Icía
| Icía | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Icía[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o latín Caecilia, que se considera un derivado do adxectivo tamén latino caecus 'cego'. A Gens Cecilia era unha das grandes familias da República Romana. En galego tamén ten as variantes Cecilia, Cilla e Cecía, e os hipocorísticos Cía e Sía.[2]
En xaneiro de 2023 existían 675 mulleres en Galicia co nome Icía, cunha media de idade de 11,6 anos,[3] 1.139 co nome Cecilia, cunha media de idade de 41,8 anos[4] 31 co nome Sía, cunha media de idade de 3,6 anos[5] e 7 co nome Cecía, cunha media de idade de 24,9 anos.[6] Non hai persoas rexistradas coa variante Cilla.
Historia do nome
[editar | editar a fonte]O nome está moi relacionado cos nomes Celia (variantes: Celeste, Celestina, Celina e Celsa) provenientes tamén do latín e co significado: pertencente ao ceo.
Non é un nome moi común en Galicia, pero si en Asturias. Santa Cecilia, Cilla ou Sía é padroa de catro parroquias en Galicia: Freán, O Saviñao; Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol; Santa Cilla do Valadouro, Foz e Santa Sía de Roma, Zas.[7] Como curiosidade, a variante galega Cilla tamén é usada en Suecia e Holanda.
Santoral
[editar | editar a fonte]Santa Icía (en latín, sancta Caecilia), santa padroa dos músicos, foi unha nobre romana convertida ao cristianismo e martirizada pola súa fe entre os anos 180 e 230.
A principal festa de Santa Icía celébrase o 22 de novembro.
- Santas
- 11 de febreiro: Santa Icía de África.
- 16 de abril: Santa Icía, mártir.
- 17 de agosto: Santa Icía, abadesa.
- 22 de novembro: Santa Icía de Roma, mártir.
- 26 de decembro: Santa Icía Yu So-Sa, mártir.
- Beatas
- 12 de agosto: Beata Cecilia, abadesa.
- 26 de decembro: Beata Cecilia Butsi, mártir.
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Lingua alemá: Cecilia, Cäcilia, Cäcilie, Caecilia, Zilla, Silke
- Lingua aragonesa: Cilia[8]
- Lingua asturiana: Cecía[9]
- Lingua castelá: Cecilia, Celia
- Lingua catalá: Cecília
- Lingua checa: Cecílie, Cecilie
- Lingua chinesa: 西西莉亞
- Lingua croata: Cecilija
- Lingua dinamarquesa: Cecilie, Cille, Sidsel, Sissel, Sille, Silje
- Lingua escocesa: Sìleas
- Lingua eslovaca: Cecília
- Lingua eslovena: Cecilija, Cila, Cilika, Cilka
- Esperanto: Cecilia
- Lingua estoniana: Sille, Silje, Silja
- Lingua éuscara: Zilia, Zezili, Koikille, Koikile
- Lingua finesa: Cecilia, Silja
- Lingua francesa: Cécile
- Lingua grega:Καικιλία
- Lingua hawaiana: Kikilia
- Lingua húngara:C ecília, Cecil (diminutivo de Cecília), Cicelle (arcaico), Cili
- Lingua indonesia: Sisilia
- Lingua inglesa: Cecilia, Cecelia, Cecilly, Cecily, Ceil, Ceila, Celia, Celinda, Cicely, Cissy, Sas, Sesilia, Shayla, Sissie, Sissy, Sheelagh (inglés de Irlanda), Sheila (inglés de Irlanda), Shelagh (inglés de Irlanda).
- Lingua irlandesa: Síle
- Lingua islandesa: Sesselja, Silja
- Lingua italiana: Cecilia, Celia
- Lingua latina: Caecilia
- Lingua manx: Cissolt
- Lingua neerlandesa: Cecilia, Cécile, Cilla
- Lingua norueguesa: Cecilie, Sidsel, Sissel, Silje
- Lingua polaca: Cecylia
- Lingua portuguesa: Cecília
- Lingua romanesa: Cecilia
- Lingua rusa: Ceciliya, Tsetsiliya
- Lingua sueca: Cecilia, Cilla, Sissela
- Lingua turca: Seçil
- Lingua yiddish:Sisel, Zisel
Algúns persoeiros
[editar | editar a fonte]- Galegas
- Cecilia Tarela Barreiro, Pontecesures, política galega do BNG.
- Cecilia Vázquez Suárez, Betanzos, avogada e política galega do PPdeG.
- Outras
- Cecilia Roth, Buenos Aires, 1958, actriz arxentina.
- Cecilia Böhl de Faber, Morges (Cantón de Vaud, Suíza), 1796, escritora española.
- Cecilia Bartoli, Roma, 1966, mezzosoprano coloratura italiana cantante de óperas e recitais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- 1 2 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Icía". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>. - ↑ Nome Icía na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Cecilia na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Sía na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Cecía na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ "Santa Sía de Roma. Zas polo miúdo". www.concellodezas.org. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
- ↑ mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2026.