Casa de Nemanjić
A dinastía Nemanjić (en serbio cirílico Немањићи, en serbio latino Nemanjić, pronuncia Nemáñich) foi a dinastía real da Serbia medieval, que gobernou o país entre 1166 e 1371.
Os gobernantes da casa adoptaron, sucesivamente, os títulos de Veliki Župan (Gran Župan, Gran Príncipe), Kralj (Rei) e Car (Tsar, Emperador).
Foi iniciada por Stefan Nemanja, sendo o seu último monarca Stefan Uroš V.
A dinastía Nemanjić
[editar | editar a fonte]Recibiu o nome do seu fundador, Stefan Nemanja, descendente da casa de Vojisavljević, e conta con once monarcas, tendo continuidade na casa de Lazarević e, despois, na casa de Branković.
Despois de que Stefan Nemanja adoptara o nome de Stefan todos os seguintes monarcas usaron ese nome como título, que enseguida se converteu no signo da monarquía, e todos os pretendentes mostraban as súas aspiracións ao trono antepoñéndoo ao seu propio nome.
Os Nemanjić crearon un estado ben organizado e potente, edificaron moitas igrexas e mosteiros, e ampliaron o territorio serbio. Algúns dos monarcas desta casa real incluso escribiron algunhas das obras literarias máis importantes do seu tempo.
O escudo dos Nemanjić foi a aguia bicéfala branca sobre fondo vermello, herdado da dinastía bizantina dos Paleólogos.
Os monarcas desta casa primeiro levaron o título de Gran Župan (Gran Príncipe) de Raška desde 1166, e o estado serbio levaba o título de županija (Principado). Despois da coroación de Stefan o Primeiro Coroado en 1217, o título completo foi Rei das terras de Raška, Duklja, Travunia, Dalmacia e Zahumlje, aínda que a versión máis curta foi a de Rei dos serbios. No ano 1346 o título do monarca serbio pasou a ser o de Tsar (Emperador), co que o título completo foi o de Tsar de todos os serbios, albaneses, gregos e búlgaros.
Xenealoxía dos Nemanjić
[editar | editar a fonte]Stefan Nemanja, Gran Župan, casou con Ana (que ao final da súa vida fíxose monxa e cambiou o nome polo de Anastasia) e con ela tivo tres fillos, Vukan, Stefan e Rastko (máis tarde, San Sava)), así como dúas fillas.
- Vukan Nemanjić tivo fillos: Djordje, Stefan, Dimitrije, Vladin e Rastko, dos cales só o župan Dimitrije tivo descendentes, un fillo, Vratislav. Vratilsav á súa vez tivo un fillo, o knez Dimitrije Vratko, e Dimitrije Vratko tivo un fillo, o župan Nikola e unha filla, Milica, que casou con Lazar Hrebeljanović.
- Estevo Nemanjić o Primeiro Coroado casou primeiro con Evdokija, a filla do emperador biz<antino Aleixo III Anxo, pero máis tarde volveu a casar, esta vez con Ana Dándolo, neta de Enrique Dándolo, o dux de Venecia. Con Ana, tivo cinco fillos. Radoslav, Vladislav, Predislav e Uroš I, así como unha filla, Komnena.
- Stefan Radoslav casou con Ana, filla de Teodoro I Anxo, déspota e emperador de Tesalónica.
- Stefan Vladislav casou con Beloslava, filla do Tsar búlgaro Asen II, e con ela tivo tres fillos, Estevo, Desa e unha filla máis.
- Predislav elixiu a vida relixiosa, e fíxose monxe. Chegou a ser arcebispo serbio e, despois de morto foi canonizado (San Sava II).
- Uroš I casou con Elena de Anjou e con ela tivo fillos: Dragutin, Milutin e Stefan.
- Stefan Dragutin, rei de Srem, casou con Catarina, filla do rei de Hungría Estevo V, e con ela tivo a Vladislav, Uroš (o monxe Stefan), Jelisaveta, casada con Estevo I Kotromanić e unha filla máis, casada con Pavle Šubić.
- Vladislav estivo casado primeiro con Ana Morozzini, e despois coa filla do duque de Transilvania, Ladislav Apor.
- Milutin estivo casado cinco veces. A súa primeira muller foi Jelena, pertencente á nobreza serbia; a segunda foi a filla do gobernador de Tesalia, Huan I Anxo; a terceira, Isabel, filla do rei húngaro Estevo V; a cuarta, Ana, filla do tsar búlgaro Georgio Tarter, e a quinta, Simonida, filla do emperador bizantino Andrónico II Paleólogo. Con Simonida tivo os fillos Stefan e Konstantin, e as fillas Ana (casada con Mihailo Šišman, tsar búlgaro) e Zorica.
- Stefan Dečanski estivo casado primeiro con Teodora, filla do tsar búlgaro Smilec, coa que tivo a Dušan, Dušica e, segundo algúns, tamén a Jelena (casada con Mladen III Šubić. Logo casou con María, filla de Xoán Paleólogo, coa que tivo a Siniša, Jelena (casada con Mladen III Šubić) e Teodora (casada co déspota Dejan).
- Estevo Dušan estivo casado con Helena, irmá do tsar búlgaro Huan Alexandre, e con ela tivo dous fillos, Estevo Uroš V e Simeon Siniša.
- Estevo Uroš V casou con Ana, filla do duque de Valaquia, Alexandre.
- Simeon (Uroš) Nemanjić estivo casado con Tomaida, filla de Huan II Orsini e Ana Paleólogo, e con ela tivo a Jovan Uroš, Stefan Duka e Marija Angelina Dukena (que estivo casada con Toma Preljubović, dáspota de Janjine, e despois con Esau de Buondelmonti. Stefan Duka casou coa filla de Francisco Georgio, Margrave de Bodonitze.
- Estevo Dušan estivo casado con Helena, irmá do tsar búlgaro Huan Alexandre, e con ela tivo dous fillos, Estevo Uroš V e Simeon Siniša.
- Stefan Dečanski estivo casado primeiro con Teodora, filla do tsar búlgaro Smilec, coa que tivo a Dušan, Dušica e, segundo algúns, tamén a Jelena (casada con Mladen III Šubić. Logo casou con María, filla de Xoán Paleólogo, coa que tivo a Siniša, Jelena (casada con Mladen III Šubić) e Teodora (casada co déspota Dejan).
- Stefan Dragutin, rei de Srem, casou con Catarina, filla do rei de Hungría Estevo V, e con ela tivo a Vladislav, Uroš (o monxe Stefan), Jelisaveta, casada con Estevo I Kotromanić e unha filla máis, casada con Pavle Šubić.
Das dúas fillas de Stefan Nemanja, unha, Efimia, casou co déspota Manuel Anxo, que despois sería o déspota e emperador de Tesalónica, e a segunda cun tal Asen, co que tivo un fillo, o futuro tsar búlgaro, Constantino Asen.
Lista de monarcas da dinastía Nemanjić
[editar | editar a fonte]- Stefan Nemanja tamén coñecido por Stefan I Nemanja (1166-1199), Gran Župan de Serbia.
- Vukan II Nemanjić (1196—1208), gobernador de Zeta
- Stefan II Nemanjić, chamado Stefan o Primeiro coroado (1176—1228), Gran Župan s Serbia e, despois, Rei de Serbia.
- Stefan Radoslav ou Stefan II Radoslav (1228—1234)
- Stefan Vladislav I (1234—1243)
- Stefan Uroš I (1243—1276)
- Stefan Dragutin (1276—1282) (despois gobernou tamén Srem)
- Stefan Uroš II Milutin (1282—1321)
- Stefan Vladislav II (1321 - ao redor de 1325)
- Stefan Uroš III Dečanski (1321—1331)
- Estevo Uroš IV Dušan, Tsar Dušan, o Poderoso (1331—1355), Rei de Serbia (1331—1346), Tsar de todos os serbios, albaneses, gregos e búlgaros (1346—1355)
- Tsar Stefan Uroš V, Tsar Uroš o Débil (1355—1371)
Casa Lazarević
[editar | editar a fonte]O fillo do tsar Dušan, Stefan Uroš, non tivo fillos, e a casa de Lazarević xurdiu a partir de Milica Nemanjić, que era curmá de Dušan e que casara co Knez Lazar:
- Knez Lazar Hrebeljanović (1371-1389)
- Déspota Stefan Lazarević (1389-1427)
Casa Branković
[editar | editar a fonte]A filla do knez Lazar, Mara, casou co nobre Vuk Branković. Os seus descendentes gobernaron Serbia.
- Déspota Djuradj Branković (1427-1456)
- Déspota Lazar Branković (1456-1458)
- Déspota Stefan Branković (1458-1459)
Os Nemanjić, monarcas do Despotado de Epiro
[editar | editar a fonte]Simeon-Siniša foi o fillo de Stefan Dečanski e María Paleólogo e medio irmán do Tsar Dušan, sentíndose máis grego que serbio. O seu medio irmán deulle Epiro, onde gobernou como dépota até 1359, cando se independizou do fillo o tsar Dušan, Uroš o Débil, e gobernou Epiro como déspota independente até a súa morte. Tivo dous fillos, Stefan Nemanjić e Jovan Uroš, que herdou ao seu pai no trono de Epiro. Despois da súa morte, o Despotado de Epiro extinguiuse xunto con esta rama da dinastía Nemanjić.
- Tsar Simeon-Siniša de Epiro (1359-1370), fillo de Stefan Dečanski e a princesa grega.
- Tsar Jovan Uroš de Epiro (1370-1373), fillo de Simeon-Siniša, o último monarca de Epiro.
Santo
[editar | editar a fonte]- San Sava, santo padrón de Serbia, foi tamén un Nemanjić.
Árbore xenealóxica dos Nemanjić
[editar | editar a fonte]Stefan Nemanja
Gran Príncipe 1166-1196
Stefan I Nemanjić
Gran Príncipe 1196-1217, Rei 1217-1228
Vukan Nemanjić
Gran Príncipe de Serbia de 1202 a 1205
Stefan Radoslav
Rei de Serbia 1228-1234
Stefan Vladislav
Rei de Serbia 1234-1243
Stefan Uroš Ier
Rei de Serbia 1243-1276
Dimitri
Stefan Dragutin
Rei de Serbia 1276-1282
Stefan Uroš II Milutin
Rei de Serbia 1282-1321
Vratislav
Jelitsava
esposa de Estevo I Kotroman
Stefan Vladislav II
1321-1325 Rei de Serbie non recoñecido
Stefan Uroš III Dečanski
Rei de Serbia 1321-1331
Constantin
1321-1322 pretendente en Dioclea
Vtratko
Stefan Uroš IV Dušan
Rei de Serbia 1331-1346
Emperador dos serbios, búlgaros e gregos 1346-1355
Simeon Uroš
déspota de Epiro 1359-1366, déspota de Tesalia 1359-1370
Jelena
esposa de Mladen III Šubić
Milica Nemanjević
esposa de Lazar Hrebeljanović
Stefan Uroš V
Emperador de Serbia 1355-1371
Jovan Uroš
déspota de Tesalia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa de Nemanjić |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fine, John V. A. (1991): The early Medieval Balkans: A Critical Survey from the 6th to the Late 12th Century. The University of Michigan Press. ISBN 0-472-08149-7
- Fine, Jonh V. A. (1994): The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest. The University of Michigan Press. ISBN 0-472-08260-4
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Historia de Serbia.
- Historia dos eslavos do sur.
- Imperio serbio.
- Reino de Serbia (medieval).
- Despotado de Epiro.
- Despotado de Serbia.
- Stefan (título).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xenealoxía, Monarcas de Serbia (en castelán) Consultada o 7/1/2012.
- Esteban Dushan. Rei de Serbia/Rascia (en castelán) Consultada o 7/2/2012.
- Serbia Medieval - Os Nemanjić (en inglés) Consultada o 7/2/2012.
- Chilandar - Dinastía Nemanjić (en inglés) Consultada o 7/2/2012.