Supertamarcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Celtici Supertamarici»)
Localización aproximada do pobo dos supertamarcos na provincia romana da Gallaecia.

Os supertamarcos[1] ou celtas supertamarcos (en latín: Celtici Supertamarici) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense que viviu no oeste da actual Galicia, na comarca do Xallas.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo a Naturalis historia de Plinio o Vello, antes da romanización de Galicia a zona da antiga Comarca de Carnota, estaba poboada pola tribo galaica dos supertamarcos (de alén do Tambre),[2] que despois quedaron integrados no conventus lucensis. Esta denominación foi seguida por Tolomeo e Estrabón.

Promunturium Celticum, amnes Florius, Nelo. Celtici cognomine Neri et super Tamarci, quorum in paeninsula tres arae Sestianae Augusto dicatae, Copori, oppidum Noeta, Celtici cognomine Praestamarci, Cileni. ex insulis nominandae Corticata et Aunios.
Promontorio Céltico, ríos Florius e Nelo, Célticos tamén chamados Nerios e súper Tamaricos, en cuxa península hai tres aras Sestianas dedicadas a Augusto, Coporos, a cidade de Noeta, Célticos chamados Praestamarcos, Cilenos, fóra as illas chamadas Cortegada e Ons.

Pomponio Mela foi outro dos autores que no século I describiu a tribo dos supertamarcos no seu De Chorographia:

Totam Celtici colunt, sed a Durio ad flexum Grovi, fluuntque per eos Avo, Celadus, Nebis, Minius et cui oblivionis cognomen est Limia. Flexus ipse Lambriacam urbem amplexus recipit fluvios Laeron et Ullam. Partem quae prominet Praesamarchi habitant, perque eos Tamaris et Sars flumina non longe orta decurrunt, Tamaris secundum Ebora portum, Sars iuxta turrem Augusti titulo memorabilem. Cetera super Tamarici Nerique incolunt in eo tractu ultimi. Hactenus enim ad occidentem versa litora pertinent.
Toda a habitan os Célticos, salvo desde o Douro á baía dos Grovios, e flúen por alí Avo, Celado, Nebo, Miño, e o que é chamado Esquecemento, o Limia. A baía da cidade Lambriaca recibe o abrazo dos ríos Lérez e Ulla. A parte que sobresae é habitada polos Praesamarcos, non lonxe de onde desembocan os ríos Tambre e Sars, o Tambre polo porto de Ebora, o Sars xunta á torre de Augusto, monumento memorábel. E máis alá habitan os Supertamaricos e os Nerios nos últimos treitos. Ata aquí a costa mira ao occidente.[4]

Estelas funerarias[editar | editar a fonte]

Estela de Crecente, onde se menciona o pobo dos supertamarcos.

Consérvanse cinco estelas funerarias que conteñen referencias á tribo dos celtas supertamarcos, curiosamente todas elas aparecidas moi lonxe da situación orixinal desta tribo:

APANA AMBOLLI F(ilia) CELTICA SVPERTAM(ARICA) MIOBRI AN(Norum) XXV H(ic) S(ita) E(st) APANVS FR(ater) F(aciendum) C(uravit)
Apana, filla de Ambolo, Céltica Supertamárica, do Castro de Miobri, de 25 anos, xace aqui. Apano, o seu irmán, mandou erixir este dedicatoria.
EBVRIA CALVENI F(ILIA) CELTICA SUP(ERTAMARICA) [de] LUBRI AN(NORUM) XXVI H(IC) S(ITA) E(ST)
Eburia, filla de Calveno, Céltica Supertamarica do castro de Lubri, de 26 anos de idade, xace aqui.
  • Estela de Fusca, atopada en Astorga (León) (CIL 02, 2902 ; 5667).
FVSCA COEDI F. CELTICA SVPERTA(MARICA) 'C' [.]LANIOBRENSI SECOSILIA COEDI F. SOROR SVA POSVIT.
Fusca, filla de Coedi, Céltica Supertamarica do castro de (B)Laniobrensi. Fixo (este monumento) Secosilia, filla de Coedi, a súa irmá.
  • Estela de Clarinus, atopada en Astorga (León) (AE 1976, 286).
CLARINVS CLARI F. CELTICUS SUPERTAMA(RICUS) ANN. VI S. E. E. S. T. T.
Clarinus, fillo de Claro, Céltico Supertamárico de 6 anos de idade, xace aqui. Que a terra lle sexa leve.
  • Estela dun/ha Céltico/a Supertamárico/a, atopada en Astorga (León) (CIL 02, 2904 ; 5081).
(CE)LTI(CUS) SUPERTAM(A)RICUS AN. XL H. S. E. S. T. T. L.
[...] Céltico/a Supertamárico/a de 40 anos, xace aqui. Que a terra lle sexa leve.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sastre Prats, Inés. "Onomástica y relaciones políticas en la epigrafía del conventus asturum durante el alto imperio". p. 37. 
  2. Luján, E. R. "Pueblos celtas y no celtas de la Galicia antigua: fuentes literarias frente a fuentes epigráficas" (PDF): 225. 
  3. o Vello, Plinio (79). Naturalis Historia, liber IV. 
  4. Mela, Pomponio (40). De Chorographia. Liber Tertius. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]