquerda de Ucraína.

Tivo un importante papel na batalla de Poltava, ao desertar do exército do tsar Pedro I, cando coñeceu a intención deste de substituílo por Alexandre Menxikov, e pasarse ás tropas do rei Carlos XII de Suecia, co que fuxiu a Bender tras a derrota na batalla.

Por este motivo a Igrexa ortodoxa rusa lanzou un anatema contra del e, ao longo da posterior historia de Rusia e da Unión Soviética, simbolizou o arquetipo da traizón.

Porén, os ucraínos considérano un heroe nacional, sendo rehabilitado desde a independencia de Ucraína, e a súa efixie represéntase nos billetes de 10 grivnias.

Mazepa na cultura[editar | editar a fonte]

Mazepa é o protagnista de Mazepa (título orixinal en ruso, Мазепа), ópera en tres actos e seis escenas con música de Piotr Ilich Tchaikovski e libreto en ruso de Víktor Burenin sobre o poema Poltava de Alexander Pushkin.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]