Saltar ao contido

Celso Álvarez Cáccamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de setembro de 2022 ás 14:00 por Breogan2008 (conversa | contribucións)

Modelo:Escritor Celso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 15 de decembro de 1958, é un escritor e sociolingüista galego.

Traxectoria

Fillo de Xosé María Álvarez Blázquez e irmán de Xosé María, Alfonso, e Berta Álvarez Cáccamo, entre 1975 e 1990 estudou e viviu en Compostela, Barcelona, Buffalo (EUA) e Berkeley (EUA).

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Central de Barcelona. Doutor en Filoloxía Hispánica, a súa tese de doutoramento: The Institutionalization of Galician: Linguistic Practices, Power, and Ideology in Public Discourse foi presentada na UC Berkeley. É mestrado en Lingua e Literatura Españolas pola State University of New York en Buffalo. Actualmente é profesor de Lingüística xeral na Universidade da Coruña.

É autor de múltiples artigos académicos relacionados coa sociolingüística. Xestiona a páxina Versão Original e a revista çopyright de pensamento crítica e intervención. Tamén foi colaborador de Vieiros.

Obra

Poesía

Obras colectivas

  • Escolma de familia. Cen anos de poesía (2000, Xerais).
  • Poemas ao pai (2008, Espiral Maior).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas