Nóvgorod-Siversky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNóvgorod-Siversky
Новгород-Сіверський (uk) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 51°59′50″N 33°16′00″L / 51.9972, 33.2667Coordenadas: 51°59′50″N 33°16′00″L / 51.9972, 33.2667
EstadoUcraína
ÓblastsOblast de Tchernihiv (pt) Traducir
Raião da Ucrânia (pt) TraducirNovhorod-Siverskyi Raion (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación12.647 (2021) Editar o valor em Wikidata (1.070,87 hab./km²)
Xeografía
Superficie11,81 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude140 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación989 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal16000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Identificador KOATUU7423610100 Editar o valor em Wikidata

Novhorod-Siverskyi ou Novhorod-Siverskyi, (en ucraíno: Новгород-Сіверський, en ruso: Новгород-Северский, en polaco: Nowogród Siewierski) é unha cidade de Ucraína, situada no Óblast de Chernihiv, ocupado por tropas rusas entre febreiro e maio de 2022.[1] O Día da Cidade celébrase o 16 de setembro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten uns 12 km² de superficie. A cidade está situada á beira do río Desna, a 270 km ao nordeste de Kíiv e a 60 km da fronteira con Rusia.

Transporte[editar | editar a fonte]

A distancia até Chernihiv por ferrocarril é de 289 km e 165 km por estrada; até Kíiv por ferrocarril - 332 km, por estrada - 305 km.

Demografía[editar | editar a fonte]

A súa poboación en 2020 estimábase en 12.862 habitantes[2] e en 2021 12.647 habitantes.[3]

Estación de tren

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria[editar | editar a fonte]

O asentamento de Novgorod-Severskaya é un xacemento do Paleolítico superior (hai 38-10 mil anos) no bordo alto do Desna, no territorio da moderna cidade de Novgorod-Seversky, detrás do edificio dunha antiga escola.

Descuberto en 1933, foi investigado entre os anos 30 e 50 por I. Pidoplichko (1905-1975) - zoólogo, paleontólogo e arqueólogo soviético ucraíno.

Os restos arqueolóxicos localizáronse en covas de grandes bloques de arenitos, que probabelmente foron a vivenda e as instalacións de almacenamento dos habitantes do asentamento de Novgorod-Seversk.

Foron atopados incisivos de sílex, raspadores, puntas, tres grandes ferramentas líticas (xigantólitos), unha costela de mamut adornada por muescas lineais e restos humanos e animais. Están gardados no Museo Central de Ciencia e Historia Natural da Academia de Ciencias da RSS de Ucraína en Kíiv.

Idade Media[editar | editar a fonte]

No xacemento de Nódgorov-Siversky tamén se atoparon restos humanos e obxectos persoais como pulseiras da época da Rus de Kíiv.

A primeira mención nas crónicas da cidade é de 1044. Desde 1098 foi a capital do Principado de Novgorod-Siversky, que serviu como zona de amortecemento contra as incursións dos cumanos (polovtsy ) e outros pobos da estepa. Unha das numerosas campañas dos príncipes locais contra os cumanos deu lugar á grande obra da Literatura eslava oriental, Slovo o plŭku Ígorevě (a "Canción das hostes de Igor"), levada á ópera no século XIX por Aleksandr Borodin, Nikolai Rimskii-Korsakov e Aleksandr Glazunov como Knyaz Igor.

Despois da destrución da cidade polos mongois en 1239, o Principado de Novgorod-Siversky pasou aos príncipes de Bryansk e máis tarde ao Gran Ducado de Lituania. Foi gobernado por Dymitr Korybut (Kaributas), fillo de Algirdas.

Idade moderna[editar | editar a fonte]

Moscova gañou o control da rexión despois da batalla do río Vedrosha en 1503, pero tivo que devolvela á Mancomunidade polaco-lituana no Período Tumultuoso.

A cidade finalmente pasou a mans rusas despois da Guerra ruso-polaca de 1654-1667.

Idade contemporánea[editar | editar a fonte]

Foi nomeada capital dun namestnichestvo ou Vicerreinado separado entre 1782 e 1797. A partir de entón a súa influencia decaeu.

Durante a Segunda guerra mundial foi unha das múltiples localizacións do Holocausto.[4] Co fin da Unión Soviética pasou a formar parte do estado ucraíno.

Galería[editar | editar a fonte]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

O principal punto de interese da cidade é a antiga residencia do Arcebispo metropolitano de Chernigov, o Mosteiro da Transfiguración do Salvador. Está formada por unha magnífica catedral neoclásica construída entre 1791 e 1796 segundo proxectos de Giacomo Quarenghi, con muros de pedra do século XVII e outros edificios eclesiásticos construídos no s. XVII.

Outros puntos de interese son a catedral da Asunción en estilo barroco (barroco cosaco), un arco de triunfo de 1787 e a igrexa de madeira de San Nicolao, de 1760.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Zhytomyr region". ukranews.com. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  2. "Чисельність наявного населення України (População Atual da Ucrânia)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xuño de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2021. 
  3. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de abril de 2022. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  4. "Murder Story of Novgorod Severskiy Jews in Ostroushki". @yadvashem (en inglés). Consultado o 2022-08-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]