Estevo Uroš V
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1336 valor descoñecido |
Morte | 4 de decembro de 1371 (34/35 anos) valor descoñecido |
Lugar de sepultura | Assumption church of Nerodimlje (en) (–1705) Jazak monastery (en) (1705–) 45°06′17″N 19°46′14″L / 45.1047, 19.7706 |
Emperor of the Serbs (en) | |
20 de decembro de 1355 – 4 de decembro de 1371 ← Estevo Uroš IV Dušan – Supresión do cargo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Actividade | |
Campo de traballo | Goberno e política |
Ocupación | gobernante |
Enaltecemento | |
| |
Familia | |
Familia | Casa de Nemanjić |
Cónxuxe | Anna of Wallachia |
Fillos | sen valor |
Pais | Estevo Uroš IV Dušan e Helena da Bulgária |
Cronoloxía | |
1969-4 de decembro de 1371 | captura (Zvečan Fortress (en) ) |
Santo Estevo Uroš V o Débil (en serbio cirílico Свети Стефан Урош V Нејаки, en serbio latino Sveti Stefan Uroš V "Nejaki"), nado contra 1336 e finado entre o 2 e o 4 de decembro de 1371, foi rei Serbia (1346–1355), co-rexente co seu pai Estevo Uroš IV Dušan o Poderoso, e despois emperador (tsar) (1355–1371).
Biografía
[editar | editar a fonte]Estevo Uroš V foi o único fillo de Estevo Uroš IV Dušan con Helena de Bulgaria, a irmá de Iván Alexadre de Bulgaria. Foi coroado como rei (segundo título máis alto), en calidade de co-gobernante, despois de que Dušan se coroase emperador en 1346. Aínda que no momento da sucesión como único gobernante e emperador en 1355 Stefan Uroš V xa non era menor de idade, permaneceu moi dependente da súa nai e de varios membros da Corte.[1]
O termo débil podería tamén aplicarse á situación do Imperio, xa que pouco a pouco caeu na anarquía feudal. A combinación de conquistas súbitas, o caos da administración, e a falta de consolidación levou á fragmentación do Imperio.
Foi un período marcado polo xurdimento dunha nova ameaza: o Sultanato otomán, que pouco a pouco se foi estendendo desde Asia (Anatolia) a Europa, coa conquista de Bizancio primeiro, e despois dos demais estados dos Balcáns.[2]
Demasiado incompetente para soster o grande imperio creado polo seu pai, Uroš non soubo repeler os ataques de inimigos estranxeiros, nin combater a independencia da súa nobreza. Así, o imperio serbio de Estavo Uroš fragmentouse nunha serie de pequenos principados feudais, perpetuamente enfrontados, algúns dos cales nin sequera recoñeceron nominalmente o seu goberno.
O primeiro reto para Estevo Uroš foi o seu tío, Simeon Uroš Paleólogo, que intentou apoderarse do trono en 1356. Derrotado, Simeon Uroš retirouse a Tesalia e ao Despotado de Epiro, onde continuou gobernando co título de "Emperador dos romanos e os serbios". Simeon, efectivamente, apoderárase de moitas das conquistas de Dušan na zona baixo control do seu fillo.
A posición de Stefan Uroš non foi axudada pola súa nai Helena, que comezou a gobernar autonomamente desde Serres, en alianza con Jovan Uglés. Unha postura igualmente autónoma asumiuna polos Dejanović, os Balšić (Balsas), Nikola Altomanović e Ugleša irmán de Vukasin Mrnjavčević. En 1365 este último estaba asociado ao trono como rei por Estevo Uroš. Ao final do seu reinado as terras baixo o control directo de Estevo Uroš limitánbanse ao espazo entre as Montañas Šar Mountain e o Danubio.
Estevo Uroš V morreu sen fillos en decembro de 1371, despois de que gran parte da nobreza serbia fora destruída polos turcos na batalla de Maritza a principios do ano.[1] Os pequenos estados feudais foron incapaces de conter a invasión dos turcos otománs. Finalmente, na batalla de Kosovo Polje, o 15 de xuño de 1389, os otománs de Murad I venceron ás tropas serbias e búlgaras mandadas por Lázaro Hrebeljanović e Esteban de Bosnia.
Este último asumiu os títulos imperiais e reais (asociado coa casa de Nemanjić) e, en 1377, foi aceptado como rei Tvrtko I de Bosnia (neto por parte de nai de Estevo Dragutin) como rei titular de Serbia. A Serbia propiamente dita fíxose un vasalo dos otománs en 1390, pero gobernada pola casa de Lazarević e despois polos seus sucesores, os Branković, até a caída de Smederevo en 1459.
Despois das grandes conquistas do seu pai, o emperador Uroš converteuse en vítima dos novos nobres nunha Serbia enriquecida pola historia e os pillaxes da recente guerra. O mantemento da orde e o o aparato do Estado era imposíbel debido a unha infraestrutura débil ou inexistente entre os antigos e os novos territorios.
Terminou así a independencia de Serbia, que pasou a formar parte do Imperio Otomán até finais do século XVIII.
A modestia excepcional e a tolerancia deste gobernante foi a principal razón pola que lle chamaron "o Débil", e tamén a razón pola que foi canonizado, pola Igrexa Ortodoxa serbia, 211 anos despois da súa morte. Os seus restos permanecen no Mosteiro de Jazak, na montaña Fruška Gora.[1]
Legado
[editar | editar a fonte]Hoxe, Esteban Uroš V vese principalmente en contraste co seu pai, capaz e de carácter forte, como un gobernante pusilánime e indeciso que non puido manter á nobreza serbia baixo o seu control, e cuxa personalidade contribuíu en gran medida á caída do Imperio e á destrución do Estado serbio polos otománs.
Pero no folclore serbio, en poemas épicos, descríbeno como un gobernante xusto, ben intencionado de aspecto agradábel pero de carácter débil. Mentres este punto de vista é moi popular entre algúns historiadores, outros argumentan que non foi especialmente incompetente no seu papel como emperador de Serbia, e que o declive do Imperio foi moito menos espectacular e comezou moito máis tarde do que suxire a opinión popular.
Durante moito tempo considerouse un feito histórico que foi asasinado polo seu cogobernante, Vukasin Mrnjavčević, mais finalmente probouse que Vukasin morrera antes que o emperador.
En 1825, Stefan Stefanović, un escritor serbio no Imperio austríaco, escribiu unha obra tráxica chamada A morte de Uroš V, que se inspirou en feitos e tradicións populares sobre Uroš, incluíndo a crenza antes mencionada, de que foi asasinado polo rei Vukašin.
Predecesor: Estevo Uroš IV Dušan |
Rei de Serbia 1346 - 1355 |
Sucesor: Vukašin Mrnjavčević |
Predecesor: Estevo Uroš IV Dušan |
Emperador dos Serbios e os Gregos 1355 - 1371 |
Sucesor: Lázaro Hrebeljanović Knez (Príncipe) de Serbia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Serbian Unity Congress. Stefan Uros (1355-1371).
- ↑ Globusz Publishing. The Rise and Fall of the Serbian Empire and the Extinction of Serbian Independence. Arquivado 21 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fine, John Van Antwerp (1994): The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest. University of Michigan Press. ISBN 978-0-472-08260-5 [1]
- Hupchick, Dennis P. (1995): Conflict and chaos in Eastern Europe. Palgrave Macmillan. ISBN9780312121167 [2]
- Kazhdan, Alexander (ed.) (1991): Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6
- Nicol, Donald MacGillivray (1993): The Last Centuries of Byzantium, 1261–1453. Cambridge University Press. ISBN 0-521-43991-4 [3]
- Sedlar, Jean W. (1994): East Central Europe in the Middle Ages, 1000–1500 Volume III. Seattle: University of Washington Press. ISBN 0-295-97290-4 [4]
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Estevo Uroš IV Dušan
- Despotado de Serbia
- Serbia do Morava
- Historia de Serbia
- Historia dos eslavos do sur
- Casa de Nemanjić
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Estevo Uroš V en Find a Grave (en inglés)