Moreda, Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moreda
Igrexa de Santa María de Moreda, Taboada.jpg
Igrexa de Santa María de Moreda.
Moreda, Taboada, Galiza.png
ConcelloTaboada
Poboación88 hab. (2014)
Entidades de poboación10

Santa María de Moreda é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 88 habitantes (42 homes e 46 mulleres), 31 menos ca no ano 1999. Están distribuídos entre 10 entidades de poboación, cunha densidade media de 32'5 hab/km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Pertence ao arciprestado de Insua e Taboada. Limita ao norte con Bembibre e Couto, ao sur con Gondulfe e Campo, ao leste con Carballo e ao oeste con Frade e Gondulfe.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O castro de Moreda, cuxo estado de conservación non pode ser avaliado xa que non se realizou ningunha escavación oficial. Sábese que o castro sufriu o espolio das súas pedras, sendo doado atopalas noutras edificacións e conxuntos arquitectónicos da zona. O castro está situado nun outeiro (570 m sobre o nivel do mar) con fortes pendentes. A entrada do castro sitúase con toda probabilidade na parte nordeste, xa que é a única de fácil acceso.

A igrexa parroquial de Santa María de Moreda é de orixe medieval.

A casa-torre de Moreda foi solar dos Camba e os Montenegro, ademais de situarse alí o cárcere xurisdicional no soto a finais do século XIX, aínda se conservaba o cepo dos encadeados.

Festas[editar | editar a fonte]

A festa parroquial celebrase o día 15 de agosto.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Moreda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Moreda no concello de Taboada (Lugo)

Airexe | Carreira | Miravale | Mordadiz | Moreda de Abaixo | Moreda de Arriba | Muíñas | Penas | Ramil | Zoás

Parroquias de Taboada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Taboada

Ansar (Santo Estevo) | Arxiz (San Paio) | Bembibre (San Pedro) | Bouzoa (San Xoán) | Campo (San Xián) | Carballo (San Tomé) | Castelo (Santa María) | Cerdeda (Santa Mariña) | Cicillón (Santiago) | Couto (San Martiño) | Esperante (Santiago) | Fradé (Santiago) | Gondulfe (San Lourenzo) | Insua (San Salvador) | Mato (San Martiño) | Meixonfrío (Santa Mariña) | Moreda (Santa María) | Mourulle (San Vicente) | Piñeira (Santa María) | San Xián de Insua (San Xián) | Sobrecedo (Santiago) | Taboada dos Freires (Santa María) | A Torre (San Mamede) | Vilameñe (Santa Mariña) | Vilar de Cabalos (Santa Eulalia) | Vilela (San Miguel) | Xián (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]