Castro de Moreda, Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°42′29″N 7°46′36″O / 42.708111111111, -7.7766583333333

Castro de Moreda, Taboada
ParroquiaMoreda
ConcelloTaboada
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Datas de ocupación?
Data da descuberta?
Períodos de escavaciónNon
Estado actualAbandono, sen escavar
Extensión estimadaMáis de 5 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castro de Moreda é un castro situado na parroquia de Moreda, no concello lugués de Taboada.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O castro está situado nun outeiro a 570 m sobre o nivel do mar. Ten fortes pendentes, polo cal a localización máis probable da entrada do castro estará na parte nordeste, a de acceso máis doado.

Estado[editar | editar a fonte]

O estado de conservación do castro non pode ser avaliado, xa que non se realizou ningunha escavación oficial. Sábese que dende hai moito tempo sufriu o espolio das súas pedras, sendo doado atopalas noutros edificios da zona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]