Cecilia Roth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cecilia Roth
Cecilia Roth 2014 (cropped).jpg
Nome completoCecilia Edith Rotenberg Gutkin
Nacemento8 de agosto de 1956
Lugar de nacementoBuenos Aires
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónactriz e actriz de cinema
PaiAbrasha Rotenberg
NaiDina Rot
CónxuxeFito Páez
IrmánsAriel Rot
PremiosPrémio do Cinema Europeu de melhor atriz
Na rede
IMDB: nm0005386 Allocine: 10345 Allmovie: p61744 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cecilia Roth, nada en Buenos Aires o 8 de agosto de 1956, é unha actriz arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu nome real é Cecilia Rotemberg. Realizou numerosas películas e intervencións en series de televisión. O seu pai, un xudeu ucraíno que se estableceu ós 30 anos en Buenos Aires onde traballou como editor e xornalista, coñeceu á nai de Cecilia, Dina Rot, unha cantante chilena, na Arxentina.

Logo de comezar como actriz na Arxentina, estableceuse en España. Estivo casada co cantautor Fito Páez con quen ten un fillo; antes uniuse en matrimonio con Gonzalo Gil tras unha longa relación co fotógrafo Gorka Duo. É irmá do músico Ariel Rot.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]